A docencia que reconecta

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo:  1327/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

22/09/2026 – 06/10/2026

Modalidade

Virtual síncrono

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

 

15 prazas

 

Descrición

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administrado por Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto.
Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral.
A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análise de datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e a adaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datos institucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.

 

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrao e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición 
08/09/2026 – 10/09/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula 
09/09/2026 – 11/09/2026

 

Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia virtual

25 horas síncronas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

 

Horario

1ra sesión: martes, 22 de setembro de 9:00 a 14:00.

2da sesión: xoves, 24 de setembro de 9:00 a 14:00.

3ra sesión: martes, 29 de setembro de 9:00 a 12:00.

4ta sesión: xoves, 1 de outubro de 9:00 a 14:00.

5ta sesión: martes, 6 de outubro de 9:00 a 14:00.

 

Obxectivos

Obter os coñecementos necesarios para desenvolver programas informáticos empregando a linguaxe de programación Python e aplicalos á resolución de problemas de computación diversos.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao PDI da Universidade de Vigo.

 

Condicións de acceso

Ser PDI da Uvigo

Prerrequisitos: Coñecementos básicos de informática. Recomédase ter un dominio básico do inglés para o manexo de ferramentas informáticas e a consulta de documentación técnica.

Precisarase equipo informático equipado con cámara web e micrófono, con acceso a internet. Ademais, necesaria a instalación do intérprete do lenguaxe Python 3 e un editor de texto adecuado para a edición de programas informáticos (recoméndase VS Code). Na primeira sesión do curso daránselle indicacións ao alumnado acerca de cómo instalar estos programas se o necesitan.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Metodoloxía

  1. Introdución a Python, E/S básica (3 horas): Instalación da contorna de traballo e boas prácticas (PEP8), Visualización mensaxes por consola (print), Introdución de texto por teclado (input), Tipos de datos básicos (enteiros, coma flotante, texto, booleanos), Operacións aritméticas, lóxicas e de comparación.
  2. Variables e estrcturas de datos (4 horas): Declaración de variables, Listas, tuplas e diccionarios, Conxuntos, Cadeas de texto (str), Formato de cadeas de caracteres, redondeo de cifras, Comprensión e expresións compactas, Conversións entre tipos de datos.
  3. Control de fluxo do programa e xestión de errores (4 horas): Estructura condicional (if-elif-else), Bucles (for, while), Rangos, Xestión de errores con try/except, Manexo de datos defectuosos ou incompletos, validación, Coincidencia de patróns (match), Xeración de números pseudoaleatorios.
  4. Funcións e modularización (4 horas): Definición e invocación de función, Métodos de axuda e documentación, Funcións recursivas, Funcións xeradoras, Argumentos variables: *args, *kwargs, Type hints, Organización do código en módulos.
  5. Ficheiros, xeradores e procesamento eficiente de datos (3 horas): Apertura e peche de ficheiros, Lectura e escritura secuencial de datos en ficheiros, Uso de with, Manipulación de datos tabulares, Funcións xeradoras, uso de yield, Expresións xeradoras.
  6. Introdución á programación orientada a obxectos (3 horas): Definición de clases, atributos e métodos, Conceptos de herdanza e polimorfismo, Métodos especiais, Dataclasses.
  7. Paquetes de terceiros (4 horas): O índice de paquetes de Python (PyPI), Instalación de paquetes de terceros, Paquetes de uso frecuentes no análise e procesamento de datos: NumPy, Pandas, Matplotlib.

 

Profesorado

Jairo Chapela Martínez

 

Avaliación

Os criterios que se terán en conta serán: A participación (10 horas de conexión como mínimo), avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc… Posibilidade dunha proba final.

 

Máis información