Transformación áxil de organizacións

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1112/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias

Inicio e fin

10/01/2024 – 05/06/2024

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

15.0 ECTS

Estado

En curso

45 prazas

 

Descrición

Neste curso aprenderás a aplicar unha ampla gama de coñecementos e habilidades relacionadas coas metodoloxías e enfoques de xestión Agile, Scrum, Kanban e Lean no ámbito profesional. Respecto a Agile, comprendendo o seu enfoque centrado nas persoas, colaboración, adaptabilidade e entrega de valor. Isto complementarase co estudio en detalle de Scrum, un dos frameworks áxiles máis populares. Obterás unha comprensión de ScRum, aprendendo sobre os roles e responsabilidades, como o Product Owner, o Scrum Master e o Equipo de Desenvolvemento xunto as súas prácticas máis habituais como as reunións diarias de Scrum, a planificación e as revisións, así como os diferentes artefactos que se empregan, sendo todo elo enfocado a diferentes tipoloxías de organizacións e industrias (Non solo as de desenvolvemento informático).

Por outro lado, poderás profundar na metodoloxía visual de xestión de fluxo e traballo con Kanban. Aprenderás a deseñar os taboleiros característicos da metodoloxía Kanban, establecer límites de traballo no progreso, xestionar o fluxo e utilizar métricas para unha mellora continua.

Por último, todo elo, complementarase coa revisión de aplicacións e enfoques dos principios de Lean e como se poden empregar na transformación das organizacións permitindo identificar e optimizar procesos e mellorar a eficiencia operativa da organización.

No curso tamén se traballarán conceptos transversais propios de organizacións áxiles, revisando estratexias e mellores prácticas aprendendo sobre a xestión do cambio, da creación dunha cultura áxil, da formación de equipos de alto rendemento e da implantación de prácticas áxiles en diferentes áreas funcionais.

 

Director/a:

Francisco Javier Rodriguez Martinez / Lorena Otero Cerdeira

Email contacto:

franjrm@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/09/2023 – 20/12/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/12/2023 – 22/12/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

150 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL

 

Horario

Luns e mércores de 17:30 a 21:30

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos

Formación gratuita, 100% subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Obxectivos

O curso de Transformación Áxil de Organizacións (TAO) ten como obxectivo formar aos estudantes con coñecementos extensos sobre os diversos tipos de metodoloxías áxiles que existen no mercado e que son utilizadas pola maior parte das empresas.

Aumentar o rendemento e a coordinación dos estudantes ao encontrarse e traballar con diferentes membros do equipo siguiendo metodologías ágiles.

Coñecer as metodoloxías áxiles que empregan as empresas e aprender a traballar con elas co obxectivo de obter un rendemento adecuado.

 

Destinatarios

A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito do desenvolvemento das metodoloxías áxiles sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de metodoloxías áxiles.Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma podese conxugar os coñecementos propios dun campo específico coa aplicación destas metodoloxías áxiles.

 

Saídas Profesionais

Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, haberá adquirido coñecementos en Metodoloxía Agile, Metodoloxía Kanban,  Metodoloxía Lean e  Metodoloxía Scrum. Os cales, lle permitirán traballar en diferentes empresas con equipos que empreguen algún tipo de metodoloxía áxil para o desenvolvemento dos seus proxectos e traballos. Isto permitiralle ao estudante desenvolver o seu traballo de forma adinte en empresas de deseño, programación, QA… E desenvolvemento xeral de distintos tipos de funcionalidades.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • Coñecer as metodoloxías áxiles: Kanban, Lean, Scrum e Agile e como son aplicadas polas empresas.
  • Traballar en equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, proporcionando axuda ao equipo dunha empresa mediante estratexia adecuada.
  • Aplicar e participar nas metodoloxías áxiles en equipo.
  • Aprender competencias dixitais.

 

Competencias Transversais

  • Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
  • Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.

 

Condicións de acceso

Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.

 

Criterios de selección

Criterios de admisión: 

1) Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%

2) Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%

3) Entrevista personal e cuestionario: 40%

Documentación requirida: 

1) Cubrir formulario de admisiónligazón ao cuestionario

2) DNI

3) Título ou certificado de estudos

4) Currículum vítae

 

Metodoloxía

 Neste curso, instruiranse aos alumnos nos seguintes contidos:
Metodoloxía Agile (3.75 ECTS)
Metodoloxía Kanban (3.75 ECTS)
Metodoloxía Lean (3.75 ECTS)
Metodoloxía Scrum (3.75 ECTS)

 

Materias

id nome caracter créditos
200363 Transformación Ágil de Organizaciones Obligatoria 15.0

 

Profesorado

 

Avaliación

A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten. No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela, avaliarase todo o curso.

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en Transformación Áxil de Organizacións.

 

Máis información

http://eafp.uvigo.gal/