A oferta comprende cursos de especialista, de experto, diplomas avanzados ou mestrados propios
A Universidade de Vigo xestiona, baixo o paraugas do Centro de Posgrao e Formación Permanente, unha oferta de titulacións propias vinculadas ás necesidades e demandas da sociedade, complementando os estudos universitarios. Para o primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025 a oferta abranguerá máis de 20 titulacións que xa teñen aberto o prazo de preinscrición. Como explica Fernando Cerdeira, director do CPFP, trátase de “estudos de posgrao e titulacións propias deseñados especialmente para favorecer a empregabilidade, a reciclaxe e a promoción profesional das persoas e atendendo, de forma especial, ás necesidades formativas do estudantado e do persoal docente da UVigo”. A estes títulos súmase como principal novidade para o vindeiro curso o Máster Universitario en Biofabricación, un novo mestrado oficial interuniversitario impartido polas tres universidades galegas que, por abranguer varios eidos do coñecemento, depende do CPFP en lugar de dunha escola ou facultade.
Unha vintena de titulacións propias, cinco novidades
Entre a vintena de títulos propios que oferta o CPFP para o vindeiro curso hai cinco novidades. Por unha banda…