
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1204/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
14/07/2025 – 18/07/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
É un curso deseñado para fortalecer as habilidades de comunicación dos docentes. Os participantes reflexionarán sobre a importancia da oratoria no ensino, traballarán a súa confianza escénica, aprenderán técnicas de comunicación verbal e non verbal, deseñarán mensaxes claras e persuasivas e poñerán en práctica o aprendido mediante exercicios prácticos. O obxectivo é facilitar ferramentas para transmitir coñecementos de forma efectiva na aula.
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
07/07/2025 – 10/07/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
08/07/2025 – 11/07/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
12 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Sala 2 Edificio Miralles
Horario
luns, mércores e venres de 9:30 – 13:30
Obxectivos
– Mellorar as habilidades de comunicación verbal e non verbal, promovendo unha expresión clara e persuasiva na aula.
– Fortalecer a capacidade de estruturar ideas, manexar o ton e a dicción.
– Conectar emocionalmente cos alumnos.
– Fomentar un ambiente educativo dinámico e efectivo.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
CLASE 1:
– A importancia da oratoria na docencia.
– A conexión entre a oratoria e a pedagoxía.
– Principios básicos de comunicación efectiva.
– Barreiras de comunicación e como superalas.
CLASE 2:
– A Confianza Escénica:
– Técnicas para superar o medo escénico.
– O uso da voz, a postura e a linguaxe corporal.
– A importancia do contacto visual.
CLASE 3:
– As Ferramentas de Comunicación Verbal e Non Verbal.
– O control do ton, volume e velocidade da voz.
– O uso estratéxico do silencio.
– A linguaxe corporal persuasiva.
CLASE 4:
– O deseño de Mensaxes Claras e Persuasivas:
– Estruturas básicas dun discurso (introdución, desenvolvemento e conclusión).
– A técnica do “storytelling” aplicada ao ensino.
– O manexo de preguntas e a retroalimentación na aula.
Profesorado
Daniel Formoso Vérez
Avaliación
Dous compoñentes complementarios:
Avaliación continua (60%): ao longo do curso, os participantes realizarán exercicios prácticos de forma regular, enfocados en diferentes aspectos da oratoria: modulación da voz, linguaxe corporal, estruturación do discurso, manexo do tempo, entre outros.Cada exercicio será avaliado polo titor con base nos seguintes criterios: Claridade e coherencia da mensaxe. Uso de técnicas traballadas. Participación activa e mellora progresiva
Avaliación final (40%): ao peche do curso, cada docente desenvolverá unha exposición completa sobre un tema pedagóxico ante os seus propios compañeiros. Presentación que será avaliada nos seguintes aspectos:
1)Organización do contido e claridade do propósito comunicativo.
2) Uso efectivo de técnicas de oratoria.
3) Capacidade de conectar coa audiencia.
4) Seguridade, fluidez e manexo dos recursos expresivos.
