
Experto
Ámbito: Ciencias biomédicasCódigo: TCS:1322/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
18/09/2026 – 30/06/2027
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
24.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal. O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.
O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel. O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornas reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.
1º Prazo
- 1º prazo de preinscrición: do 1 de xuño ao 13 de xullo de 2026
- Listado provisional: 16 de xullo 2026
- Reclamacións do 17 ao 21 de xullo de 2026
- Listado definitivo: 23 de xullo de 2026
- 1º prazo de matrícula: do 24 ao 30 de xullo de 2026
2º prazo
- 2º prazo de preinscrición: do 31 de xullo ao 30 de agosto de 2026
- Listado provisional: 2 de setembro de 2026
- Reclamacións do 3 ao 4 de setembro de 2026
- Listado definitivo: 8 de setembro de 2026
- 2º prazo de matrícula: do 9 ao 11 de setembro de 2026
Director/a:
Mª Inmaculada Franco Matilla, María José Pérez Álvarez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
inmatec@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/06/2026 – 13/07/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
24/07/2026 – 30/07/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
97 horas
Docencia non presencial
39 horas
Prácticas en empresa
60 horas
Lugar de impartición
As clases presenciais e de laboratorio serán impartidas na Facultade de Ciencias de Ourense. A formación virtual será a través do Campus remoto da Universidade de Vigo. Para a documentación e titorización empregarase a plataforma de teledocencia MooVi.
- Nº de horas síncronas presenciais: 97 h
- Nº de horas síncronas virtuais: 39 h
- Nº de horas de prácticas externas: 60 h
Horario
Xoves e venres de 16h a 20h e sábados 20 de setembro e 29 de novembro
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 290 € | 261 € | 246.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras
-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.
-Identificar as súas necesidades formativas e organizar o seu aprendizaxe de forma autónoma.
Destinatarios
Titulados/as universitarios e titulados/as de Formación Profesional de Grado Superior con experiencia profesional
Saídas Profesionais
As capacidades, coñecementos e habilidades que debe adquirir o estudantado ao rematar os estudos de experto son:
-Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
-Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
-Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
-Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
-Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
-Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras
-Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.
Competencias Específicas
Capacidade de aprendizaxe autónomo.
Capacidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
Capacidade para a investigación e innovación no ámbito profesional.
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novos contornos relacionados coa súa área de estudo.
Que o alumnado saiba comunicar de forma clara as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan.
Que o alumnado sexa capaz de aplicar as ferramentas, técnicas e tecnoloxías adecuadas para a definición, desenvolvemento e análise de proxectos de mellora e innovación.
Coñecemento, xestión, descrición e identificación de forma detallada e integrada de todos os aspectos do termalismo.
Coñecemento, comprensión e identificación das aplicacións terapéuticas e preventivas do termalismo
Coñecemento e comprensión da estrutura e propiedades das augas minerais e termais e de todos os produtos hidrominerais
Coñecemento, comprensión e manexo dos aspectos dermocosméticos do termalismo.
Coñecemento e comprensión dos indicadores de calidade da auga mineral desde o punto de vista terapéutico, biolóxico, químico, xeolóxico e cosmético.
Ter coñecementos dos aspectos éticos e legais do termalismo
Coñecemento e comprensión dos requisitos técnicos para o deseño óptimo das instalacións térmicas
Recoñecemento dos distintos niveis de organización nos centros termais
Comprender os riscos asociados ao termalismo.
Coñecementos de investigación, innovación e valorización nas distintas áreas do termalismo.
Condicións de acceso
– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.
REQUIRIMENTOS DE ACCESO AOS TÍTULOS MODULARES :
Cumprir os requisitos de acceso ao título de experto.
Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Título académico
2) Expediente académico
3) Experiencia profesional
Criterios de selección
1. Expediente académico 90%
2. Experiencia profesional 10%
Metodoloxía
O título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal.
O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, hasta súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.
O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais.
O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal na formulación de produtos para o coidado da pel.
O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, como problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.
