ESTUDOS / Títulos propios

Python para a análise de datos

Python para a análise de datos
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1218/1
Inicio e fin
Calendar 03/02/2026 - 05/03/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 5
Plazas
50
Preinscrición pechada
03/09/2025 - 08/01/2026
Matrícula
12/01/2025 -
Descripción

Este curso pretende introducir aos estudantes na programación con Python, cubrindo conceptos básicos e intermedios. O seu enfoque é fundamentalmente aplicado: non se limita á aprendizaxe da sintaxe da linguaxe, senón que busca capacitar ao alumnado no uso das ferramentas esenciais para a análise de datos. Ao longo do curso traballarase con bibliotecas amplamente utilizadas no ámbito científico e profesional, como NumPy, pandas, matplotlib e seaborn.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
42 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Campus Remoto e MooVi
Horario
3, 4, 5, 10, 11, 12, 18, 19, 24, 25 e 26 de febreiro e 3, 4 e 5 de marzo de 16:00 a 19:00
Prezo
Prezo xeral
375,00 €
Alumni Uvigo
337,50 €
Comunidade Uvigo
318,75 €
Persoas desempregadas
318,75 €
Personas discapacitadas
318,75 €

O curso ten como finalidade brindar unha formación introdutoria e práctica en programación con Python, orientada a quen desexe iniciarse nesta linguaxe e aplicalo á análise de datos. Abordaranse desde os conceptos esenciais da programación ata o uso de bibliotecas especializadas como NumPy e pandas, co obxectivo de dotar ao estudante de ferramentas para procesar e explorar conxuntos de datos de forma eficiente. Ademais, traballarase a capacidade de deseñar solucións mediante código limpo e estruturado, así como a elaboración de visualizacións informativas con matplotlib e seaborn que faciliten a interpretación e comunicación dos resultados.

Non se require titulación universitaria nin coñecementos previos de programación. O curso está dirixido aos seguintes perfís:
• Graduados universitarios (titulados ou estudantes de último curso) que desexen adquirir competencias en programación con Python e ciencia de datos para mellorar a súa empregabilidade.
• Investigadores e docentes que deban analizar datos con Python no desenvolvemento das súas actividades académicas.
• Profesionais que necesiten extraer información de conxuntos de datos para aplicala na optimización de procesos, o deseño de solucións ou a toma de decisións.

• Sector tecnolóxico e desenvolvemento de software.
• Análise de datos en empresas e institucións.
• Investigación académica e científica.
• Educación e formación en competencias dixitais.
• Consultoría e soporte en transformación dixital.

Desenvolver scripts con Python que resolvan problemas de análise de datos.
Utilizar bibliotecas como NumPy e pandas para manipular, transformar e analizar conxuntos de datos.
Crear visualizacións informativas con matplotlib e seaborn para representar datos de forma clara e efectiva.

Pensamento analítico
Resolución de problemas
Comunicación efectiva
Aprendizaxe autónoma

Orde de preinscrición 100%

ID Nome Carácter Creditos
200566 Python para el análisis de datos Obligatoria 5.00

Avaliación continua con realización de diversas tarefas semanais. Os estudantes que non superen a avaliación continua poderán someterse a unha avaliación final cando remate o período de docencia.

• Cuestionarios (25%)
• Problemas de programación (45%)
• Proxecto final (30%)

Os participantes deberán asistir polo menos ao 75% das sesións síncronas para superar o curso

Microcredencial Universitaria Python para a análise de datos

Os participantes deberán asistir polo menos ao 75% das sesións síncronas para superar o curso

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.