
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1262/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
02/02/2026 – 29/05/2026
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
O título ofrece unha formación especializada orientada á capacitación de persoal capaces deacompañar e dinamizar os procesos de creación e desenvolvemento de Comunidades EnerxéticasRenovábeis (CER). A formación aborda o ciclo completo dunha CER dende a cocreación dacidadanía enerxética, definición do modelo de negocio (modelo xurídico, modelo de gobernanzaexterna e interna), execución e desenvolvemento da CER e, finalmente, monotorización,incorporando coñecementos técnicos, sociais e organizativos.O título destaca pola súa orientación multidisciplinar e comunitaria, promovendo a participaciónactiva da cidadanía e das entidades locais na transición enerxética sostible, con especial atención ao medio rural.
Director/a:
Xavier Simón
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
xsimon@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
13/01/2026 – 27/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
21/01/2026 – 29/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
6 horas
Docencia non presencial
12 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación Moodle
Horario
19 de febreiro, 3 e 24 de marzo, 8 e 28 de abril, 12 de maio de 12.00 a 13.00 horas.
6 horas de formación online presencial, 7 horas de titorías a axendar co profesorado. 12 horas de avaliación e ademais o alumnado deberá adicar unha serie de horas de traballo persoal para ler teoría e desenvolver casos prácticos.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 282 € | 253.8 € | 239.7 € |
Observacións aos prezos
Prezo subvencionado: 84,60 euros (*)
*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Destinatarios
O título está dirixido a persoas con interese en participar na transición enerxética comunitaria e rural. Non se require titulación universitaria previa, aínda que contar con formación ou experiencia básica en ámbitos como a educación ambiental, o desenvolvemento comunitario e a dinamización social, a economía social e o ámbito enerxético facilitaría a aprendizaxe e a aplicación práctica dos contidos.
O programa é accesible a estudantado, axentes de desenvolvemento local e da economía social, autoridades locais e persoal técnico municipal, así como á cidadanía interesada en promover a sustentabilidade e a participación cidadá nos procesos de transformación enerxética.
Saídas Profesionais
O alumnado adquirirá capacidades e competencias aplicables en diferentes ámbitos profesionais e sociais, tales como:
Acompañamento e facilitación de procesos de creación, desenvolvemento e consolidación de comunidades enerxéticas renovábeis.
Dinamización de proxectos de transición enerxética local, con enfoque sostible e participativo.
Asesoramento en modelos de gobernanza, participación e negocio aplicables a comunidades enerxéticas e iniciativas de economía social.
Colaboración con administracións públicas, cooperativas e entidades sociais na promoción da transición enerxética e o desenvolvemento rural sostible.
Educación, sensibilización e divulgación sobre transición enerxética limpa e xusta, dende aperspectiva da participación comunitaria.
Idioma
Galego 100%
Competencias Específicas
Defender necesidades individuais ou comunitarias
Traballo en comunidades
Crear vínculos coas autoridades locais
Tecnoloxías enerxéticas de microxeración
Realizar investigación participativa
Competencias Transversais
Promover os principios da democracia e o estado de dereito
Facer que outras persoas adopten condutas positivas para o medioambiente
Fomentar a autonomía dos estudantes
Adoptar un enfoque holístico
Colaborar en equipos e redes
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Certificado estudos previos
Curriculum Vitae
Vida laboral
Criterios de selección
Experiencia coa transición enerxética 30%
Experiencia con dinámicas participativas 30%
Experiencia en xestión de tecnoloxías enerxéticas de fontes renovábeis 30%
Formación relacionada cos obxectivos do título 10%
Metodoloxía
Módulo 1. Sensibilización hacia la ciudadanía energética. (0,25 ECTS)
Módulo 2. Comunidades enerxéticas: diagnose inicial. (0,3 ECTS)
Módulo 3. Acción colectiva con concellos e GDR: mobilización e traballo en rede. (0,4 ECTS)
Módulo 4. A cadea enerxética na transición enerxética. (0,3 ECTS)
Módulo 5. Modelos de negocio para comunidades enerxéticas rurais. (0,55 ECTS)
Módulo 6. Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais. (0,4 ECTS)
Módulo 7: Avaliación. (0,8 ECTS)
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200643 | Sensibilización hacia la ciudadanía energética | Obligatoria | 0.3 |
| 200644 | Comunidades energéticas: diagnosis inicial | Obligatoria | 0.3 |
| 200645 | Acción colectiva con ayuntamientos y GDR: movilización y trabajo en red | Obligatoria | 0.4 |
| 200646 | La cadena energética en la transición energética | Obligatoria | 0.3 |
| 200647 | Modelos de negocio para comunidades energéticas rurales | Obligatoria | 0.6 |
| 200648 | Implementación y funcionamiento de comunidades energéticas rurales | Obligatoria | 0.4 |
| 200649 | Evaluación | Obligatoria | 0.8 |
Profesorado
Avaliación
Para a obtención do diploma o estudantado deberá:
- Cumprir os requisitos mínimos de participación establecidos, tanto en actividades síncronas(sesións virtuais) como en tarefas asíncronas (traballo autónomo).
- Presentar e aprobar o test de avaliación final.
- Presentar e aprobar o estudo de caso final no prazo establecido.
O estudantado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ou de realización das actividades formativas non poderá presentarse ás probas de avaliación finais. A avaliación será continua, combinando valoración teórica e práctica.
- Participación en sesións síncronas. Asistir e participar nas sesións síncronas dos módulos teóricos. 35 %
- Proba tipo test. 20 preguntas con 4 opcións, das que unha é correcta. 15 %
- Estudo de caso final. Traballo aplicado sobre un caso real que integre dimensións sociais, económicas e enerxéticas dunha Comunidade Enerxética. 50 %
Para superar a microcredencial será necesario:
- Acadar unha cualificación mínima de 6,0 sobre 10.
- Participar mínimo en 4 das 6 sesións síncronas .
De acordo co artigo 5 do Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, os resultados expresaranse mediante cualificación numérica e cualitativa. As probas de avaliación poderán realizarse de forma remota (virtual) mediante a plataforma moodle. O estudo de caso final conta coa posibilidade de titorías de seguimento síncronas grupais.
Do 13 ó 29 de Maio, período de avaliación para a avaliación nº 1.
A presentación da avaliación nº 2 poderá realizarse ata o 26 de xuño:
1ª – Proba tipo test (2 oportunidades): consistirá en 20 preguntas con 4 respostas alternativas, só unha verdadeira.
2º – Elaboración de estudo de caso: Informe aplicado que aborde dimensións sociais, económicase enerxéticas (a dimensión administrativa poderá tratarse de forma hipotética).
Titulación
Título na microcredencial “Impulsar e xestionar comunidades enerxéticas renovables”
