Infraestrutura de Datos Aplicados ao Transporte
Este curso permitirache mellorar a tÚa experiencia profesional no ámbito do Big Data e, en concreto, a analítica de datos e a xestión da información a gran escala. Ademais, poderás adquirir coñecementos avanzados en Analítica de Datos e Business Intelligence aplicados ao Big Data, o cal permitirache mellorar as túas capacidades de manexo e análises de grandes volumes de datos, mellorar no análise para a toma de decisións empresariais fundamentais, identificar patróns e tendencias no ámbito empresarial así coma extraer información dos datos da empresa para mellorar a eficiencia operativa e axudar a realizar a toma de decisións estratéxicas futuras.
Este curso permitirache familiarizarte coas ferramentas e tecnoloxías máis utilizadas no análise de datos, como Hadoop, Apache Spark e Bases de Datos non SQL, o cal proporcionarache habilidades técnicas moi demandadas no mercado laboral actual e nas distintas plataformas de obtención e procesado de datos traballando diferentes exemplos prácticos do sector de transporte e do ámbito industrial.
O curso de Infraestrutura de Datos Aplicados ao Transporte (IDAT) ten coma obxectivo formar aos estudantes con coñecementos sobre Big Data, Business Management e sobre Sistemas de Dixitalización.
Aprender a traballar de forma eficiente co transporte de datos, minimizando riscos de perdida e garantindo a integridade e fiabilidade dos datos transportados.
Coñecer as plataformas e tecnoloxías máis comúns relacionadas no ámbito de transporte de datos dixitais.
Coñecer Big Data e saber aplicalo en casos prácticos e darlle un uso efectivo de cara ao traballo en empresas.
Coñecementos avanzados sobre Business Intelligence e Business Analysis.
Realizar toma de decisións dunha maneira máis acertada e saber que datos ter en conta ao realizar a toma de decisións.
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito de Infraestrutura de Datos aplicados ao Transporte, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito do Transporte de Datos sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de Infraestrutura de Datos.
Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma podese conxugar os coñecementos propios dun campo específicio cos de análise e xestión de big data no presente curso.
- Coñecer de forma correcta como están formadas as infraestruturas de datos nunha empresa e os seus puntos críticos.
- Identificar métodos de transporte da información de maneira que asegure a súa integridade e seguridade.
- Dixitalizar diferentes sistemas de información de forma adecuada.
- Coñecer o Big Data e como está aplicado nos negocios empresariais.
- Realizar análises de datos e de intelixencia empresariais.
- Desenvolverse correctamente en NAP (Punto de Acceso Nacional de Información).
Coñecer as estratexias Infraestrutura da Información e a súa aplicación nas empresas.
Traballar en equipo no ámbito da Infraestrutura da Información, proporcionando axuda ao equipo mediante unha estratexia adecuada.
Aplicar os coñecementos sobre Infraestrutura da Información.
Coñecer e promocionar o Big Data.
Coñecer e utilizar NAP.
Coñecer sobre Data Sharing.
Coñecer e aplicar Business Intelligence.
Coñecer e aplicar Business Analytics.
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de organización e planificación en base a información obtida.
Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de formación
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200362 | Infraestructura de Datos Aplicados al Transporte | Obligatoria | 15.00 |
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non superalo.
Infraestrutura de Datos Aplicados aO Transporte