Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (CIXUG)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1190/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

26/05/2025 – 27/06/2025

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

10 prazas

 

Descrición

Hai certos traballos dixitais que non se poden levar a cabo con procesadores de texto tradicionais se se queren obter resultados profesionais de publicacións como se poden ver nas revistas, periódicos ou libros comerciais. Para eses casos é necesario un software específico para autoedición e maquetación que faciliten e automaticen a composición, deseño e diagramación de páxinas. Pois Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala.

Con Scribus pódese crear calquera tipo de documentos e publicacións: murais ou pósters, fichas de traballo, carteis, dípticos, trípticos, folletos, e-books (libros e revistas electrónicas), periódicos e revistas impresas, boletíns de noticias, libros, formularios, orlas, diplomas, calendarios, certificados, impresos, anuncios, propaganda (publicidade institucional), collages ou composicións cromáticas (expresión plástica), ficheiros PDF protexidos mediante password, formularios en PDF, ficheiros para equipos profesionais de filmación de imaxes, presentacións animadas e interactivas en formato PDF, etc.

Desta forma, unha vez finalizado o curso, o alumno estará capacitado para deseñar, crear e maquetar documentos incluíndo textos, columnas periodísticas, imaxes, táboas, formas xeométricas, liñas e outros elementos de composición gráfica.

E todo iso cunha liberdade artística case total e unha harmonía entre texto e demais obxectos que só poden ofrecer os software de autoedición. Scribus é un completo programa de autoedición ou DTP (Desktop Publishing), excelente maquetador e alternativa gratuita e libre a programas profesionais comerciais como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign. Fronte ao software privativo, Scribus é un potente software que ofrece un excelente rendemento na creación asistida de publicacións mediante ordenador.

 

Director/a:

Óscar Fernández Carballo

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

osfeka@gmail.com, cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
09/05/2025 – 18/05/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
19/05/2025 – 21/05/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

10 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Formación en línea a través del Aula virtual del CIXUG: https://formar.cixug.es/

 

Horario

As videoconferencias levaranse a cabo nas seguintes datas:
  
martes 27 de maio de 16:00 a 17:00
martes 3 de xuño de 17:15 a 18:15
martes 10 de xuño de 16:00 a 17:00
martes 17 de xuño de 16:00 a 17:00

 

 

Obxectivos

O obxectivo deste curso é dar a coñecer as prestacións do software Scribus para autoedición e maquetación.

 

Destinatarios

PDI

 

Competencias Específicas

Coñecer os programas específicos para a autoedición.

Coñecer as posibilidades que ofrece a autoedición.

Expresar a creación e innovación artística en formato dixital.

Compoñer e distribuír elementos de deseño de forma profesional.

Crear e maquetar formatos dixitais.

Adquirir coñecementos da xestión da cor e o seu comportamento na impresión.

Crear documentos con resultados profesionais.

Coñecer e usar formatos estándares para a autoedición.

Obter recursos multimedia legais respectando a propiedade intelectual.

Compartir o noso traballo de forma legal, masiva e baixo as condicións que se desexen.

Configurar e adaptar o entorno de maquetación ás pretensións e necesidades do usuario.

Coñecer as licenzas que faciliten compartir os nosos traballos.

Preparar documentos para a impresión.

Crear revistas e libros con resultados profesionais.

Protexer os nosos proxectos.

Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos.

 

Condicións de acceso

Ser PDI da Uvigo

Prerrequisitos:

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, …) e interacción básica con calquera sistema operativo.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Metodoloxía

  •  Introdución ao curso

Software Libre e software non libre

Cultura Libre e Creative Commons

Obter recursos libres

Formatos estándares

Software DTP

 

  • Introdución a Scribus

Espazo de traballo

Configurar un novo documento

Ferramentas de texto

Inserción básica de imaxes

Inserción de texto doutros documentos

Estilos de parágrafos

Xestión de ficheiros e de proxectos

Inserción de novas páxinas

Configuración básica da contorna

Menús contextuais

Panel de propiedades

Control do fluxo de textos

Historial de accións

Traballo con capas

Formas xeométricas

 

  • Maquetación avanzada

Esquema

Aliñar e distribuir

Ordenado de páxinas

Medidas

Álbum de recortes

Formas complexas

Guías e táboas de maquetación

O editor interno de estilos

Modelos de traballo

Xestión da cor

Creación de índices

Configuración avanzada

Formularios

 

  •  Finalización e entrega

Recolección para a saída

Exportación a PDF

Exportación a formatos de imaxe

Exportación a outros formatos

Opcións avanzadas de impresión

 

Profesorado

Óscar Fernández Carballo 

 

Avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:

Participación (10 horas de conexión como mínimo).

Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc…

Posibilidade dunha proba final.

Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.