Atención á diversidade e inclusión no ámbito universitario

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1205/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

04/07/2025 – 10/07/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

A universidade debe garantir a igualdade de oportunidades proporcionando unha boa formación, independentemente das características, particularidades ou limitacións das alumnas e alumnos. A súa misión é atender de forma equitativa a todas as persoas da comunidade universitaria.

Os obxectivos deste curso son: familiarizar ao profesorado coas necesidades educativas máis habituais do alumnado no ámbito universitario e coas estratexias metodolóxicas e de avaliación máis axustadas as súas necesidades diferenciais. Favorecer actitudes positivas para o desenvolvemento de aulas inclusivas que contribúan a construír unha universidade plural e diversa que aposte pola inclusión.

 

Director/a:

Carlos Vila Lago

Teléfono contacto:

986 812 035

Email contacto:

pscarlosvila@gmail.com, cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
26/06/2025 – 02/07/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
27/06/2025 – 03/07/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

16 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
on line

 

Horario

4, 8, 9,10 de xullo  de 11:00 a 14 :00 horas ON LINE
Tutorización: 4 ao 10 de xullo de 14:00 a 15 horas

 

 

Obxectivos

– Sensibilizar ao profesorado coas necesidades educativas máis frecuentes no ámbito universitario.

– Propor estratexias para atención do alumnado con necesidades educativas nas aulas e nas titorías.

– Proporcionar pautas para a avaliación do alumnado con necesidades educativas.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Orde de inscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

Cuestións xerais da atención á diversidade.
Trastornos específicos de aprendizaxe  (características principais, recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado).
TDAH (características principais, recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado).
TEA (características principais,  recomendacións psicopedagóxicas para o profesorado ).
Problemas emocionais (dificultades máis destacables, estratexias de detección e recomendacións para o profesorado).

 

Profesorado

Carlos Vila Lago
Juan Luis Rodríguez Rodríguez
Hipólito Puente Carracedo

 

Avaliación

Como mínimo utilizaranse os seguintes sistemas de avaliación.

Para as sesións presenciais requirirase asistir ao 80 % das sesións.

Para as sesións virtuais síncronas será necesario achegar un cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta teña catro respostas e unha soa sexa a correcta.