Iniciación á formación para a docencia universitaria

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1155/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

10/10/2024 – 03/04/2025

Modalidade

Modalidad no informada

Créditos ECTS

4.0 ECTS

Estado

En curso

30 prazas

 

Descrición

A formación do profesorado universitario cada vez ten máis importancia. Mostra disto é o artigo 67 da Lei orgánica, 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario que indica que “As universidades garantirán a formación inicial e continuada do seu profesorado. Así mesmo, establecerán plans de formación inicial e de formación ao longo da vida que garantan a mellora profesional do seu persoal docente e investigador, nos distintos ámbitos de especialización da actividade universitaria, no marco da planificación estratéxica e das prioridades das propias universidades en materia de formación”.

No artigo 78.b) “Para o desenvolvemento da súa capacidade docente as Profesoras e Profesores Axudantes Doutores deberán realizar, no primeiro ano de contrato, un curso de formación docente inicial cuxas características serán establecidas polas universidades, de acordo coas súas unidades responsables da formación e innovación docente”.

Paralelamente, o 78.F dos Estatutos da Universidade de Vigo sinala que “O persoal docente ten dereito a formarse permanentemente, coa finalidade de garantir unha mellora da súa capacidade docente e investigadora” e no artigo 79.A o profesorado ten dereito a “actualizar e renovar os seus coñecementos académicos, así como a súa metodoloxía pedagóxica”. Na mesma liña, o Plan estratéxico da Universidade de Vigo (2021-2026) apunta no seu Obxectivo 4. a necesidade de “Potenciar o desenvolvemento de competencias e de capacidades transversais no profesorado, con especial énfase no ámbito das metodoloxías educativas, da pedagoxía e do uso de recursos dixitais.

 

Director/a:

Área de Formación e Innovación Educativa

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Área de Formación e Innovación Educativa

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
09/09/2024 – 27/09/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
09/09/2024 – 27/09/2024

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

52 horas

Docencia non presencial

34 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Diferentes espazos.

 

 

 

Obxectivos

>   Adquirir as competencias (destrezas, habilidades e actitudes) axeitadas para exercer a docencia no marco universitario adoptando criterios pedagóxicos que faciliten o rendemento académico dos/as estudantes.
>   Reflexionar de forma crítica e construtiva sobre os procesos de ensino-aprendizaxe co fin de posibilitar as modificación ou cambios precisos cara unha formación competencial.
>   Diferenzar e analizar os diferentes recursos de Moovi e  as súas posibilidades didácticas para valorar a súa idoneidade de emprego nos procesos de ensino–aprendizaxe.
>   Adquirir técnicas de comunicación que permitan unha comunicación dialóxica e unha interacción comunicativa profesorado-alumnado efectiva.
>   Comprometerse coa innovación docente no contexto universitario que permita adaptarse con creatividade ás novas demandas do alumnado e as necesidades curriculares previstas na normativa legal vixente.
>   Aplicar métodos, estratexias e técnicas metodolóxicas que permitan mellorar a implicación dos/as estudantes no seu proceso de aprendizaxe para que sexa significativo e funcional.
>   Identificarse cosos valores da Universidade de Vigo e implicarse no seu desenvolvemento para crear unha comunidade implicada coa responsabilidade social da Universidade.
>   Adoptar decisións e xerar recursos educativos sen nesgos de xénero e inclusivos que permitan aprender a exercer liderados inclusivos e xestionar os riscos de discriminación e abordar a diversidade nas aulas universitarias.

 

Destinatarios

A formación vai destinada aos Profesores e ás Profesoras
Axudantes Doutores/as, preferentemente no seu primeiro ano de contrato.
Se quedasen prazas dispoñibles poderán participar os seguintes
perfís que teñen que ter menos de cinco anos desde a súa incorporación á Universidade de Vigo:

  1. Profesores e Profesoras Axudantes.
  2. Profesorado de centros adscritos.
  3. Persoal investigador con carga docente.
  4. Profesores e Profesoras Asociados/as.

 

Idioma

A formación impartirase en galego e castelán.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición dentro dos requisitos das persoas
destinatarias. Terá preferencia o persoal a tempo completo respecto o
persoal a tempo parcial.

 

Metodoloxía

Ligazón ao programa.

 

Profesorado

Margarita Pino Juste
Catedrática do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Sonia Álvarez López
Técnica Superior de Teledocencia

Luis Xabier Martínez Rolán
Profesor Titular do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade

Ramiro Canal Martínez
Licenciado en Psicoloxía, Psicoloxía Educativa e Psicoloxía Empresarial pola UNED

Mar Fernández Cendón
Técnica Superior de Igualdade da Universidade de Vigo

 

Avaliación

Será necesaria a asistencia ao 80 % das formacións presenciais e virtuais síncronas e a superación das distintas actividades de cada módulo.