Eficiencia Enerxética na Rehabilitación de Edificios

Diploma de curso avanzado de posgrado

Ámbito: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civilCódigo: TCS:1031/3
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

05/04/2024 – 22/06/2024

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

6.0 ECTS

Estado

En curso

32 prazas

 

Descrición

En España, preto de 10 millóns de vivendas necesitan rehabilitación.

Con este curso en liña preténdese ofrecer ao alumno unha visión ampla das últimas técnicas existentes para acadar a eficiencia enerxética nos edificios, especialmente á hora de planificar a súa rehabilitación.

Para iso introdúcese no mundo do BIM e como se pode utilizar para calcular o aforro en demandas enerxéticas, así como para a certificación dos edificios e o seu cumprimento do Código Técnico da Edificación (CTE).

Seguirase explicando as diferentes medidas pasivas que se están aplicando na actualidade, xunto con ferramentas que permitan calculalas, executalas e orzamentalas. Céntrase, especialmente, no illamento e redución de pontes térmicas.

O bloque de medidas activas introduce o alumno no mundo da monitorización de edificios e a súa relación coas instalacións, especialmente térmicas. Tamén se propón o cálculo e orzamento de instalacións de ventilación mecánica, que contribúan a acadar os obxectivos previstos no CTE. Este bloque tamén inclúe unha introdución ao mundo das instalacións fotovoltaicas, con ferramentas de cálculo que achegan o potencial fotovoltaico dos edificios. Se explica tamén como dimensionar unha instalación de calefacción e ACS mediante bomba de calor. Nun último capítulo deste bloque móstrase como afecta a carga do vehículo eléctrico á instalación eléctrica dos aparcamentos do edificio.

Ao final do curso ensínase ao alumno como optar ás axudas de rehabilitación de vivendas.

Folleto_Eficiencia_enerxetica_2024

 

Director/a:

Pablo Eguia Oller

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

peguia@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
12/12/2023 – 20/03/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
22/01/2024 – 31/03/2024

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
En liña –  Campus Remoto da Universidade de Vigo

 

Horario

Venres de 16 a 20 horas e sábados de 9:30 a 13:30 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
400 € 360 € 340 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 340 euros

Para a xustificación das bonificacións é preciso subir a documentación acreditativa á aplicación no prazo de matrícula.

As instrucións para subir documentación poden consultarse en: https://bit.ly/3MDRTb4


 

Obxectivos

Preténdese que os estudantes sexan capaces de realizar a certificación e etiquetaxe enerxético dunha vivenda, de desenvolver e aplicar medidas tanto pasivas como activas de eficiencia enerxética, de deseñar, calcular e orzar todas as instalacións presentes na rehabilitación dunha edificación (ventilación, térmicas, fotovoltaicas, vehículo eléctrico,…) e tramitar as subvencións necesarias, especialmente as baseadas en enerxías renovables.

 

Destinatarios

O curso foi plantexado para técnicos interesados na eficiencia enerxética dos edificios: arquitectos e enxeñeiros. O enfoque de cada tema é introducir metodoloxías e tecnoloxías novedosas, polo que non é necesaria experiencia profesional previa. Así, os estudantes de últimos cursos de graos relacionados coa enerxía e a edificación tamén poden ser destinatarios deste curso.

 

Saídas Profesionais

Ao final do curso o alumno adquirirá os coñecementos para poder acometer proxectos de rehabilitación de edificios dende o punto de vista enerxético. Coñecerá as ferramentas informáticas que lle permitan modelar edificios, calcular cualificacións enerxéticas, cumprimento do código técnico da edificación (HE1 e HE0), cálculos de pontes térmicas, medidas pasivas, instalacións fotovoltaicas, instalación de bombas de calor, ventilación mecánica controlada e monitorización de edificios.

 

Idioma

50% en Galego e 50% en Castelán

 

Competencias Específicas

  • Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da arquitectura e da enxeñaría enerxética.
  • Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñaría enerxética. Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector.
  • Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais.
  • Aplicar coñecementos relacionados coa arquitectura e a enxeñaría nun único proxecto edificatorio de viabilidade económica e enerxética.

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
  • Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñaría, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar.
  • Capacidade de actualizar os coñecementos máis novedosos no desenvolvemento profesional.

 

Condicións de acceso

  • Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
  • Ser profesionais de recoñecida e acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Criterios de selección

A adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición e pagamento das taxas de matrícula ata esgotar as prazas dispoñibles.

 

Metodoloxía

  • Bim Server Center I (0,5 ECTS)
  • Bim Server Center II (0,4 ECTS)
  • Medidas pasivas I (0,4 ECTS)
  • Medidas pasivas II (0,4 ECTS)
  • Pontes térmicos (0,4 ECTS)
  • Medidas pasivas III (0,4 ECTS)
  • Monitorización (0,3 ECTS)
  • Ventilación mecánica (0,4 ECTS)
  • Instalacións fotovoltaicas I (0,4 ECTS)
  • Instalacións fotovoltaicas II (0,4 ECTS)
  • Bomba de calor (0,4 ECTS)
  • O vehículo eléctrico (0,3 ECTS)
  • Subvencións e tramitacións (0,3 ECTS)
  • Exercicios prácticos (1 ECTS)

 

Materias

id nome caracter créditos
200168 Eficiencia Energética en la Rehabilitación de Edificios Obligatoria 6.0

 

Profesorado

  • Pablo Eguía Oller, catedrático da Universidade de Vigo
  • David López Mera, profesor asociado da Universidade de Vigo e auditor enerxético
  • Alejandro Molares Rodríguez, profesor asociado da Universidade de Vigo
  • Antonio Quicler Costa, enxeñeiro industrial en Saltoki
  • Bruno de Miranda Santos, enxeñeiro industrial especialista en instalacións térmicas
  • Alejandro Martínez García, xerente en Alexo Ingeniería
  • Patricia Liñares Méndez, doutora arquitecta en Proyectopía
  • Miguel García Campos, enxeñeiro de minas especialista en IoT 
  • Gustavo Amann Fernández, xerente de CO2 Smart Tech

 

Avaliación

Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
  1. Asistencia ás clases.
  2. Realización das tarefas que se lles encomenden. O intercambio de información e a entrega dos traballos xestionarase a través de Moovi.
Os alumnos poderán entregar os traballos que hai que entregar en cada tema a través da
plataforma MOOVI cunha data tope do 15 de maio.

 

Titulación

Diploma de curso avanzado de posgrao en Eficiencia Enerxética na Rehabilitación de Edificios