Introducción aos sistemas intelxentes para enxeñaría

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1283/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

18/05/2026 – 03/06/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

6.0 ECTS

Estado

Preinscrición

40 prazas

 

Descrición

Este curso está dirixido a introducir ao alumnado, con perfil de enxeñaría industrial, no concepto xeral dos sistemas intelixentes, compoñentes esenciais na implantación de solucións de intelixencia artificial. Abordaranse a súa definición, tipoloxía, compoñentes, modelos e enfoques inferenciais, explorando, desde unha perspectiva práctica, as súas utilidades e aplicacións centradas no ámbito da xestión das decisión dentro do contexto dos procesos da enxeñaría industrial.

O curso permitirá ao estudantado adquirir unha visión sintética dos sistemas intelixentes, dende a súa conceptualización ata o seu desenvolvemento e implementación, incluíndo tanto o seu potencial de desenvolvemento como as súas principais limitacións. O obxectivo final formativo será capacitalo para identificar, seleccionar e avaliar o sistema intelixente máis axeitado e preciso en función da natureza e características da súa aplicación industrial, non só no que se refire á selección de solucións e modelos de razoamento artificial senón tamén considerando a avaliación global da súa idoneidade e rendemento.

Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.

 

Director/a:

Jorge Cerqueiro Pequeño

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

jcerquei@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
09/03/2026 – 04/05/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
01/04/2026 – 08/05/2026

Inscrición / Matrícula

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

50 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Inxeñería Industrial (Sede Campus) e plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

Luns a venres de 09:30 a 14:00 en modalidade presencial. 

Última sesión de 09:30 a 12:00

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
500 € 450 € 425 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 150 euros (*)

*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)

**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.

 

Obxectivos

Capacitar aos estudantes para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes sinxelos, empregando ferramentas informáticas de acceso libre (Google Colab©, Python©). Estas ferramentas utilizaranse na xestión das decisión en distintos ámbitos, tanto en aplicacións nas materias nos distintos graos ou mestrados, como en traballos profesionais en enxeñaría industrial.

 

Destinatarios

Estudantado de último curso de grao, mestrado ou doutoramento que desexen formarse no deseño, desenvolvemento e proba de concepto de diversos sistemas intelixentes aplicados en materias ou na elaboración do seu TFG, TFM ou Tese de Doutoramento, mellorando tamén a súa futura empregabilidade.

Profesionais do ámbito da enxeñaría industrial interesados na aplicación de ferramentas de intelixencia artificial de forma eficiente e orientada a resultados no seu contexto laboral.

 

Saídas Profesionais

Empresas de enxeñería interesadas en desenvolver sistemas intelixentes con criterios de eficiencia e fiabilidade para a mellora dos seus procesos, ou ben para prestar ese servicio ós seus clientes

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Coñecemento da estrutura e funcionamento dos sistemas intelixentes

CE2 Coñecemento da tipoloxía dos sistemas intelixentes

CE3 Coñecemento sobre as boas prácticas no deseño de sistemas intelixentes

CE4 Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes sinxelos

CE5 Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante casos reais

CE6 Aplicar os sistemas intelixentes no soporte ás decisión de enxeñería

 

Competencias Transversais

CT1 Pensamento analítico

CT2 Resolver problemas complexos

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título Universitario ou certificado estudos previos

 

Criterios de selección

Graduados en Enxeñería da rama industrial

Máster en Enxeñería Industrial

Titulados universitarios en Enxeñería con experiencia profesional en Intelixencia Artificial

Poderanse admitir estudantes das titulacións 1) e 2) con o TFG ou TFM pendente

 

Materias

id nome caracter créditos
200711 Inteligencia artificial y sistemas inteligentes Obligatoria 0.2
200712 Representación del conocimiento: Conceptos y ejemplos Obligatoria 0.4
200713 Incertidumbre y riesgo: evaluación y gestión Obligatoria 0.2
200714 Sistemas expertos Obligatoria 0.6
200715 Algoritmos de aprendizaje automático: Naturaleza y clasificación Obligatoria 1.2
200716 Redes neuronales: Tipologías y aplicaciones Obligatoria 1.2
200717 Algoritmos evolutivos Obligatoria 0.6
200718 Sistemas de soporte a la decisión: Estructura y desarrollo Obligatoria 1.0
200719 Modelos de lenguaje grandes (LLM): Introducción Obligatoria 0.6

 

Profesorado

 

Avaliación

Probas de resposta curta: 40%

Entregas de exercicios de prácticas: 40%

Traballo na clase: 20%

A asistencia mínima para superar o curso será do 70% das horas do curso.

 

Titulación

Título na microdencial “Introdución aos sistemas intelixentes para enxeñería”