ESTUDOS / Títulos propios

Pilates en mat para fisioterapeutas

Pilates en mat para fisioterapeutas
Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia
Área de interés principal: Ciencias da saúde
Área secundaria de interés: Ciencias da saúde
Código: 1046/2
Inicio e fin
Calendar 23/03/2024 - 28/04/2024
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 6
Plazas
14
Preinscrición pechada
15/01/2024 - 21/03/2024
Matrícula
02/01/2024 -
Descripción

O Curso Avanzado de Posgrao “Pilates en mat para fisioterapeutas” é unha formación que trata de dar resposta ao interese de estudantes e profesionais de Fisioterapia de acadar unha boa base de coñecementos sobre a aplicación método Pilates no eido clínico asistencial. É unha formación que, normalmente, non ten o seu espazo propio nos plans de estudo de Fisioterapia (na Universidade de Vigo si, como materia optativa), pero si hai moito interese nos seus contidos para levalos á práctica no tratamento de pacientes con distintos tipos de doenzas.

Este interese susténtase, sobre todo, en que o paradigma de tratamento en Fisioterapia deu un xiro nestes últimos anos, favorecendo as chamadas terapias activas. O método Pilates, na súa orientación terapéutica, cumpre con ese requisito. Así, co método Pilates búscase facer aos/ás pacientes partícipes da súa propia recuperación. A súa capacidade de prevención e de tratamento de lesións susténtase na evidencia científica, tendo un papel moi positivo na saúde, non só na dor de costas (lumbalxias ou cervicalxias, por exemplo), senón tamén noutras patoloxías (artrose, osteoporose, esclerose múltiple, etc.) ou na mellora das condicións de certas poboacións específicas (mulleres para a recuperación posparto ou persoas maiores para mellorar mobilidade e equilibrio, por exemplo) ou para mellorar a
postura por malos hábitos posturais, desviacións de columna, etc.

Para lograr este beneficio terapéutico, hai que ter unha boa formación, que é o que se procura ofrecer con este curso, grazas á experiencia dos docentes co método e coa súa aplicación. A formación implicará non só coñecer os exercicios, senón tamén saber facelos e saber aplicalos nos/nas pacientes, adaptándoos ás súas condicións clínicas. Polo tanto, non só é cuestión de coñecer o método Pilates, senón de usalo axeitadamente para que non teña efectos negativos nos/nas pacientes.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
60 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Centro Impact Fitness (Studio Pilates)
Horario
Sábados (9 a 14 horas/ de 15 a 20 horas) e Domingos ( 9 a 14 horas)
Prezo
Prezo xeral
330,00 €
Alumni Uvigo
297,00 €
Comunidade Uvigo
280,50 €
Persoas desempregadas
280,50 €
Personas discapacitadas
280,50 €

Coñecer os fundamentos do traballo en chan co método Pilates aplicado ao eido clínico.

Coñecer os exercicios básicos que conforman o repertorio do método Pilates en chan, así como
as súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.

Coñecer os exercicios intermedios e avanzados que conforman o repertorio do método Pilates en
chan, así como as súas progresións e adaptacións de cara ao seu emprego clínico.

Programar sesións de tratamento co método Pilates en casos clínicos.

Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia e estudantes de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2023-24 estivesen en 3º curso do Grao de Fisioterapia.

Ao rematar o presente Curso Avanzado de Posgrao, o alumnado terá os coñecementos básicos do
método Pilates no chan con finalidade terapéutica, saberá aplicalos a diferentes situacións clínicas e distintas poboacións adaptando os exercicios ás necesidades de pacientes e patoloxías, e saberá programar unha sesión terapéutica individual e en pequeno grupo de tratamento baseada no método Pilates no chan.

Estes coñecementos permitiralle ao alumnado poder utilizar o método Pilates con finalidade
terapéutica en diferentes centros laborais: hospitais, centros de saúde, centros de fisioterapia, estudios de Pilates, centros de maiores, clubs deportivos, etc.

Coñecer os principios nos que se basea o método Pilates con función terapéutica.

Coñecer as bases anatómicas, biomecánicas e de prescrición de exercicios dentro das
distintas fases de tratamento en Fisioterapia.

Coñecer o conxunto de exercicios básicos, intermedios e avanzados do método Pilates
no chan.

Coñecer e desenvolver as técnicas de comunicación e motivación precisos de cara a levar
adiante un tratamento activo cos/coas pacientes.

Coñecer e aplicar os principios para programar unha sesión de tratamento co método
Pilates e dirixila.

Comprender as distintas partes dunha sesión terapéutica de Pilates e a súa organización.

Identificar os exercicios de Pilates no chan máis apropiados en diferentes situacións
patolóxicas e/ou en distintas poboacións.

Programar e aplicar unha sesión de tratamento co método Pilates, ben de forma
individual, ben en pequeno grupo.

Coñecer as pautas de seguridade, precaucións e contraindicacións do método Pilates.

Capacidade para comunicarse oralmente de forma efectiva cos/coas pacientes.

Manter unha actitude empática cos/coas pacientes.

Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora continua, así como de adaptación a
novas situacións.

Desenvolverse con creatividade, organización e liderado cos/coas pacientes.

  1. Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.
  2. Alumnado do Grao en Fisioterapia de 4º curso.
  3. Alumnado do Grao en Fisioterapia de 3º curso.

ID Nome Carácter Creditos
200373 Fundamentos del método Pilates Obligatoria 0.40

A avaliación consistirá na entrega de 2 traballos (desenvoltos de forma individual ou por parellas): un de desenvolvemento dunha sesión baseada no método Pilates para un caso clínico exposto polo docente; o segundo, a elaboración dunha clase de Pilates en chan para un pequeno grupo de pacientes (a elección do/da estudante).

Ademais, esixirase unha asistencia, cando menos, do 80% das horas do curso.

Diploma de curso avanzado de posgrao en pilates en mat para fisioterapeutas

Asistencia en roupa deportiva.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.