
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1176/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
17/03/2026 – 30/04/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
A creación e manipulación de imaxes é unha das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.
Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.
Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente e CIXUG
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
12/03/2026 – 14/03/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
12/03/2026 – 15/03/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/
Horario
Por determinar
Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.
Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Obxectivos
Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.
Destinatarios
PDI da UVigo
Competencias Específicas
1. Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
2. Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
3. Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
4. Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
5. Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
6. Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
7. Ter presentes os conceptos básicos da cor, para poder elixir un modo de cor ou outro á hora de abordar un proxecto.
Condicións de acceso
Un ordenador con acceso a Internet.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición
Metodoloxía
1. Introdución
- Introdución á edición dixital
- Software libre e software non libre
- Cultura libre e Creative Commons
- Formatos estándares
- Conceptos básicos sobre imaxe e cores
- Formatos de imaxe
- Software de retoque e edición de imaxes
- Obter recursos libres
2. Primeiros pasos
- Tarefas básicas de edición: Gardar en varios formatos. Capturar unha imaxe. Escalar e comprimir. Recortar e endereitar. Axustando cores. Equilibrar niveis. Modos de cor e transparencia. Ollos vermellos
- Capas: Entendendo as capas. O diálogo Capas. Manipulando capas. Capas flotantes. Copiando e transformando. Combinando capas.
3. Pintura e seleccións
- Ferramentas de pintura: Opcións de ferramenta. Pinceis, lata e gradacións. Clonado e reparado. Máis ferramentas de pintura.
- Ferramentas de selección: Rectangular e elíptica. Difusa e Cor. Editor de selección. Tesoiras. Primeiro plano.
- Desatascarse
4. Tratamento da cor, transformacións e filtros
- Textos
- Transformacións: Aliñamento. Perspectiva
- Ferramentas de cor: Histograma. Ferramenta Curvas
- Máscara de capa
- Filtros
- Outras aplicacións: Deseño vectorial. DTP. Ilustración dixital
Titulación
Curso en Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP (CIXUG)
