Iniciación á formación para la docencia universitaria

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1229/2
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

12/02/2026 – 29/05/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

En curso

100 prazas

 

Descrición

Este curso ten a finalidade de potenciar o desenvolvemento de competencias e de capacidades transversais no profesorado, con especial énfase no ámbito das metodoloxías educativas, da pedagoxía e do uso de recursos dixitais.
Normativa

 

Director/a:

Fernando Cerdeira Pérez

Teléfono contacto:

986 812 035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
21/01/2026 – 10/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
23/01/2026 – 11/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

30 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
On line. O primeiro día, xoves 12 de febreiro ás 16:00 h haberá unha sesión grabada de inauguración do curso.

 

Horario

Non hai un horario a seguir. Ao ser on line o contido estará a disposición do alumnado na plataforma.

O xoves pola tarde haberá tutorización.

 

 

Obxectivos

Adquirir as competencias (destrezas, habilidades e actitudes) axeitadas para exercer a docencia no marco universitario adoptando criterios pedagóxicos que faciliten o rendemento académico dos estudantes.

>Reflexionar de forma crítica e constructiva sobre os procesos de ensino-aprendizaxe co fin de posibilitar as modificación ou cambios precisos cara unha formación competencial

>Diferenciar e analizar os diferentes recursos tecnolóxicos e as súas posibilidades didácticas para valorar a súa idoneidade de emprego nos procesos de ensino–aprendizaxe.

>Adquirir técnicas de comunicación que permitan unha comunicación dialóxica e unha interacción comunitiva profesor-alumno efectiva.

>Comprometerse coa innovación docente no contexto universitario que permita adaptarse con creatividad ás novas demandas do alumnado e as necesidades curriculares previstas na normativa legal vixente.

>Aplicar métodos, estratexias e técnicas metodolóxicas que permitan mellorar A implicación dos estudantes no seu proceso de aprendizaxe para que sexa significativo e funcional.

>Identificarse cosos valores da Universidade de Vigo e implicarse no seu desenvolvemento para crear unha comunidade implicada coa responsabilidade social da Universidade.

>Adoptar decisións e xerar recursos educativos sen nesgos de xénero e inclusivos que permitan aprender a exercer liderazgos inclusivos e xestionar os riscos de discriminación e abordar a diversidade nas aulas univesitarias.

 

Destinatarios

Poderá participar o profesorado axudante doutor, o profesorado permanente laboral e o persoal investigador con carga docente pertencente a Universidade de Vigo ou o persoal docente dos centros adscritos, se así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado, con menos de cinco anos desde a súa incorporación.

En caso de prazas vacantes na oferta realizada, poderá participar o persoal investigador sen carga docente. Neste caso, a participación nas actividades formativas e a obtención da correspondente acreditación non outorgará á persoa participante a adquisición de ningunha categoría profesional ou vinculación docente coa Universidade de Vigo.

 

Competencias Específicas

Os alicerces da formación do novo profesorado serán as seguintes competencias profesionais:

1. A competencia da pertenza institucional.
2. A competencia de recursos da Universidade de Vigo
3. A competencia de planificación.
4. A competencia metodolóxica.
5. A competencia de recursos tecnolóxicos.
6. A competencia da avaliación.
7. A competencia sociolingüística en galego.
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade

 

Competencias Transversais

As competencias transversais:

a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade

 

Condicións de acceso

Dirixido a:

1.- Profesorado Axudante Doutor de primeiro ano.
2.- Resto do profesorado Axudante Doutor, Contratado Doutor, Permanente Laboral e persoal docente dos centros adscritos, si así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado.
3.- Persoal investigador con carga docente.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Tendrá preferencia o persoal a tempo completo respecto ao persoal a tempo parcial.

 

Profesorado

Luis José Olivares Requejo
Julinda Molares Cardoso
Margarita Rosa Pino Juste
María Raquel Gandón Chapela
Sonia Álvarez López
Manuel Joaquií Reigosa Roger
Fernando Cerdeira Pérez

 

Titulación

Título de formación permanente de profesorado en iniciación á formación para a docencia universitaria.