Escritura e reescrituras literarias da Idade Media

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1027/3
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

01/10/2025 – 30/05/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

25.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

O título de experto universitario en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media está concibido como programa modular no que catro dos seus cinco módulos (módulos 1, 2, 3 e 4) poden cursarse individualmente como cursos avanzados de posgrao.

O título está pensado dende unha perspectiva dobre. A partir dun punto de vista sincrónico, estúdase a produción literaria do tempo dos reis Enrique III (1370-1406) e Juan II (1405-1455) no seu contexto social, político e cultural, para abordar, diacrónicamente xa, a relectura que deses nomes e dese contexto leva a cabo na literatura posterior, ata os nosos días. A reescritura do tempo do Rey Doente e do seu fillo Juan, coloca ante a recepción áurea, oitocentista e contemporánea un século de esplendor literario e extraordinaria conflitividade no fin da Idade Media, que os intelectuais de cada tempo len, relén e adaptan para falar, en definitiva, da súa propio presente.

A partir desta proposta, que se desenvolve en catro módulos, un quinto aborda técnicas e ferramentas para adaptar esta temática ao ensino en calqueira nivel.

Os catro módulos teóricos poden cursarse por separado e de forma independente como cursos avanzados de posgraduado. A duración de cada módulo é de cinco semanas e certifica oficialmente 5 créditos ECTS. Desenvolveranse de forma virtual asíncrona, de modo que o alumnado poida seguir o seu propio ritmo de aprendizaxe a partir dos materiais textuais e audiovisuais que se inclúen na plataforma de docencia do curso. Para complementar este traballo individual, ofrécese a posibilidade de que o alumnado que o desexe asista de forma virtual síncrona a unha sesión de dúas horas semanais a través do campus remoto da Universidade de Vigo, en horario que se fixará unha vez iniciado o curso. A avaliación levará a cabo a través de cuestionarios dispoñibles na plataforma de docencia.

Os módulos que poden cursarse individualmente son os seguintes:

    Módulo 1 (5 ECTS) – Corte e poesía no outono da Idade Media en Castela – Docencia: 06/10/2025 ao 09/11/2025.

    Módulo 2 (5 ECTS) – Reescrituras do poder político medieval: a monarquía e os seus contrapoderes no teatro español do século XVII – Docencia: 10/11/2025 ao 14/12/2025.

    Módulo 3 (5 ECTS) – A reescritura romántica da Idade Media. Juan II de Castela e a súa corte – Docencia: 12/01/2026 ao 15/02/2026.

    Módulo 4 (5 ECTS) – A Idade Media revisitada. Os primeiros Trastámara de Castela na literatura contemporánea – Docencia: 16/02/2026 ao 22/03/2026.

Quen superase os catro módulos teóricos ten a posibilidade realizar un traballo práctico (módulo 5) baixo a tutela dalgún dos docentes do programa e transformar os cinco módulos (catro teóricos + un práctico) nun título propio de Experto da Universidade de Vigo (25 créditos ECTS en total). Do 06/04/2026 ao 10/05/2026.

Máis información en: http://expertoenliteratura.webs.uvigo.es/formacion/

Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.

  • 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
  • 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
  • 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
  • 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025

 

Teléfono contacto:

986130304

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/07/2025 – 29/08/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/09/2025 – 12/09/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

250 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus Remoto UVigo

 

Horario

Docencia asíncrona (on-line)

O curso consta de cinco módulos. Cada módulo, composto por cinco temas, desenvolverase asincronamente en cinco semanas entre os meses de outubro de 2025 e maio de 2026. O alumnado poderá adaptar o avance nos temas á súa dispoñibilidade horaria. A atención personalizada nos foros será diaria, de luns a venres; as titorías síncronas no campus remoto terán lugar un día por semana en horario que se concretará antes do inicio do curso.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
400 € 360 € 340 €

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

Cada módulo que pode cursarse de forma individual obtendo un diploma de curso avanzado de posgrao, ten un custe de 80 euros. Cada colectivo co seu desconto correspondente. 

