Planes de Igualdad

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1321/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

15/09/2026 – 26/11/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

8.0 ECTS

Estado

40 prazas

 

Descrición

O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade está organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Este específico curso constitúe unha proposta formativa orientada á capacitación en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral, cun enfoque eminentemente práctico e interdisciplinario.

O curso aborda de maneira integral o marco normativo, a negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade, así como os instrumentos complementarios vinculados á transparencia retributiva, auditorías salariais, protocolos fronte ao acoso sexual e por razón de sexo e medidas de protección das persoas LGTBI. A formación combina docencia síncrona presencial con contidos asíncronos a través da plataforma Moovi da Universidade de Vigo, permitindo unha metodoloxía flexible adaptada á formación continua de profesionais.

O carácter diferenciador do título reside na participación de persoal docente universitario especializado, integrantes da Inspección de Traballo e Seguridade Social, maxistratura social e representacións das organizacións sindicais e empresariais máis representativas, proporcionando unha visión completa, práctica e actualizada da negociación colectiva e da implantación efectiva dos plans de igualdade nas organizacións.

 

Director/a:

Marta Fernández Prieto / Irene Dozo Mougán

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

mfprieto@uvigo.gal / idozo@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
01/07/2026 – 31/07/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
20/08/2026 – 10/09/2026

Inscrición / Matrícula

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

64 horas

Docencia non presencial

16 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, Vigo – plataforma moovi

 

Horario

martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
30 € 27 € 25.5 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O Diploma de Curso de Formación Universitaria en Plans de Igualdade ten como obxectivo, dende un punto de vista xurídico, estratéxico, piscoanalítico e práctico, proporcionar unha formación especializada e aplicada en materia de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no ámbito das relacións laborais. Unha formación especializada que capacite ao alumnado para participar nos procesos de negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade nas organizacións.

Os contidos do presente curso, estructúranse en 6 módulos de carácter teórico e práctico, buscando ofrecer unha comprensión integral do marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no emprego, así como das obrigas empresariais derivadas da normativa vixente en materia de plans de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso sexual e por razón de sexo.

  • Entre os seus obxectivos específicos destacan:
  • Adquirir capacidade papra manexar fontes xurídicas laborais.
  • Coñecer o réxime xurídico aplicable á igualdade e non discriminación no ámbito laboral
  • Identificar e analizar situacións de desigualdade nas organizacións mediante ferramentas de diagnose
  • Adquirir competencias para participar na negociación colectiva e no deseño de medidas deigualdade
  • Capacitar para a elaboración, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade
  • Comprender os mecanismos de transparencia retributiva, rexistro salarial e auditoría retributiva
  • Analizar protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso sexual, por razón de sexo e fronte á discriminación das persoas LGTBI
  • Desenvolver habilidades de comunicación, negociación e resolución de conflitos aplicadas ás relacións laborais
  • A formación ten unha orientación eminentemente práctica e multidisciplinaria, vinculada ás necesidades actuais das organizacións públicas e privadas.

 

Destinatarios

O curso está dirixido a persoas que posúan titulación universitaria oficial de Grao ou Licenciatura especialmente nos ámbitos de:• Dereito• Relacións Laborais e Recursos Humanos• Ciencias do Traballo• Ciencias Económicas e Empresariais• Administración e Dirección de Empresas• Ou Diplomatura de Relacións Laborais e Recursos HumanosTamén poderán matricularse profesionais con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoramento laboral e representación empresarial ou sindical que reúnan os requisitos legais de acceso a estudos universitarios.Igualmente, poderán acceder persoas cunha especial vinculación profesional ou experienciaacreditada no ámbito obxecto do curso, aínda que non reúnan os requisitos xerais de accesouniversitario, sen que este colectivo supere o 50 % do total do alumnado matriculado, deconformidade co Regulamento de Formación Permanente da Universidade de Vigo.O perfil de ingreso recomendado corresponde a persoas interesadas en adquirir competenciasespecializadas para participar na negociación, elaboración, implantación, seguimento e avaliación de plans de igualdade nas organizacións públicas e privadas.

 

Saídas Profesionais

Este curso aporta un valor engadido ás persoas profesionais do ámbito das relacións laborais, recursos humanos, asesoramento xurídico-laboral e negociación colectiva, ao proporcionar formación especializada en Plans de Igualdade. A formación adquirida permitirá participar na negociación, elaboración, implantación e avaliación de plans de igualdade, así como no deseño de medidas de igualdade, transparencia retributiva e prevención do acoso nas organizacións públicas e privadas. As competencias adquiridas poderán aplicarse en departamentos de recursos humanos, asesorías laborais, organizacións sindicais e empresariais, administración pública, consultoría especializada e entidades vinculadas á igualdade e ás relacións laborais.

 

Idioma

Castelán e galego

 

Competencias Específicas

Ser capaz de analizar o marco normativo regulador da igualdade e non discriminación por razón de sexo no ámbito laboral e das relacións laborais.

Ser capaz de identificar situacións de desigualdade nas organizacións mediante técnicas de diagnose e análise da información laboral e retributiva.

Ser capaz de aplicar instrumentos técnicos e xurídicos para a elaboración, negociación, implantación, seguimento e avaliación dos plans de igualdade.

Ser capaz de deseñar medidas de igualdade e transparencia adaptadas ás necesidades organizativas.

Ser capaz de deseñar medidas de prevención do acoso sexual e por razón de sexo adaptadas ás necesidades organizativas.

Ser capaz de desenvolver habilidades de comunicación, negociación colectiva e resolución de conflitos vinculadas á implantación de políticas de igualdade nas organizacións.

Ser capaz de aplicar estratexias e técnicas de comunicación e participación que favorezan a implicación activa das persoas participantes nos procesos de negociación e implantación de medidas de igualdade.

 

Competencias Transversais

Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e fundamentada

Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara, rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais

Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculadosás relacións laborais e á igualdade.

Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos no ámbito laboral

Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á igualdade de oportunidades e á non discriminación.

Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados coa igualdade e diversidade nas organizacións.

Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación, comunicación e xestión da información no ámbito labora

 

Condicións de acceso

1) Titulados/as universitarios.

2) Alumnos/as da universidade.

3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.

4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

1) Documento de identificación

2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos (non ter o título)

3) Certificado de experiencia profesional ou equivalente, se procede

 

Criterios de selección

1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso (as persoas sen titulación universitaria en porcentaxe non superior ao 50% do total do alumnado).

2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.

 

Metodoloxía

 

Profesorado

Ser capaz de analizar información xurídica, organizativa e social de maneira crítica e
fundamentada

Ser capaz de comunicar conclusións, propostas e medidas de igualdade de forma clara,
rigorosa e adaptada aos distintos contextos profesionais

Ser capaz de traballar de maneira colaborativa en contornos multidisciplinares vinculados
ás relacións laborais e á igualdade.

Ser capaz de desenvolver habilidades de negociación, mediación e resolución de conflitos
no ámbito laboral

Ser capaz de identificar problemas organizativos e propoñer solucións vinculadas á
igualdade de oportunidades e á non discriminación.

Ser capaz de adaptar a práctica profesional aos cambios normativos e sociais relacionados
coa igualdade e diversidade nas organizacións.

Ser capaz de utilizar ferramentas dixitais e recursos tecnolóxicos aplicados á formación,
comunicación e xestión da información no ámbito labora

 

Avaliación

Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas

Entrega das tarefas e os cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en plans de igualdade