Durante o 1º Cuatrimestre impartiranse os Módulos 1 e 2. E xa no 2º Cuadrimestre impartiranse os Módulos 3 e Prácticas Externas.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200849 | Hidrogeología | Obligatoria | 1.0 |
| 200850 | Calidad Química del Agua | Obligatoria | 1.5 |
| 200851 | Calidad microbiológica del agua | Obligatoria | 1.5 |
| 200852 | Régimen jurídico de las aguas mineromedicinales y termales | Obligatoria | 0.6 |
| 200853 | Innovación en Termalismo | Obligatoria | 1.4 |
| 200854 | Dermocosmética | Obligatoria | 2.0 |
| 200855 | Dermocosméticos elaborados con agua minero-medicinal y sus derivados | Obligatoria | 2.5 |
| 200856 | Indicaciones de la medicina termal | Obligatoria | 5.5 |
| 200857 | Aplicaciones terapéuticas de la medicina termal | Obligatoria | 3.5 |
| 200858 | Visitas a instalaciones termales | Obligatoria | 1.0 |
| 200859 | No Informada | Obligatoria | 3.0 |
Profesorado
- Inmaculada Franco Matilla, Tecnoloxía dos Alimentos, Departamento Enxeñaría Química
- María José Pérez Álvarez, Microbioloxía Departamento, Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
- Pedro Antonio Araujo Nespereira, Xeodinámica Externa Departamento Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio
- José Ángel Cid Fernández, Enxeñaría Cartográfica Xeodésica, Departamento Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente
- Elena Falqué López, Química Analítica, Departamento Química Analítica e Alimentaria
- Julia Carballo Rodríguez, Microbioloxía, Departamento Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde
- Herminia Domínguez González, Enxeñaría Química, Departamento Enxeñaría Química
- José Luis Legido Soto, Física Aplicada, Departamento Física Aplicada. Instituto de Física Campus de Ourense
- Carmen Paula Gómez Pérez, Física Aplicada, Departamento Física Aplicada
- Roberto Bustillo Bolado, Dereito Administrativo, Departamento de Dereito Público
- Mª Concepción Pérez Lamela, Nutrición e Bromatoloxía, Departamento Química Analítica e Alimentaria
- Mª Dolores Pérez Torres, Enxeñaría Química, Departamento Enxeñaría Química
- Sofía Salgado Pontón, Dereito Administrativo, Departamento de Dereito Público
- José Angel Vázquez Barquero, Fundamentos de Análise Económica, Departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institución
- Rosa Meijide Failde, Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas. Facultade de Ciencias da Saúde. Universidade da Coruña.
- Francisco Maraver Izaguirre. Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Radioloxía, Rehabilitación e Fisioterapia. Facultad de Medicina. Universidad Complutense de Madrid
- María Lorena Vela Iglesias. Radioloxía e Medicina Física, Departamento de Radioloxía, Rehabilitación e Fisioterapia. Facultad de Medicina. Universidad Complutense de Madrid
- Eder Peña Quinbaya. Acción Física Humana Departamento Acción Física Humana. Facultad de Ciencias de la Salud. Universidad de Caldas. Colombia
- Juan Jesús Gestal Otero. Medicina Preventiva e Saúde Pública, Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermería e Medicina. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
- Mª Lourdes Mourelle Mosqueira Peloides Termales S.L. Investigadora da Empresa de Base Técnologica Peloides Termales SL. e do Grupo de investigación FA2 (UVIGO)
- Mª Dolores Fernández Márquez Caldaria Directora Médica dos Balnearios do Grupo Caldaria
- Antonio Freire Magariños. Gala Termal y Iberik, Director Medico dos Balnearios Aguas Santas e Guitiriz
- Salvador Ramos Rey. Talaso Atlántico, Director Medico do Talaso Atlántico
- Mª Carmen Valenzuela Rico. Balneario de Archena, Directora Médica do Balneario de Archena (Murcia)
- Pablo García Vivanco Farmacia Prieto-Vivanco, Especialista Dietética e Nutrición
Observacións sobre as prácticas
As prácticas en empresas no Curso de Experto en Auga, Termalismo e Saúde do Campus Auga de Ourense son clave por varias razóns:
1. Aplicación práctica da teoría: Permiten integrar os coñecementos teóricos nun entorno real de traballo, mellorando a comprensión do sector.
2. Desenvolvemento profesional: O estudantado adquire competencias específicas do sector termal, como a xestión das augas termais e o benestar, aumentando a sua empregabilidade.
3. Fomento da empregabilidade: A experiencia práctica facilita a inserción laboral e o contacto con posibles futuros empregadores.
4. Formación integral: Asegura unha preparación completa, combinando teoría con práctica real, e mellora a comprensión do uso terapéutico das augas termais.
En resumen, as prácticas ofrecen unha formación máis completa e práctica, esencial para o desenvolvemento profesional e a conexión co sector do termalismo.
Avaliación
Cada materia avaliará a asistencia, participación e actividades propostas.
A o finalizar cada modulo farase un exame conxunto dos coñecementos das materias impartidas no dito modulo. A nota final comporase da calificación obtida no exame e o 40 % restante, de forma ponderada según a carga docente de cada materia, das outras actividades evaluadas. No caso dás Prácticas Externas avaliaranse mediante a realización dunha memoria que terá que ser entregada unha semana, como máximo, despois da finalización da práctica.
1º OPORTUNIDADE:
Módulo 1 – 19 de novembro de 2026
Módulo 2 – 28 de xaneiro de 2027
Módulo 3 – 30 de abril de 2027
2º OPORTUNIDADE:
Módulo 1 – 24 de xuño de 2027
Módulo 2 – 25 de xuño de 2027
Módulo 3 – 26 de xuño de 2027
Titulación
Experto en auga, termalismo e saúde
