Prevención e xestión do estrés

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1163/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

02/06/2025 – 05/06/2025

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

O estrés é un dos efectos máis perxudiciais que afectan aos profesores e profesoras das universidades, consecuencia das múltiples tarefas e actividades académicas. Pode causar ansiedade, malas decisións, precipitación, agresividade e unha ampla gama de enfermidades psicosomáticas. Neste curso preténdese previr, controlar e minimizar os efectos do estrés entre o persoal docente universitario. Cunha xestión adecuada, conséguese tomar mellores decisións, manexar mellor as situacións conflitivas, optimizar o tempo dispoñible, diminuír as preocupacións e mellorar a calidade de vida, tanto profesional como persoal.

 

Director/a:

Área de Formación e Innovación Educativa

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
31/01/2025 – 15/05/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
31/01/2025 – 16/05/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus remoto.

 

Horario

Desenvolverase os días 2, 3, 4 e 5 de xuño de 10 a 13 horas.

 

 

Obxectivos

  • Comprender a importancia da aparición de síntomas de estrés e as súas consecuencias sobre a eficacia no traballo e a calidade de vida.
  • Diferenciar o estrés funcional, que favorece a eficacia no traballo, do estrés disfuncional que provoca desaxustes, malestares e enfermidades profesionais.
  • Analizar as situacións laborais produtoras de estrés, corrixindo os seus factores causantes, para minimizar as súas consecuencias.
  • Coñecer e valorar o estrés, comprendendo como afecta a cada participante do curso, tanto no traballo, como na vida persoal.
  • Aplicar as técnicas apropiadas para obter un bo aproveitamento do estrés funcional e a redución do estrés disfuncional.
  • Aplicar os procedementos e ferramentas máis adecuadas de xestión do estrés, aplicables a cada situación particular das persoas participantes.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles, poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Idioma

Castelán.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.

 

Metodoloxía

1ª Parte. Conceptos xerais sobre estrés
O estrés no traballo. Como nos afecta o estrés. A indefensión aprendida. Estresores e situacións estresantes. A síndrome xeral de adaptación. O estrés a longo prazo e as súas consecuencias.

2ª Parte. Como é o meu estrés na actualidade?
O proceso de reacción ao estrés. Estrés funcional e estrés disfuncional. Medición dos estresores. Tipos de estrés que afectan ás persoas participantes. Avaliación persoal da miña situación e das miñas respostas ao estrés.

3ª Parte. Como mellorar o meu estrés e a miña calidade de vida?
Estratexias de xestión de estrés. A prevención do estrés disfuncional. Os mellores métodos de tratamento do estrés. Técnicas máis adecuadas de tratamento do estrés para cada participante. Novas achegas da psicoloxía para a xestión óptima do estrés.

 

Profesorado

Ramiro Canal Martínez

Estudou Psicoloxía, Psicoloxía Educativa e Psicoloxía Empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Experto en Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.

Ten experiencia en impartición de formación sobre competencias transversais.a profesorado universitario.

 

Avaliación

  • Asistencia ao 80% de las sesiones síncronas. Nas partes virtuais síncronas será obrigatorio  que as persoas participantes teñan preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación..
  • Superación dun cuestionario final composto por dez preguntas onde so unha é verdadeira. Haberá dous intentos para superar a proba e o aprobado será a partir do sete.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.