
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1167/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
21/04/2025 – 30/04/2025
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade. Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.
Director/a:
Área de Formación e Innovación Educativa
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
06/02/2025 – 10/04/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
06/02/2025 – 11/04/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
8 horas
Docencia non presencial
2 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus remoto, Moovi e aulas pendentes de confirmar.
Horario
Modalidade virtual-síncrona. Luns 21 de abril de 16.30 a 18.30 horas.
Sesión presencial a escoller no Campus de Vigo ou no de Ourense:
• Campus de Vigo. Xoves 24 de abril de 16 a 20 horas.
• Campus de Ourense. Venres 25 de abril de 16 a 20 horas.
Modalidade virtual síncrona. Mércores 30 de abril 16 a 18 horas.
Obxectivos
- Contribuír ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como metodoloxía innovadora na educación superior.
- Analizar as potencialidades pedagóxicas da ApS no EEES.
- Explorar as posibilidades da aprendizaxe-servizo como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético dos/as estudantes de ensino universitario.
- Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes ensinanzas.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Idioma
Galego
Criterios de selección
Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.
Metodoloxía
Sesión 1: Introdución á Aprendizaxe-Servizo (modalidade virtual-síncrona)
Luns 21 de abril de 16.30 a 18.30 horas.
Sesión 2: Como desenvolver un proxecto de Aprendizaxe-Servizo (presencial)
• Campus de Vigo. Xoves 24 de abril de 16 a 20 horas.
• Campus de Ourense. Venres 25 de abril de 16 a 20 horas.
Sesión 3: Seguimento e titorización de proxectos (modalidade híbrida)
• Sesión de titorización (síncrona). Mércores 30 de abril 16 a 18 horas.
• Entrega de proxectos (asíncrona).
Profesorado
Alexandre Sotelino Losada
É profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de Investigación Esculca e de varias redes de investigación no ámbito educativo. Desempeñou varios cargos de xestión a USC e noutras entidades externas. Dirixe o Grupo de Innovación Docente Alén-ApS onde participan docentes de diferentes áreas de coñecemento.
Igor Mella Núñez
É doutor en Educación con Mención Internacional e Premio Extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Facultade de Ciencias da Educación). É membro do Grupo de Investigación ESCULCA, da Rede de Investigación RIES e da Rede de Excelencia UNIASC. As súas liñas de investigación principais vincúlanse coa educación superior, o aprendizaxe-servizo e o desenvolvemento de competencias.
Avaliación
- Asistencia ao 80 % das partes presenciais e virtuais síncronas. Nas partes virtuais síncronas as persoas participantes teñen que ter preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.
- Entrega dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo adaptado ás materias impartidas.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
