Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial
A acción formativa Loxística Dixital é unha titulación propia da Universidade de Vigo, e forma parte das accións subvencionadas polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, segundo a orde TMA/780/2022, do 21 de xullo, para a realización de cursos de formación para a capacitación dixital e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O título dará a coñecer os elementos empregados na dixitalización destes sistemas con tecnoloxías
como IoT, almacenamento de datos, simulación etc.
O obxectivo da acción formativa é dar a coñecer aos profesionais actuais ou potenciais dos sistemas loxísticas as últimas ferramentas dixitais que son susceptibles de ser aplicadas nos subsistemas que están relacionadas co transporte de pezas e produtos industriais, con especial énfase nos sistemas intra-loxística e a súa interacción cos sistemas de transporte e de almacenaxe.
Tamén abordará a planificación e deseño destes sistemas, non só o seu coñecemento de forma
descritiva e funcional. Veranse ferramentas de simulación para o dimensionamiento de sistemas loxísticos.
Farase fincapé na comunicación distribuída, Internet of Things, serán obxecto de interese, así como as ferramentas de codificación e realización de sistemas dixitalizados e, en xeral, as tecnoloxías que caracterizan a Industria 4.0.
Será tamén un obxectivo dar a coñecer as tecnoloxías avanzadas en operatividade loxística como os sistemas robóticos e de maquinaria especializada para o movemento e manipulación de produtos.
O título está orientado tanto a profesionais actuais e futuros do sector da da intra-loxística industrial, que comprende, entre outros: sistemas de almacenaxe industrial, sistemas transportadores automáticos de pezas dentro de plantas industriais (manutención industrial), sistemas de manipulación automática de pezas (principios básicos de robótica e máquina especializada).
Coñecer a arquitectura dixital dos sistemas de intra-loxística industrial.
Coñecer as tecnoloxías dixitais base(hardware e software) para a realización de sistemas de intra-loxística industrial.
Coñecer o principio de funcionamento dixital dos medios loxísticos industriais representativos: manutención, almacenaxe, manipulación, packaging.
Capacidade de toma de decisións de deseño e dimensionamiento de sistemas loxísticos industriais empregando ferramentas dixitais.
Capacidade de toma de decisións de deseño para a integración dixital de sistemas intralogísticos industriais con outros procesos.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200337 | Tecnologías de digitalización aplicadas a la logística industrial | Obligatoria | 15.00 |
Estudo completo
Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial