
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1320/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
06/07/2026 – 13/07/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Descrición
Este curso ofrece ao profesorado unha introdución práctica ao uso da intelixencia artificial xenerativa como apoio á actividade docente. Ao longo de tres sesións preséntanse os conceptos fundamentais da IA xenerativa, os seus mitos e realidades, así como os principais riscos e consideracións éticas asociadas ao seu uso. Trabállase con ferramentas de uso común (Copilot, ChatGPT, NotebookLM e Claude, entre outras) a través de casos de uso reais orientados á creación de materiais didácticos, a xestión de documentación, a corrección de exercicios e o apoio á programación. O curso combina sesións presenciais cun traballo autónomo no que cada docente deseña un caso de uso aplicable á súa materia, con vistas á súa implantación nun programa piloto.
Director/a:
Fernando Cerdeira Pérez
Teléfono contacto:
986812035
Email contacto:
cpfp.innovacion@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
23/06/2026 – 01/07/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
29/06/2026 – 02/07/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
9 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Aula 4 Edificio Miralles (Campus de Vigo)
Horario
Luns 06/07/2026, mércores 08/07/2026 e luns 13/07/2026 de 10 a 13h
Obxectivos
- Explorar as posibilidades da intelixencia artificial xenerativa para mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.
- Coñecer as ferramentas de IA xenerativa máis habituais e os seus principais casos de uso no ámbito docente.
- Capacitar ao profesorado para integrar estas ferramentas na preparación de materiais, a xestión documental e a corrección de exercicios.
- Identificar áreas de mellora nos métodos pedagóxicos e fomentar unha maior participación do alumnado.
- Reflexionar sobre os riscos e as consideracións éticas asociadas ao uso da IA na docencia.
- Deseñar casos de uso propios, aplicables a cada materia, con vistas á súa implantación nun programa piloto.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
- Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
- Por orde de preinscrición.
- Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
Profesorado
Avaliación
Requerirase asistir ao 80 % das sesións.
Titulación
Curso en IA Xenerativa. Por que na docencia e na investigación?
