
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1318/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
16/06/2026 – 30/06/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Próximamente
Descrición
Este curso ofrece sacar partido ás ferramentas dixitais de Microsoft 365 para a súa docencia. Aprenderase a organizar e compartir materiais de forma segura na nube, a xestionar o correo e o calendario con maior eficiencia, e a crear enquisas e cuestionarios con corrección automática para a avaliación do alumnado. Tamén se traballará o deseño de espazos dixitais de materia, a gravación e publicación de vídeos explicativos, e a xestión de clases e titorías en liña. Ademais, o curso inclúe unha introdución ao uso da intelixencia artificial de Microsoft a través de Copilot, unha ferramenta que axuda a planificar materias, xerar actividades e redactar contidos docentes de forma áxil. Ao remate, o profesorado contará con recursos e habilidades concretas para integrar a tecnoloxía no seu traballo diario.
Director/a:
Pedro Celard Pérez
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2026 – 04/06/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
03/06/2026 – 07/06/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
15 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Laboratorio B00 da Escola Superior de Enxeñería Informática (Campus de Ourense)
Horario
16, 17, 18, 23, 25, 30 de xuño
De 9:30 a 12h
Obxectivos
- Coñecer e manexar con soltura o contorno de Microsoft 365 para organizar, almacenar e compartir materiais docentes de forma segura e eficiente.
- Utilizar Copilot para apoiar a planificación de asignaturas, a xeración de contidos e a automatización de tarefas habituais na docencia.
- Xestionar a comunicación académica e a axenda profesional mediante Outlook, optimizando o tempo dedicado ao correo e á coordinación con alumnado e colegas.
- Crear recursos dixitais de calidade: páxinas de asignatura con SharePoint, cuestionarios de avaliación con Forms e vídeos explicativos con Stream.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
O 75% das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25% restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Condicións de acceso
Profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
- Módulo 1. Introdución e contorno Microsoft 365: Que é Microsoft 365: licenzas, plans universitarios e nube; Acceso desde calquera dispositivo: web, escritorio e móbil; Organiza e protexe os teus materiais con OneDrive.
- Módulo 2. Copilot: uso da IA de Microsoft 365: Como interactuar con Copilot de forma eficaz; Deseña materias e planificacións; Xera contido docente: explicacións, actividades e exemplos.
- Módulo 3. Outlook: correo, calendario e contactos: Interface, cartafoles, bandexa de entrada e filtros intelixentes; Automatizar tarefas con regras, categorías e filtros; Plantillas de correo para responder en segundos; Planificar clases, titorías e reunións co calendario.
- Módulo 4. Formularios: enquisas e cuestionarios con resultados: Deseña formularios e cuestionarios profesionais; Tipos de preguntas para avaliar mellor; Corrección automática e análise de respostas; Uso en avaliación continua e feedback do alumnado.
- Módulo 5. SharePoint: crea o teu espazo docente en liña: Deseña páxinas atractivas para a túa materia; Organiza contidos de forma clara para o alumnado; Comparte materiais de forma sinxela e segura.
- Módulo 6. Stream: gravación de vídeo: Gravación de pantalla e vídeo para clases e explicacións; Edición básica de vídeo e audio; Publicación e acceso para o alumnado.
Profesorado
Pedro Celard Pérez
Avaliación
Requirirase asistir ao 80 % das sesións e realizar as actividades propostas no curso.
Titulación
Curso en Ferramentas Office365 para a docencia universitaria
