Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1312/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

11/05/2026 – 13/05/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

35 prazas

 

Descrición

Este curso ofrece unha formación de 11 horas dirixida ao profesorado da Universidade de Vigo interesado en integrar experiencias de Collaborative Online International Learning (COIL) nas súas materias.Traballarase que é COIL, porque é relevante para o currículo universitario, como deseñar e desenvolver un proxecto COIL, como integrar a aprendizaxe intercultural, que tecnoloxías elixir e como facilitar a colaboración entre estudantes de distintas universidades e contextos culturais.

 

Director/a:

Óscar Ferreiro Vázquez, Maribel del Pozo Triviño e Santiago Pozo Antonio

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado e Formación Permanente e Vicerreitoría de Internacionalización

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
24/04/2026 – 05/05/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
29/04/2026 – 06/05/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

11 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Sala 1 Edificio Miralles

Sala virtual: Palacio de Congresos

 

Horario

11/05/2026 de 9:30 a 14h e de 16 a 20h en modalidade presencial ou en liña.

13/05/2026 de 16 a 19h en liña.

 

 

Obxectivos

1.Definir que é COIL e distinguilo doutras modalidades de colaboración internacional en liña.

2.Describir as fases de desenvolvemento dun proxecto COIL (busca de socio, deseño, implementación).

3.Deseñar un borrador de proxecto COIL adaptado a unha materia propia (obxectivos, actividades, avaliación, cronograma).

4.Integrar de maneira intencional a aprendizaxe intercultural no deseño do proxecto (obxectivos, actividades, reflexión).

5.Seleccionar ferramentas tecnolóxicas axeitadas para a comunicación e colaboración no proxecto COIL.

6.Planificar a facilitación do proxecto (comunicación co socio, andamiaxe ao alumnado, xestión de incidencias).

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.

Por orde de preinscrición.

Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

Sesión 1: Fundamentos e deseño inicial
  • Que é COIL? Exposición breve sobre a metodoloxía de aprendizaxe colaborativa internacional en liña e a súa relación coa internacionalización na casa. 
  • Por que COIL no teu currículo? Beneficios para o estudantado: desenvolvemento de competencias interculturais, globais e dixitais, así como mellora da empregabilidade. 
  • Como se desenvolve un proxecto COIL? Análise de casos reais e materiais de proxectos COIL; traballo en pequenos grupos para o primeiro deseño (resultados de aprendizaxe, actividades colaborativas síncronas e asíncronas, tarefas de reflexión). 
  • Posta en común do deseño inicial. Presentación dos bosquexos de proxecto, retroalimentación entre pares e resolución de dúbidas. 
Sesión 2: Profundización práctica
  • A aprendizaxe intercultural en COIL. Estratexias para promover a comunicación efectiva, a sensibilidade intercultural e a xestión de malentendidos. 
  • Escoller a tecnoloxía axeitada. Criterios para seleccionar plataformas e ferramentas (accesibilidade, compatibilidade, conectividade, privacidade e usabilidade). 
  • Facilitar un COIL: rol docente e xestión da experiencia. O docente como facilitador e acompañante: conformación de grupos mixtos, seguimento do traballo colaborativo, avaliación formativa e retroalimentación. 
  • Peche e plan de acción persoal. Traballo individual e en parellas para concretar un plan de implementación (cronograma, posibles socios, recursos necesarios) e compartir compromisos finais. 
Sesión 3: Experiencias COIL
  • Os sabores da diversidade: unha experiencia COIL dende a antropoloxía da alimentación  (Universidade de Vigo)
  • Sinergias para el mundo: innovación e internacionalización del Currículo desde la UdeA (Universidad de Antioquia, Colombia)
  • Aulas sin fronteras: COIL como estrategia de innovación curricular e intercambio cultural en la Facultad de Ingeniería de la Universidad de Antioquia (Universidad de Antioquia, Colombia)
  • Aulas globales, competencias laborales: una experiencia COIL para la empleabilidad (Universidad de Castilla-La Mancha)
  • Impulsando COIL en la URV: evolución, estrategia y proyección internacional (Universitat Rovira i Virgili)
  • Cómo involucrar a los profesores en la metodología COIL (Universidad Católica de Valencia San Vicente Mártir)

 

Profesorado

  • Eva Haug
  • Francisco Suay Pérez
  • Beatriz Comendador Rey
  • Alejandra Martínez Ramírez
  • Luz Maritza Areiza Pérez
  • David Carrascosa Cañego
  • Marina Vives Cabré
  • Beatriz Manrique

 

Avaliación

Para superar o curso será necesario:

– Asistencia ao 80% da formación.

– Entrega dun borrador de deseño de proxecto COIL vinculado a unha asignatura concreta.

– Plan de pasos seguintes (a curto e medio prazo) para levar o proxecto á práctica.

 

Titulación

Curso en Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)