Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1059/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
02/09/2024 – 13/11/2024
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
8.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O curso avanzado de posgrao Didáctica da Ficción e Creación literaria está concibido como unha materia que forme parte do currículo do estudante universitario, esencial na súa formación, por canto supón preparalo na interpretación de textos e na mellora das destrezas da lingua escrita: ambas habilidades son imprescindibles para o desenvolvemento no mundo académico. Así, o curso pretende paliar deficiencias no dominio desas ferramentas básicas.A lectura en profundidade e a manipulación artística da linguaxe son procesos que preparan ao estudante en calquera titulación para mellorar o seu nivel académico e profesional.Ao mesmo tempo, o curso enfíase como reforzo da necesaria normalización lingüística, toda vez que a teoría e a praxis da materia se leva cabo a partir da lingua galega. Poñer en relación a lingua e a literatura galegas co máis destacado da literatura universal serve para prestixiar a nosa cultura e xustificar os trazos distintivos tanto da Universidade de Vigo como do Campus de Ourense, nunha cidade que ten a literatura como fío vertebrador da súa cultura desde o século XIX.
Teléfono contacto:
Xosé Ramón Gutiérrez Izquierdo
Email contacto:
ramong@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
12/02/2024 – 29/08/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/03/2024 – 30/08/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
90 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade Ciencias da Educación e Traballo Social de Ourense
Horario
Luns, martes e mércores de 19 a 21,30h. Xoves 5, 12 e 19 de setembro de 18 a 21:30h. Xoves 3 de outubro de 18 a 21:30h.
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
80 € | 72 € | 68 € |
Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 68,00 €. Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)
Obxectivos
- Adquirir coñecementos avanzados sobre a singularidade da literaturacomo forma específica de coñecemento.
- Saber identificar e saber empregar os elementos estruturais para elaborartextos narrativos.
- Saber recoñecer o subtexto na ficción e en calquera outro tipo de discurso.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos para crear textos literarios e facer extensivasesas destrezas para calquera outra produción escrita, non exclusivamente artística.
- Ser capaces de conxugar a dialéctica entre tradición e renovación no discursonarrativo.
- Ser capaces de seleccionar os elementos estruturais narrativos precisos segundoa intencionalidade estética e ética que se pretende.
- Adquirir as técnicas informáticas de presentación dun texto segundo as convenciónseditoriais.8. Saber aplicar e transmitir as destrezas adquiridas en contextos diversos, informativosou pedagóxicos.
Destinatarios
- Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Uvigo).
- Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
Saídas Profesionais
- Uso correcto da lingua escrita
- Capacidade para combinar os modos de discurso en calquera tipo de texto escrito
- Emprego das ferramentas informáticas na elaboración e presentación de textos
Competencias Específicas
- Saber captar os sentidos subxacentes nun texto literario
- Capacidade para combinar os elementos estruturais nun relato
- Recoñecer a versosimilitude realista ou fantástica dun texto literario
- Utilizar correctamente a modulación dos tempos verbais na narrativa
- Recoñecer e saber empregar diversos estilos no modo de discurso narrativo
- Saber utilizar os diálogos de maneira funcional
- Capacidade para empregar as descricións alén da súa función ornamental
- Idear textos creativos sen propósito doutrinal a priori
- Saber utilizar a informática para a composición e presentación dun texto ficcional
- Saber aplicar os procedementos ficcionais noutros tipo de discurso
Competencias Transversais
- Recoñecer os condicionantes históricos nun texto de ficción
- Recoñecer os motivos e a temática social nun relato ou nunha novela
- Aprender a utilizar a lingua e o vocabulario con precisión
- Utilizar as ferramentas informáticas para crear, corrixir e mellorar un texto
Condicións de acceso
- Membros da comunidade universitaria que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS.
- Graduados ou licenciados universitarios.
- Comprensión oral e escrita da lingua galega.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA: (Só en caso de non ter superados 120 ECTS en estudos en curso)
- Documento de identificación
- Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
Criterios de selección
- Estudantes e graduados do Campus de Ourense
- Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
- Estudantes e graduados doutras universidades.
As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo. A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso avanzado de posgrao.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200274 | La literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos y estilos literarios | Obligatoria | 3.0 |
200275 | Didáctica de la narración y creatividad | Obligatoria | 1.0 |
200276 | Práctica de la creación literaria | Obligatoria | 1.5 |
200277 | Lectura, corrección y comentarios de ejercicios narrativos | Obligatoria | 2.5 |
Profesorado
Xosé Ramón Gutiérrez Izquierdo
Maria Mercedes Gonzalez Vazquez
José Carlos Caneiro Pérez
Avaliación
- Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimento das clases.
- Creación de textos breves elaborados polos participantes.
- Presentación dun relato breve (2 folios por unha cara) o día 10 de novembro de 2024.
Titulación
Diploma de curso avanzado de posgrao en didáctica da ficción e creación literaria