
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1166/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
17/02/2025 – 19/02/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A formación está deseñado para fortalecer as habilidades de comunicación dos docentes. Os/as participantes reflexionarán sobre a importancia da oratoria no ensino, mellorarán a súa confianza escénica, aprenderán técnicas de comunicación verbal e non verbal, deseñarán mensaxes claras e persuasivas, e poñerán en práctica o aprendido a través de exercicios prácticos.
Director/a:
Área de Formación e Innovación Educativa
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
14/01/2025 – 07/02/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
14/01/2025 – 07/02/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
8 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus de Vigo.
Horario
Desenvolverase os días 17 e 19 de febreiro de 16 a 20 horas.
Obxectivos
- Mellorar as habilidades de comunicación verbal e non verbal, promovendo unha expresión clara, persuasiva e segura na aula.
- Fortalecer a capacidade de estruturar ideas, manexar o ton e a dicción.
- Conectar emocionalmente co alumnado.
- Fomentar un ambiente educativo dinámico e efectivo.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Idioma
Galego.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.
Metodoloxía
1) A importancia da oratoria na docencia:
– A conexión entre a oratoria e a pedagoxía.
– Principios básicos de comunicación efectiva.
– Barreiras de comunicación e como superalas.
2) A confianza escénica:
– Técnicas para superar o medo escénico.
– O uso da voz, a postura e a linguaxe corporal.
– A importancia do contacto visual.
3) As ferramentas de comunicación verbal e non verbal:
– O control do ton, volume e velocidade da voz.
– O uso estratéxico do silencio.
– A linguaxe corporal persuasiva.
4) O deseño de mensaxes claras e persuasivas:
– Estruturas básicas dun discurso (introdución, desenvolvemento e conclusión).
– A técnica do “storytelling” aplicada ao ensino.
– O manexo de preguntas e a retroalimentación na aula.
Profesorado
Daniel Formoso Vérez
É avogado en exercicio. Ten un Mestrado en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo Instituto Superior de Dereito e Economía (ISDE). É Especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional. Ten experiencia en impartición de cursos de oratoria e comunicación en diversos colexios de avogados/as e universidades.
Avaliación
- Asistencia ao 80% de las sesiones presenciais.
- Superación das actividades de aprendizaxe do curso.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
