
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1187/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
14/04/2026 – 14/05/2026
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Matrícula
Descrición
A creación visual de composicións gráficas está ao orde do día. Sobre todo nestes tempos, onde a comunicación visual é esencial para achegar información en todo ámbito, dende a educación ou a información, ata a publicidade ou a presentación comercial.
A infografía é outra forma de representación visual informativa na que se combinan diagramas visuais xunto con texto para resumir ou explicar figurativamente ideas e conceptos. Para esta transmisión de información empréganse diversos tipos de gráficos e signos non lingüísticos e lingüísticos (pictogramas, ideogramas e logogramas) formando descricións, secuencias expositivas ou narrativas e mesmo interpretativas. Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Como o seu impacto visual é moi elevado, provoca viralidad na publicación e incrementa en forma exponencial o alcance da mesma. Para a elaboración destas tarefas, traballarase principalmente coa aplicación de deseño Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.
Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías coas amplas posibilidades que ofrece o mundo vectorial de Inkscape, e por suposto, coa propia imaxinación do creador. Ademais de aprender a usar este programa de edición, tamén se tratarán certos aspectos concretos sobre deseño gráfico. Evidentemente non só se aprenderán a facer infografías, senón moitas outras composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais, etc, que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais.Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente e CIXUG
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/04/2026 – 10/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
09/04/2026 – 12/04/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/
Horario
21/04 de 17 a 18h
28/04 de 12 a 13h
5/05 de 11 a 12h
12/05 de 12 a 13h
Obxectivos
O obxectivo deste curso é crear infografías e deseños vectoriais utilizando as prestacións que proporciona a ferramenta Inkscape.
Destinatarios
PDI
Competencias Específicas
- Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
- Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
- Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
- Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web…).
Condicións de acceso
Ser PDI da Uvigo.
Prerrequisitos:
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar,…) e interacción básica con calquera sistema operativo.
Precisarase un ordenador con acceso a Internet.
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
- Software gráfico libre e software non libre.
- Obtención e instalación.
- Tipos de imaxes e usos.
- Interface gráfica.
- Interface gráfica e Inkscape.
- Obtención de recursos gráficos legais.
- Manexo básico de obxectos.
- Formas, propiedades e transformacións.
- Orden Z e capas.
- Textos e caligrafía.
- Recheos, gradientes e trazos.
- Copiar, duplicar e clonar.
- Transformacións a trazos.
- Operacións booleanas.
- Manexo de nodos.
- Simplificación
- Vectorización.
- Significado e busca de información.
- Composición e proporción estética.
- Trucos e consellos para un ilustrador.
- Exemplos e traballos completos.
- Filtros.
- Extensións.
- Pixart.
- Interpolación.
- Máis efectos artísticos.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
Avaliación
Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc…Posibilidade dunha proba final..
Titulación
Curso en Creación de Infografías e deseños vectoriais
