LinkedIn Accelerator. Posicionamiento e Autoridade Profesional
A presente microcredencial ten como finalidade capacitar o estudantado no deseño e
implementación de estratexias avanzadas de posicionamento profesional e xeración de
negocio na contorna de LinkedIn, con especial enfoque en servizos e propostas de valor
high-ticket.
O programa aborda, de maneira estruturada e integrada, os fundamentos da autoridade dixital, o social selling e a diferenciación estratéxica, incluíndo a definición de nichos e subnichos especializados, así como a construción de propostas de valor orientadas a segmentos premium.
Deste xeito, o alumnado do curso poderá traballar técnicas de optimización do perfil
profesional e copywriting persuasivo orientado á conversión, xunto co deseño de estratexias de contido de autoridade apoiadas en principios de SEO adaptados a LinkedIn.
A microcredencial incorpora metodoloxías propias de atracción e vendas inbound (método
VNC), sistemas de prospección e captación mediante secuencias de contacto en LinkedIn e correo electrónico, así como a xestión integral do proceso comercial: reunións, tratamento de obxeccións, seguimento estratéxico e peche de vendas.
Finalmente, intégrase no curso o uso aplicado de ferramentas de intelixencia artificial para
a creación e automatización de contidos, xunto con estratexias de escalado baseadas en
networking, referral marketing e growth, co obxectivo de que o alumnado sexa quen de construír sistemas sostibles e replicables de xeración de oportunidades de alto valor a través de LinkedIn.
O obxectivo principal do proxecto é capacitar aos profesionais para que dominen as estratexias avanzadas de LinkedIn, construíndo autoridade no seu sector e xerando oportunidades de negocio de alto valor mediante técnicas de posicionamento, creación de contido optimizado, prospección high-ticket e uso estratéxico da intelixencia artificial.
Profesionais da Enxeñaria e de calquera outro ámbito no que se empregue linkedin como ferramenta.
Ao rematar a microcredencial, o alumnado será quen de deseñar, implementar e optimizar estratexias avanzadas de posicionamento profesional e xeración de negocio en LinkedIn, especialmente orientadas a servizos e propostas de valor high-ticket. En particular, o perfil de egreso caracterizarase por: A capacidade de definir nichos e subnichos especializados, así como de construír propostas de valor diferenciadas orientadas a segmentos premium. O dominio de técnicas de optimización de perfil profesional e copywriting persuasivo orientado á conversión. A competencia para deseñar e executar estratexias de contido de autoridade, aplicando principios de SEO adaptados á contorna de LinkedIn. A aplicación de metodoloxías estruturadas de atracción e vendas inbound (método VNC), integrando sistemas de prospección e captación mediante secuencias de contacto en LinkedIn e correo electrónico. A xestión integral do proceso comercial, incluíndo a preparación e condución de reunións, o tratamento de obxeccións, o seguimento estratéxico e o peche de vendas. O uso aplicado de ferramentas de intelixencia artificial para a creación, optimización e automatización de contidos e procesos de captación. A capacidade de escalar a visibilidade e a xeración de oportunidades mediante estratexias de networking, referral marketing e técnicas de growth. Estas competencias permitirán ao alumnado desenvolver sistemas sostibles e replicables de captación e conversión de oportunidades de alto valor no ámbito profesional dixital.
- CE1 Deseñar e implementar estratexias de posicionamento e autoridade profesional en LinkedIn.
- CE2 Optimizar perfís de LinkedIn para maximizar conversión e xeración de oportunidades comerciais
- CE3 Crear contido de autoridade adaptado ao algoritmo de LinkedIn e ao público obxectivo B2B
- CE4 Aplicar técnicas de prospección high-ticket e peche comercial en entornos dixitais profesionais
- CE5 Utilizar ferramentas de intelixencia artificial para automatizar e escalar a presenza en LinkedIn.
- CT1 Capacidade de comunicación efectiva en contornos profesionais dixitais.
- CT2 Pensamento estratéxico e planificación a longo prazo para o desenvolvemento profesional.
- CT3 Adaptación a novas tecnoloxías e ferramentas dixitais en constante evolución.
- CT4 Traballo autónomo e xestión eficaz do tempo e recursos.
- CT5 Capacidade analítica para interpretación de métricas, datos e resultados comerciais.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200752 | Posicionamiento y Autoridad (parte 1) | Obligatoria | 3.00 |
| 200753 | Posicionamiento y Autoridad (parte 2) | Obligatoria | 3.00 |
A avaliación realizarase mediante a superación de probas de avaliación ao finalizar cada un dos contidos do programa. Estas probas incluirán pequenos exercicio prácticos de aplicación dos coñecementos adquiridos en cada apartado que se integrara nun caso final.
Microcredencial LinkedIn Accelerator. Posicionamento e Autoridade Profesional
Horas docencia asíncrona: 33 horas Horas avaliación: 28 horas