Onte presentamos a microcredencial “LinkedIn Accelerator. Posicionamento e autoridade profesional“, e son moitos os medios que hoxe falan desta formación.
Manuel Reigosa, reitor da Uvigo, recibiu ao profesor e coordinador da microcredencial, Francisco Javier Rodriguez Martinez, e a Martin Arosa, empresario e especialista en estratexias avanzadas de posicionamento en LinkedIn, xunto con parte do seu equipo da empresa ZipGenial.
Ao acto tamén acudiron o vicereitor, Alfonso Lago, e o director do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo, Fernando Cerdeira, centro que acolle a formación e dende onde a xente pode preinscribirse.
A Microcredencial ten como finalidade capacitar o estudantado no deseño e implementación de estratexias avanzadas de posicionamento profesional e xeración denegocio na contorna de LinkedIn, con especial enfoque en servizos e propostas de valorhigh-ticket.
Ademais esta microcredencial está dentro do Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, e contan cunha subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