 

Obxectivos

  • Formar ao alumnado na análise literaria de obras complexas, no seu contexto literario e sociocultural.
  • Formar ao alumnado na interpretación crítica de textos literarios de grande repercusión no seu tempo e hoxe apartados do canon académico.
  • Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas para o traballo con textos literarios de diferentes xéneros e de contido histórico.
  • Proporcionar ao alumnado as ferramentas para xerar contidos educativos sobre a escritura e as reescrituras da Idade Media.

 

Destinatarios

Persoas tituladas universitarias interesadas na literatura española, particularmente persoal docente e egresados/as de titulacións do ámbito humanístico.

 

Saídas Profesionais

1. Profesionais con capacidade de análise textual de obras complexas no seu contexto político ecultural.

2. Profesionais con capacidade de síntese crítica para redescubrir a relevancia dos produtosliterarios situados ás beiras do canon.

3. Profesionais con coñecementos en literatura de tipo histórico e especializados sobre o sentidoda reescritura da Idade Media.

4. Profesionais con habilidade para o manexo de diferentes ferramentas electrónicas para oestudo e análise da literatura.

5. Profesionais con habilidade para xerar contidos literarios e prácticas textuais innovadoras noámbito docente.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • Coñecer as características máis salientables do contexto da poesía de corte na baixa Idade Media castelá e/ou as reescrituras modernas e contemporáneas de que ese contexto é obxecto.
  • Coñecer os parámetros de identidade que os séculos XVII e/ou XVIII-XIX identifican nos feitos do reinado de Enrique III e Juan II.
  • Recoñecer a finalidade política da reescritura moderna e/ou contemporánea do tempo de Enrique III e Juan II.
  • Valorar o patrimonio literario española que se coloca nas beiras do canon.
  • Descubrir criticamente textos pouco coñecidos da literatura española.
  • Ser quen de analizar textos literarios pouco coñecidos no seu contexto de creación.
  • Dominar os recursos electrónicos indispensables para o traballo autónomo en literatura cortesá e/ou de contido histórico.
  • Crear materiais docentes e/ou didácticos a partir da escritura literaria da Idade Media e/ou as súas reescrituras.
  • Reflexionar sobre a propia aprendizaxe, a metodoloxía de estudo das reescrituras literarias e as posibilidades didácticas das mesmas.

 

Condicións de acceso

a)Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.

b) Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.

c) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

d)Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200242 Corte y poesía en el otoño de la Edad Media en Castilla Obligatoria 5.0
200243 Reescrituras del poder político medieval: la monarquía y sus contrapoderes en el teatro español del siglo XVII Obligatoria 5.0
200244 La reescritura romántica de la Edad Media. Juan II de Castilla y su corte Obligatoria 5.0
200245 La Edad Media revisitada. Los primeros Trastámara de Castilla en la literatura contemporánea Obligatoria 5.0
200273 La literatura de y sobre la Edad Media en el aula Obligatoria 5.0

 

Avaliación

A avaliación farase módulo por módulo.

Cada uno dos cinco temas dos módulos 1, 2, 3 e 4 contén un exercicio de avaliación, consistente nun cuestionario de resposta múltiple ao que o alumnado debe responder axeitadamente (disporá de unha oportunidade) para poder avanzar no tema seguinte. Os cinco cuestionarios electrónicos (un por tema) poderán realizarse e entregarse asíncronamente cando cada alumno/a considere oportuno, unha vez completadas o resto das tarefas incluídas en cada tema. Superará o módulo quen supere os cinco cuestionarios dos que consta. 

A avaliación do módulo 5 consistirá na elaboración dunha proposta docente ou didáctica persoal a propósito da escritura ou reescritura da Idade Media na literatura española, de acordo coas indicacións oportunas e baixo a supervisión do equipo docente. A proposta será entregada e avaliada electrónicamente a través de MooVi.

 

Titulación

Experto/a en Escritura y reescrituras literarias de la Edad Media