Experto en Inglés Xurídico

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1064/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

25/09/2023 – 31/05/2024

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

20.0 ECTS

Estado

En curso

30 prazas

 

Descrición

O Título Universitario de Experto en Inglés Xurídico combina a aprendizaxe de coñecementos teórico prácticos sobre o uso da lingua inglesa no ámbito especializado de inglés xurídico coa súa posta en práctica no ámbito profesional xurídico. Deste xeito, o deseño deste título pretende dar resposta á demanda laboral que require de profesionais competentes no sector e que posúan destrezas orais e escritas na lingua inglesa para desenvolverse no contexto xurídico internacional.

Ofrécense cinco materias centradas na adquisición de competencias lingüísticas e comunicativas no ámbito especializado de inglés xurídico, prestando atención ás destrezas de comprensión e produción de discurso oral (Listening, Speaking), ás destrezas de comprensión e produción escrita (Reading, Writing), así como a aspectos gramaticais (Use of English); a aprendizaxe de vocabulario específico está integrada en cada unha das cinco destrezas mencionadas.

A metodoloxía adopta unha orientación práctica e fai uso de materiais e recursos a nivel intermedioavanzado (B2). A lingua vehicular en todas as materias é a lingua inglesa.

Folleto do título

 

Director/a:

Maria Dolores Gonzalez Alvarez

Teléfono contacto:

986 812 365

Email contacto:

dglez@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Facultade de Filoloxía e Tradución

Colaboradores:

Ilustre Colexio de Avogacía de Vigo (ICAVigo)

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2023 – 08/09/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
17/07/2023 – 14/09/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

120 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
lustre Colexio de Avogados de Vigo (ICAV), MooVi, Campus Remoto UVigo

 

Horario

O horario das clases será de 18.00 a 20.00, luns e xoves

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
860 € 774 € 731 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 731 € (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)

Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

Os obxectivos xerais das materias centradas na aprendizaxe de destrezas da lingua inglesa son:

  • Ampliar o coñecemento do alumnado sobre a lingua inglesa coa fin de obter unha competencia lingüística e comunicativa especializada no ámbito de inglés xurídico a nivel intermedioavanzado (B2).
  • Proporcionar ferramentas ao alumnado para que se familiarice coa terminoloxía e as estruturas lingüísticas características da lingua inglesa no ámbito xurídico, a nivel de comprensión e de produción, no contexto tanto oral coma escrito.
  • Formar ao alumnado para que se desenvolva de xeito eficaz e cómodo en diferentes contextos que precisen do uso da lingua inglesa, atendendo a diferentes temáticas de comunicación oral (p. ex. reunións, negociacións, xuízos, chamadas telefónicas) e de comunicación escrita (p. ex. correspondencia, redacción de cláusulas, contratos).

 

Destinatarios

Profesionais do ámbito xurídico preferentemente en exercicio.

 

Competencias Específicas

  • CE1 Consolidación das bases para a correcta expresión gramatical en lingua inglesa
  • CE2 Mellora das habilidades de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, tanto para información xeral coma para información específica
  • CE3 Mellora das habilidades de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa, tanto para información xeral coma para información específica
  • CE4 Aumento da comprensión oral en rexistros formais e semi-formais, así como no contexto xurídico, sendo capaz de entender a organización do discurso e deducir o significado do contexto
  • CE5 Aumento da comprensión lectora en rexistros formais e semi-formais, así como no contexto xurídico, sendo capaz de entender a organización do texto e deducir o significado do contexto
  • CE6 Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á posta en práctica e ao emprego da lingua inglesa oral e escrita na comunicación nos ámbitos xeral e xurídico
  • CE7 Capacidade de análise comparada entre ordenamentos xurídicos para interpretar os retos que formula a pluralidade de ordenamentos xurídicos
  • CE8 Incremento da destreza na expresión oral e escrita en lingua inglesa para abordar diversidade de temas
  • CE9 Destreza para a procura de información e/ou documentación en lingua inglesa
  • CE10 Capacidade de identificar, comprender e producir as diferentes tipoloxías textuais legais máis comúns

 

Competencias Transversais

  • CT1 Capacidade de razoamento crítico
  • CT2 Afianzamento da capacidade de xestión da información e de aprendizaxe autónoma
  • CT3 Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade así como comprensión doutras culturas, costumes e convencións
  • CT4 Reforzo da motivación pola calidade e a creatividade
  • CT5 Reforzo da capacidade para a resolución de problemas
  • CT6 Ampliación do coñecemento de culturas estranxeiras e os seus modos de vida e costumes
  • CT7 Coñecemento e manexo de ferramentas informáticas implicadas no proceso de aprendizaxe
  • CT8 Capacidade de traballo individual e en equipo
  • CT9 Capacidade de adaptación a novas situacións e modos de aprendizaxe
  • CT10 Afianzamento das habilidades necesariaspara as relacións interpersoais

 

Condicións de acceso

Título de Grao e/ou Licenciatura do ámbito xurídico (p. ex. Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Laborais, Relacións Internacionais, etc.) ou lingüístico (p. ex. Tradución e Interpretación, Grao en Estudos Ingleses, Grao en Linguas Estranxeiras, etc.).

 

Criterios de selección

  1. Persoas colexiadas no ICAV (70% das prazas): orde de preinscrición.
  2. Persoas non colexiadas (30% das prazas): as prazas serán asignadas una vez se inicie o prazo de matrícula seguindo a orde de prelación seguinte:
    1. Profesionais do ámbito xurídico en exercicio.
    2. Graduadas/os en titulacións do ámbito xurídico.
    3. Graduadas/os en titulacións do ámbito lingüístico.

 

Materias

id nome caracter créditos
200294 Aspectos lingüísticos del inglés jurídico Obligatoria 4.4
200295 Inglés hablado para profesionales del Derecho Obligatoria 3.4
200296 Comprender inglés jurídico oral Obligatoria 2.2
200297 Comprender e interpretar el inglés jurídico escrito Obligatoria 4.4
200298 Escribir inglés jurídico Obligatoria 5.6

 

Profesorado

  • Laura Carballo Piñeiro, doctora na área de Dereito privado
  • Yolanda Fernández Pena, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • M. Dolores González Álvarez, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • Ana Elina Martínez Insua, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • Rosalía Rodríguez Vázquez, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • Elena Seoane Posse, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • Nuria Yáñez Bouza, doctora na área de Filoloxía inglesa
  • María García de la Concha, Gómez-Acebo & Pombo, Consulado do Reino Unido en Galicia
  • David McLachlan, Harrington Chambers (Liverpool), King’s Counsellor, Reino Unido

 

Avaliación

Cada materia ofrecerá dúas oportunidades de avaliación, ambas presenciais.

  • A avaliación na primeira oportunidade será continua e levarase a cabo mediante a realización de varias probas durante o período lectivo e unha ou varias probas finais
  • O alumnado que suspenda algunha materia na primeira oportunidade terá unha segunda oportunidade de avaliación despois de finalizar o período lectivo, en datas a concretar co profesorado

Non se prevé recoñecemento de créditos.

 

Titulación

Experto/a universitario/a en Inglés Xurídico pola Universidade de Vigo