Cómo aumentar a motivación do estudantado universitario

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1315/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

07/05/2026 – 21/05/2026

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Preinscrición

25 prazas

 

Descrición

A motivación é un aspecto esencial no proceso de ensino-aprendizaxe no contexto universitario. E tamén supón un gran reto para os docentes. A motivación do estudantado asociouse ao seu rendemento académico, así como á súa asistencia e participación en clases. Ademais, a motivación tamén se relaciona coa aprendizaxe significativa. A motivación na aula pode ser aumentada a través de diversas pautas específicas e ferramentas. Este curso nace coa intención de facilitar ao profesorado este coñecemento a nivel teórico e práctico.

 

Director/a:

Fernando Cerdeira Pérez

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
28/04/2026 – 04/05/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
30/04/2026 – 05/05/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

8 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
En liña

 

Horario

Curso dun total de 20h

  • Sesións virtuais síncronas (12h): 7, 14 e 21 de maio de 16 a 20h
  • Traballo autónomo do alumnado (8h)

O alumnado dispoñerá, dentro das 8 horas de traballo autónomo, da posibilidade de solicitar titorización individual ou en pequenos grupos co obxectivo de liquidar calquera posible dúbida así como recibir axudar para a realización dos exercicios prácticos.

 

 

Obxectivos

  • Coñecer as características da motivación.
  • Analizar as diferenzas entre o estudantado con motivación intrínseca e o estudantado con motivación extrínseca.
  • Coñecer e aplicar estratexias xerais e específicas para aumentar a motivación do estudantado.
  • Profundar nos elementos fundamentais do proceso de ensino-aprendizaxe: estrutura da clase, rol do docente e rol do estudantado.
  • Introducir as metodoloxías dinámicas de ensino-aprendizaxe.
  • Coñecer e poñer en práctica algunhas estratexias de gamificación como ferramentas motivacionais na docencia.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.

 

Condicións de acceso

Profesorado da Universidade de Vigo.

 

Criterios de selección

  • Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
  • Por orde de preinscrición.
  • Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Metodoloxía

  • Concepto de Motivación.
  • Motivación do estudantado: Estudantado con motivación Extrínseca; Estudantado con motivación Intrínseca; Pautas específicas para aumentar a motivación; Estratexias Xerais para aumentar a motivación.
  • Principios básicos no proceso de ensino-aprendizaxe: Estrutura da clase; Rol docente; Rol do estudantado.
  • Metodoloxías dinámicas de ensino-aprendizaxe.
  • Uso da gamificación como ferramenta motivacional na docencia. Algunhas ferramentas útiles.

 

Profesorado

Carmen María Galvez Sánchez

 

Avaliación

A avaliación realizarase a través de 2 exercicios prácticos nos cales o profesorado participante deberá aplicar o aprendido no curso (80% da avaliación). Tamén se terá en conta a asistencia ás catro sesións teóricas como parte da avaliación do curso (20% da avaliación). Ademais, utilizarase un sistema anónimo de enquisa para coñecer as opinións sobre o curso e as propostas de mellora para futuras edicións

 

Titulación

Curso en Como aumentar a motivación do estudantado universitario.