Experto en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1027/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

02/10/2023 – 28/06/2024

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

25.0 ECTS

Estado

Finalizado

20 prazas

 

Descrición

O título de experto universitario en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media está concibido como programa modular no que catro dos seus cinco módulos (módulos 1, 2, 3 e 4) poden cursarse individualmente como cursos avanzados de posgraduado.

O título exponse desde unha perspectiva dobre. Partindo dun punto de vista sincrónico, estúdase a produción literaria do tempo dos reis Enrique III (1370-1406) e Juan II (1405-1455) no seu contexto social, político e cultural, para abordar, diacrónicamente xa, a relectura que deses nomes e dese contexto leva a cabo na literatura posterior, ata os nosos días. A reescritura do tempo do Rey Doente e do seu fillo Juan, coloca ante a recepción áurea, oitocentista e contemporánea un século de esplendor literario e extraordinaria conflitividade no fin da Idade Media, que os intelectuais de cada tempo len, relén e adaptan para falar, en definitiva, da súa propio presente. A partir desta proposta, que se desenvolve en catro módulos, un quinto aborda técnicas e ferramentas para adaptar esta temática ás aulas de ensino secundario e bacharelato desde unha perspectiva inclusiva, que permita o acceso de persoas con dificultades auditivas e visuais á escritura e ás reescrituras literarias da Idade Media.

Os catro módulos teóricos poden cursarse por separado e de forma independente como cursos avanzados de posgraduado. A duración de cada módulo é de cinco semanas e certifica oficialmente 5 créditos ECTS. Desenvolveranse de forma virtual asíncrona, de modo que o alumnado poida seguir o seu propio ritmo de aprendizaxe a partir dos materiais textuais e audiovisuais que se inclúen na plataforma de docencia do curso. Para complementar este traballo individual, ofrécese a posibilidade de que o alumnado que o desexe asista de forma virtual síncrona  a unha sesión de dúas horas semanais a través do campus remoto da Universidade de Vigo, en horario que se fixará unha vez iniciado o curso. A avaliación levará a cabo a través de cuestionarios dispoñibles na plataforma de docencia.

Os módulos que poden cursarse individualmente son os seguintes: 

  • Módulo 1 (5 ECTS)
    Reescrituras do poder político medieval: a monarquía e os seus contrapoderes no teatro español do século XVII
    Docencia: 02/10/2023 a 05/11/2023·
  • Módulo 2 (5 ECTS)
    A reescritura romántica da Idade Media. Juan II de Castela e a súa corte
    Docencia: 06/11/2023 a 10/12/2023
  • Módulo 3 (5 ECTS)
    A Idade Media revisitada. Os primeiros Trastámara de Castela na literatura contemporánea
    Docencia: 15/01/2024 a 18/02/2024
  • Módulo 4 (5 ECTS)
    Corte e poesía no outono da Idade Media en Castela
    Docencia: 19/02/2024 a 24/03/2024

Quen superase os catro módulos teóricos ten a posibilidade realizar un traballo práctico (módulo 5) baixo a tutela dalgún dos docentes do programa e transformar os cinco módulos (catro teóricos + un práctico) nun título propio de Experto da Universidade de Vigo (25 créditos ECTS en total).

As tarifas de cada módulo son as que seguen: alumnado en xeral 150 € por módulo, alumnado da Universidade de Vigo,  persoas desempregadas ou acreditación dunha discapacidade de, polo menos, o 33%, 127,5 € por módulo.

 

Director/a:

Montserrat Ribao Pereira

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/02/2023 – 04/09/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/05/2023 – 11/09/2023

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

250 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus Remoto UVigo

 

Horario

Docencia asíncrona (en-liña)

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
750 € 675 € 637.5 €

Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 637.5€ (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)
Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

  • Formar al alumnado en el análisis literario de obras complejas, en su contexto literario y sociocultural.
  • Formar al alumnado en la interpretación crítica de textos literarios de notable repercusión en su tiempo y hoy apartados del canon académico.
  • Proporcionar al alumnado herramientas especializadas para el trabajo con textos literarios de diferentes géneros y de contenido histórico.
  • Proporcionar al alumnado herramientas para generar contenidos educativos sobre los textos medievales y la reescritura contemporánea de la Edad Media desde una perspectiva inclusiva.

 

Destinatarios

Persoas tituladas universitarias interesadas na literatura española, particularmente persoal docente e egresados/as de titulacións do ámbito humanístico.

 

Saídas Profesionais

1. Capacidade de análise textual de obras complexas no seu contexto político e cultural.
2. Capacidade de síntese crítica para redescubrir a relevancia dos produtos literarios situados ás beiras do canon.
3. Coñecementos especializados en literatura de tipo histórico.
4. Coñecementos especializados sobre o sentido da reescritura da Idade Media.
5. Habilidade para o manexo de diferentes ferramentas electrónicas para o estudo e análise da literatura.
6. Habilidade para xerar contidos literarios e prácticas textuais adaptadas ao alumnado con dificultades auditivas e visuais.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • CE 1 Coñecer as características máis salientables do contexto da poesía de corte na baixa Idade Media castelá e/ou as reescrituras modernas e contemporáneas de que ese contexto é obxecto.
  • CE 2 Coñecer os parámetros de identidade que os séculos XVII e/ou XVIII-XIX identifican nos feitos do reinado de Enrique III e Juan II.
  • CE 3 Recoñecer a finalidade política da reescritura moderna e/ou contemporánea do tempo de Enrique III e Juan II.
  • CE 4 Valorar o patrimonio literario española que se coloca nas beiras do canon.
  • CE 5 Descubrir criticamente textos pouco coñecidos da literatura española.
  • CE 6 Ser quen de analizar textos literarios pouco coñecidos no seu contexto de creación.
  • CE 7 Dominar os recursos electrónicos indispensables para o traballo autónomo en literatura cortesana e/ou de contido histórico.
  • CE 8 Crear materiais docentes e/ou didácticos inclusivos a partir da escritura literaria da Idade Media e/ou as súas reescrituras.

 

Competencias Transversais

Reflexionar sobre a propia aprendizaxe, a metodoloxía de estudo das reescrituras literarias e as posibilidades didácticas das mesmas.

 

Condicións de acceso

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200242 Corte y poesía en el otoño de la Edad Media en Castilla Obligatoria 5.0
200243 Reescrituras del poder político medieval: la monarquía y sus contrapoderes en el teatro español del siglo XVII Obligatoria 5.0
200244 La reescritura romántica de la Edad Media. Juan II de Castilla y su corte Obligatoria 5.0
200245 La Edad Media revisitada. Los primeros Trastámara de Castilla en la literatura contemporánea Obligatoria 5.0
200273 La literatura de y sobre la Edad Media en el aula Obligatoria 5.0