
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1130/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
01/07/2026 – 23/07/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
7.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Neste curso aprenderás a traballar na plataforma PLM (Product lifecycle management ) Catia V5 de Dassault Sistèmes de orientación básica e semiavanzada para o sector aeronáutico na que se inclúen conceptos de bocetaxe, deseño mecánico paramétrico variacional, superficies básicas e complexas, ensamblados, cinemática, así como tamén módulo de chapa.
Director/a:
Diego Carou Porto
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
diecapor@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/06/2026 – 21/06/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
23/06/2026 – 29/06/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
60 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus da auga, Ourense. Laboratorio de Informática 2.8
Horario
Os días: 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 20, 21, 22 y 23 de xullo de 15 a 19 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 340 € | 306 € | 289 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O obxectivo principal é adquirir destrezas para o desenrolo inicial de proxectos para o sector industrial.
Destinatarios
- Persoas titulas (deben presentar titulación relacionada coas areas de enxeñarías)
- Alumnado do ámbito das enxeñarías, (presentan expedente de estudos)
- Profesionais relacionados coa área da fabricación industrial, que teñen que presentar CV
Saídas Profesionais
Capacidade de realización dun deseño completo de conxunto mecánico e elaboración dedocumentación en 2D, así como a definición numérica necesaria (DFN)
Idioma
Castelán 90% e galego 10%
Competencias Específicas
- Deseño 3 D de pezas mecánicas.
- Deseño 3 D de conxuntos mecánicos.
- Elaboración de planos técnicos.
Competencias Transversais
- Capacidade de analizar e solucionar problemas de deseño mediante estratexias específicas dentro de CATIA
- Desarrollar proxectos colaborativos empregando ferramentas de deseño
- Aplicación de habilidades creativas para deseñar solucións innovadoras e optimizar produtos
Condicións de acceso
Estudante/graduado/máster en enxeñerías.
Documentación requerida:
– DNI
– Copia do título universitario
– Certificado de estudos previos
– CV
Criterios de selección
1. CV e titulación (70%)
2. Orde de matriculación (30%).
Metodoloxía
- Modulo P1: Deseño mecánico: sketch (5 h).
- Módulo P2: Deseño mecánico Part design (15 h). Este módulo práctico basearase no aumento dos coñecementos do alumnado para afrontar os proxectos dende una perspectiva máis próxima a industria. Proporanse exercicios prácticos de modelado de pezas, elaboración da documentación e os planos correspondentes.
- Módulo P3: Ensamblaxe (10 h). Descrición das ferramentas para o desenvolvemento de ensamblaxes e restrición dos seus elementos en el espazo de traballo.
- Módulo P4 Superficies (20 h). Descrición completa das ferramentas de superficies no deseño mecánico e elaboración de exercicios prácticos.
- Módulo P5 : Cinemática DMU (5 h): Introdución xeral ó traballo nun entorno de Maqueta Electrónica, considerando especificacións de deseño e entorno, así como a descrición dos diferentes módulos da familia DMU (Digital Mock –Up).
- Exemplos de análise espacial dos proxectos asignados, así como o análise cinemático e análise de montaxe e desmontaxe.
- Módulo P6 Deseño de pezas de chapa pregada-SheetMetal Design (5 h). Este módulo basease na introdución xeral ás especificacións de deseño para o corte e pregado de chapa metálica.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200416 | CATIA V5 para el sector aeroespacial | Obligatoria | 7.0 |
Profesorado
- Guillermo Palacios Guerrero
- David López Adrio
Avaliación
Exercicios finais prácticos en cada módulo finalizado segundo o calendario
Titulación
CATIA V5 para o sector aeroespacial
