Implementación práctica dunha aplicación de IIoT

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1074/1
Área de interese principal: Tecnoloxía, bioloxía, ciencias do mar | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

06/07/2023 – 14/07/2023

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

2.5 ECTS

Estado

Finalizado

22 prazas

 

Descrición

Tes a necesidade de medir e controlar unha variable física nun proceso industrial ou nun laboratorio? Queres publicar os datos medidos na web para que outros tomen decisións en basea eles?

Neste curso verás todos os pasos para implementar un sistema de Industrial Internet of Things (IIoT).

 

Director/a:

Luis Eguizábal Gándara

Teléfono contacto:

986813962

Email contacto:

eguizaba@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2023 – 25/06/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
26/06/2023 – 03/07/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

5 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade)

 

Horario

As clases desenvolveranse os xoves 6 e 13;  e os venres 7 e 14 de xullo en horario de 16 a 21 h.

O alumnado deberá de realizar un traballo autónomo de 5 horas para completar o curso. Estas horas impartiranse de forma síncrona o sábado 8 de xullo

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
150 € 135 € 127.5 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 127.5 € (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)
Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

Este é un curso con carácter eminentemente práctico. Os alumnos implementarán unha soluciónreal de IIoT. Abordaranse todas as fases de realización dunha aplicación IIoT, que abarcan:

  •  A implementación un circuíto electrónico para a medida e o control dunha variable física: temperatura, intensidade de corrente…
  •  Elección do hardware para medida da variable física: tarxeta de adquisición de datos emicrocontrolador.
  •  Programación da aplicación de medida e control da variable física no hardware de adquisición. Programación en LabView y Python.
  •  Transmisión dos datos vía USB e Wifi.
  •  Desenvolvemento da aplicación software para a recepción dos datos e a súa gravación no servidor,  nunha BBDD ou unha folla de cálculo.
  •  Desenvolvemento de aplicación para o tratamento e visualización dos datos, nos computadores e dispositivos móbiles clientes.

 

Destinatarios

  •  Alumnado universitarios relacionados coa medida e control de variables físicas (enxeñerías, ciencias, química…).
  •  Persoas profesionais do control de procesos (OT) e de tecnoloxías da información (IT).
  •  Técnicos de laboratorio.

 

Saídas Profesionais

Este curso é de especial interese para alumnado universitarios que queiran desenvolver a súa actividade laboral na aplicación da industria 4.0, para o control de procesos de fabricación ou en contornas de laboratorios. Tamén pode ser de interese para profesionais que desenvolvan a súa actividade en contornas de fabricación ou de laboratorios que queiran ampliar coñecementos sobre ferramentas para implantar sistemas de IIoT.

 

Idioma

Castellano

 

Competencias Específicas

  • Capacidade para comprender os compoñentes e o funcionamento dos sistemas mecatrónicos.
  • Capacidade para especificar e implementar técnicas de control.
  • Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables no deseño, desenvolvemento e simulación dos compoñentes mecánicos dun sistema mecatrónico.

 

Competencias Transversais

  • Resolución de problemas
  • Aplicar coñecementos.
  • Traballo en equipo.

 

Condicións de acceso

1) Alumnado da UVigo

2) Persoas tituladas en bacharelato ou ciclo superior de formación profesional

3) Persoas profesionais do control de procesos, persoal técnico de laboratorio

 

Criterios de selección

1) Coñecementos de programación en Python: 50%

2) Coñecementos en control de proceso:  50%

 

Metodoloxía

  • Introdución aos sistemas IIoT. Solucións propietarias e de código aberto
  • Estrutura e compoñentes dun sistema de IIoT
  • Implementación de hardware de medida e control dunha variable física
  • Elección do hardware de medida e control: microcontroladores, tarxetas de adquisición de datos.
  • Desenvolvemento da aplicación software para a captura e control da variable física.
  • Programación en LabView, programación de microcontrolador
  • Desenvolvemento da aplicación software para a recepción dos datos medidos no sistema servidor.
  • Almacenamento dos datos en BBDD ou follas de cálculo
  • Desenvolvemento dunha aplicación de Business Intelligence (BI) para a análise dos datos.
  • Elección das accións de mellora do proceso.

 

Materias

id nome caracter créditos
200321 Implementación práctica de una aplicación de IIoT Obligatoria 0.0

 

Avaliación

A avaliación realizarase mediante a elaboración da aplicación IIoT exposta, ao longo do curso. O alumno deberá de elaborar un prototipo e as aplicacións software para a implementación do traballo de IIoT. Os traballos realizaranse en grupos de 2 persoas, cada grupo deberá de redactar unha memoria describindo o traballo realizado. O venres 14 de xullo recollerase o traballo realizado.

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria Implementación práctica dunha aplicación de IIoT