Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Matemáticas e estatísticaCódigo: TCS:1057/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

01/06/2023 – 15/07/2023

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

7.0 ECTS

Estado

Finalizado

100 prazas

 

Descrición

O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.
O curso inclúe diversas técnicas estatísticas utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual, totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Moovi En trámite (concedido para todas as edicións anteriores) o recoñecemento como actividade de formación continua da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (Sistema Nacional de Saúde), para todos os profesionais sanitarios titulados.

 

Director/a:

Andres Antonio Vaamonde Liste

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/05/2023 – 28/05/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/05/2023 – 28/05/2023

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

170 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teleformación MOOVI da Universidade de Vigo

 

Horario

O curso ten lugar desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2023, de forma totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Moovi

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
140 € 126 € 119 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 119€ (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)
Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

O alumno debe adquirir a competencia para aplicar todos os métodos incluídos nos contidos aos seus propios datos, interpretando correctamente os resultados, e verificando todas as hipóteses ou supostos de cada método empregado.

 

Destinatarios

Médicos e outros profesionais do ámbito da saúd, técnicos e investigadores en el ámbito de las ciencias da saúde
Alumnos universitarios relacionados co ámbito da saúde.

 

Saídas Profesionais

O curso é útil para a investigación técnica e científica no ámbito da saúde, e para o tratamento de datos relacionados con este ámbito.

 

Competencias Específicas

CE1- Aplicar os distintos métodos aos seus propios datos
CE2 -Interpretar correctamente os resultados
CE3- Verificar as hipótesis ou supostos necesarios

 

Competencias Transversais

CE1 Aplicación dos métodos de data mining a datos de calquera ámbito
CT2 Interpretar correctamente os resultados da aplicación das distintas técnicas estudiadas

 

Condicións de acceso

REQUISITOS DE ACCESO:
1) Titulados/as universitarios
2) Alumnos/as universitarios
3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade que reúnan requisitos
legais para cursar estudos universitarios
4) De forma excepcional e, sempre que non superen o 50% do total de alumnos do
curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais que non reúnan requisitos

 

Criterios de selección

Orde cronolóxico de inscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200254 Análisis de supervivencia Obligatoria 0.8
200255 Regresión de COX: el modelo de riesgos proporcionales Obligatoria 0.8
200256 Estratificación. Tamaño de muestra Obligatoria 0.8
200257 Meta-análisis Obligatoria 0.8
200258 Regresión de Poisson Obligatoria 0.8
200259 Regresión logística multinomial Obligatoria 0.8
200260 Regresión logística ordinal Obligatoria 0.8
200261 Prácticas con “R” Obligatoria 2.0

 

Avaliación

Envío de 6 tareas e informes de prácticas: 84% de la calificación final
Examen mediante cuestionario de evaluación online (a través de Moovi): 16% de la calificación final.

 

Titulación

Diplomado de curso de formación universitaria en Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde