
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1202/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
26/05/2026 – 03/06/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Este curso ofrece unha introdución práctica á intelixencia artificial (IA) xenerativa, e o uso de ferramentas de IA na docencia e na investigación.
As persoas participantes aprenderán a crear solicitudes (prompts) eficaces, explorar aplicacións educativas e na investigación, e integrar estas tecnoloxías nas súas tarefas cotiás. A formación inclúe demostracións, casos reais e exercicios prácticos adaptados ao contexto universitario.
Director/a:
Pedro Cuesta Morales
Teléfono contacto:
986 81 20 35
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal; pcuesta@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
20/05/2026 – 22/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
21/05/2026 – 24/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
10 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Laboratorio B00 de la Escuela Superior de Ingeniería Informática (Campus de Ourense)
Horario
26, 27, 28 de maio; 2 e 3 de xuño.
De 10 a 12 horas
Obxectivos
- Comprender os fundamentos da intelixencia artificial xenerativa e o seu impacto nas prácticas docentes e investigadoras actuais.
- Dominar técnicas de elaboración de prompts para optimizar a interacción con modelos de linguaxe e ferramentas creativas baseadas en IA.
- Explorar solucións de IA para a creación automatizada de contidos didácticos, avaliación formativa e personalización da aprendizaxe.
- Aplicar ferramentas de IA no apoio á investigación: revisión bibliográfica, redacción académica e análise de datos.
- Desenvolver un criterio ético e crítico sobre o uso da IA no ámbito universitario, valorando riscos, limitacións e boas prácticas.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
O 75% das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25% restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Condicións de acceso
Profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
Profesorado
Pedro Cuesta Morales
Avaliación
Requirirase asistir ao 80 % das sesións e realizar as actividades propostas no curso.
Titulación
Curso en Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial á docencia e investigación
