Introducción á simulación FEM e CFD con Ansys

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1060/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

12/07/2023 – 28/07/2023

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

7.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

A introdución das novas tecnoloxías nos procesos produtivos ha suposto a necesidade de dispoñer de profesionais cun maior nivel de cualificación tecnolóxica. No ámbito do deseño e simulación FEM e CFD, os avances que se produciron e estanse producindo nos últimos anos, esixen sen dúbida a posta ao día do persoal relacionado. A Universidade de Vigo, consciente da importancia da formación continua neste sector, ofrece a posibilidade de formarse a través deste curso baseado en Ansys, unha das ferramentas informáticas máis utilizadas nas industrias da nosa contorna.

 

Director/a:

Jose Ignacio Armesto Quiroga, Abraham Segade Robleda

Email contacto:

armesto@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
05/03/2023 – 07/07/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/05/2023 – 07/07/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial

 

Horario

Luns a venres, de 9.00h a 14.00h.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
350 € 315 € 297.5 €

Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 297,50 €. Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)

 

Obxectivos

A través deste curso, búscase que o alumno:

  • Adquira os coñecementos imprescindibles para traballar con ANSYS
  • Familiarícese coa contorna de traballo
  • Coñeza as ferramentas máis comúns
  • Aprenda a realizar simulacións 
  • Realice mallados de pezas simples
  • Saiba realizar análise FEM de pezas simples
  • Saiba realizar análise CFD de pezas simples

 

Destinatarios

Orientado ao alumnado Universitario, alumnado de formación profesional e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas de deseño e simulación FEM e CFD de última xeración.

 

Saídas Profesionais

As persoas participantes aprenderán a realizar deseños técnicos industriais mediante a aplicación dunha das ferramentas de deseño e simulación FEM e CFD de última xeración máis utilizadas na industria.

 

Competencias Específicas

  • Iniciarse nos principios de deseño e simulación FEM e CFD asistido por computador
  • Adquirir capacidades técnicas de modelado e importación
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño de mallas e condicións de contorna
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño de contactos
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño FEM no dominio da frecuencia, dinámica implícita e explícita, fatiga e dinámica de corpos ríxidos
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño CFD en mallado, aerodinámica, transferencia de calor e multifase

 

Competencias Transversais

  • Resolución de problemas
  • Creatividade
  • Uso das TIC
  • Procura de información
  • Auto aprendizaxe e auto análise

 

Condicións de acceso

  1. Titulados/as universitarios/as
  2. Titulados/as de formación profesional
  3. Alumnos/as universitarios/as
  4. Alumnos/as de formación profesional
  5. Profesionais directamente relacionados coa especialidade que cumpran os requisitos de acceso á universidade

Será condición imprescindible que cada rexistrado/a dispoña dun computador portátil co que asistirá a todas as clases do curso.

 

Criterios de selección

Orde temporal de solicitude de inscrición.

 

Materias

id nome caracter créditos
200287 Introducción a la simulación FEM y CFD con ANSYS Obligatoria 7.0
200287 Introducción a la simulación FEM y CFD con ANSYS Optativa 7.0

 

Avaliación

Para a avaliación dos alumnos terase en conta:

  1. Asistencia presencial ás clases (polo menos 75% das sesións)
  2. Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo