Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais (CIXUG)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1311/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

14/04/2026 – 14/05/2026

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Matrícula

10 prazas

 

Descrición

LibreOffice e OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación. Daranse as nocións suficientes para elaborar con garantías documentos para grandes proxectos, proxectos de fin de grao ou teses, crear documentación técnica e matemática, manter bibliografías, editar de forma colaborativa, controlar versións de documentos, asinar dixitalmente, configurar e adaptar as contornas de traballo, etc.Tamén se obterán os coñecementos necesarios para unha correcta configuración do paquete ofimático, ben sexa LibreOffice, personalización e adaptación dos mesmos, así como onde obtelo e como complementalo con máis funcionalidades a través das extensións.

 

Director/a:

Óscar Fernández Carballo

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente y CIXUG

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/04/2026 – 10/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
09/04/2026 – 12/05/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.gal/

 

Horario

Por definir (https://www.cixug.gal/cursos/2026-cxg-trucos/)

 

 

Obxectivos

O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos, e boas prácticas á hora de traballar e crear documentos de texto, para un entorno académico, universitario e profesional.

 

Destinatarios

PDI da Universidade de Vigo 

 

Competencias Específicas

  • Adquirir novas destrezas no uso diario do computador
  • Elaborar material dixital de forma eficiente, estándar, perdurable e conforme a lexislación actual
  • Obter recursos multimedia legais e respectando a propiedade intelectual
  • Descubrir novas opcións e posibilidades en contornas ofimáticas
  • Afondar nas aptitudes ofimáticas
  • Aumentar a produtividade no traballo ofimático diario
  • Configurar e adaptar o entorno ofimático ás pretensións e necesidades do usuario
  • Coñecer as licenzas que faciliten compartir o noso traballos
  • Xestionar versións de traballos
  • Sinatura dixital de documentos ofimáticos
  • Protexer o noso traballo ofimático
  • Coñecer o obter tipografías libres de regalías e patentes para os documentos

 

Condicións de acceso

Ser PDI da Uvigo. Prerrequisitos:

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, …) e interacción básica con calquera sistema operativo.

Precisarase un ordenador con acceso a Internet.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Metodoloxía

1. Introdución:

  • Software Libre e software non libre.
  • Cultura Libre e Creative Commons.
  • Obter recursos libres.
  • Formatos estándares.
  • Ofimática: paquetes ofimáticos: Suites ofimáticas, Apache OpenOffice/LibreOffice, Versións e diferencias, Obtención e descarga.
  • Contorna de traballo do Sistema Operativo: Execución eficiente de aplicacións, Atallos de teclado comúns, Manexo e colocación eficiente de fiestras, Xestión de procesos, Monitorización e control de procesos.

2. Creación dixital de documentos enriquecidos:

  • Estilos e formatado.
  • Modelos.
  • Tipografías e fontes libres.
  • Referencias bibliográficas.
  • Exportar a PDF de calidade.
  • Trucos e boas costumes: Barra de estado, Vistas do documento, Navegación rápida polo documento, Seleccións non consecutivas, Pegado especial, Atopar e substituír avanzado,  Separación Silábica, Comentarios, Índices automáticos, Numeración de capítulos, Campos de entrada, Xestión da bibliografía, Notación científica-matemática, Control de versión, Edición colaborativa, Asinado dixital de documentos.

3. Configuración e personalización de LibreOffice:

  • Configuración: Opcións xerais, Opcións de Carga e Gardado, Opcións de Idioma, Autocorrección e autocompletado.
  •  Personalizar: Atallos de teclado, Menús, Barras de ferramentas.

4. Extensións:

  • Descarga de extensión.
  • Xestor de extensións.
  • Extensións engadidas por defecto.
  • Máis extensión.

 

Avaliación

Os criterios que se terán en conta serán: A participación (10 horas de conexión como mínimo), avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc… Posibilidade dunha proba final.

 

Titulación

Curso en Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais