O Programa para Maiores abre o prazo de preinscrición e presenta unha nova estrutura académica similar aos graos

O próximo curso traerá importantes cambios para o Programa para Maiores, que renova a súa estrutura e organización interna. Deste xeito, en lugar dos cinco anos que ata agora levaba completar a formación, serán seis, de modo que o Ciclo Intensivo pasará de tres a catro anos e o Integrado manterase en dous. Así o explica o director do programa, José Luís González Cespón, que recalca que se trata de que se pareza o máis posible aos graos, tanto na estrutura como na formación. Para iso, as horas de docencia pasarán tamén a contabilizarse en créditos ECTS, como o resto da formación regrada que se imparte na UVigo.

Esta iniciativa, que agora ten acubillo na Escola Aberta de Formación Permanente, está aberta a persoas de 55 anos ou máis e ten como finalidade que esetas “manteñan a ilusión por seguir aprendendo despois de completar a súa andaina profesional”. Deste xeito, a través dos dous ciclos, trátase de facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento cultural, social e persoal, tanto se non puideron acceder á universidade no seu momento …

Ler a nova no DUVI