Transformación Áxil de Organizacións
Neste curso aprenderás a aplicar unha ampla gama de coñecementos e habilidades relacionadas coas metodoloxías e enfoques de xestión Agile, Scrum, Kanban e Lean no ámbito profesional. Respecto a Agile, comprendendo o seu enfoque centrado nas persoas, colaboración, adaptabilidade e entrega de valor. Isto complementarase co estudio en detalle de Scrum, un dos frameworks áxiles máis populares. Obterás unha comprensión de ScRum, aprendendo sobre os roles e responsabilidades, como o Product Owner, o Scrum Master e o Equipo de Desenvolvemento xunto as súas prácticas máis habituais como as reunións diarias de Scrum, a planificación e as revisións, así como os diferentes artefactos que se empregan, sendo todo elo enfocado a diferentes tipoloxías de organizacións e industrias (Non solo as de desenvolvemento informático).
Por outro lado, poderás profundar na metodoloxía visual de xestión de fluxo e traballo con Kanban. Aprenderás a deseñar os taboleiros característicos da metodoloxía Kanban, establecer límites de traballo no progreso, xestionar o fluxo e utilizar métricas para unha mellora continua.
Por último, todo elo, complementarase coa revisión de aplicacións e enfoques dos principios de Lean e como se poden empregar na transformación das organizacións permitindo identificar e optimizar procesos e mellorar a eficiencia operativa da organización.
No curso tamén se traballarán conceptos transversais propios de organizacións áxiles, revisando estratexias e mellores prácticas aprendendo sobre a xestión do cambio, da creación dunha cultura áxil, da formación de equipos de alto rendemento e da implantación de prácticas áxiles en diferentes áreas funcionais.
O curso de Transformación Áxil de Organizacións (TAO) ten como obxectivo formar aos estudantes con coñecementos extensos sobre os diversos tipos de metodoloxías áxiles que existen no mercado e que son utilizadas pola maior parte das empresas.
Aumentar o rendemento e a coordinación dos estudantes ao encontrarse e traballar con diferentes membros do equipo siguiendo metodologías ágiles.
Coñecer as metodoloxías áxiles que empregan as empresas e aprender a traballar con elas co obxectivo de obter un rendemento adecuado.
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito do desenvolvemento das metodoloxías áxiles sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de metodoloxías áxiles.
Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma podese conxugar os coñecementos propios dun campo específico coa aplicación destas metodoloxías áxiles.
- Metodoloxía Agile.
- Metodoloxía Kanban.
- Metodoloxía Lean.
- Metodoloxía Scrum.
Coñecer as metodoloxías áxiles: Kanban, Lean, Scrum e Agile e como son aplicadas polas empresas.
Traballar en equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, proporcionando axuda ao equipo dunha empresa mediante estratexia adecuada.
Aplicar e participar nas metodoloxías áxiles en equipo.
Aprender competencias dixitais.
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxe tivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de actividade profesional
- Cubrir formulario de admisión sobre criterios de formación
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200363 | Transformación Ágil de Organizaciones | Obligatoria | 15.00 |
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten.
No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores. A proba de recuperación realizarase só no caso de non superalo.
Transformación Áxil de Organizacións