
Microcredenciales
Ámbito: Actividade física e ciencias do deporteCódigo: TCS:1207/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
06/10/2025 – 14/10/2025
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A “Formación Avanzada en Adestramento de Fútbol 11” está deseñada para adestradores/as que buscan optimizar o rendemento dos/as xogadores/as nas categorías infantil, cadete e xuvenil. Cun enfoque integral, ofrece ferramentas para planificar, executar e avaliar adestramentos eficaces, incorporando metodoloxías innovadoras de corrección e aprendizaxe, así como o uso de tecnoloxía para a avaliación do rendemento. Ademais, promove o liderado e a xestión de equipos, adaptando todos os contidos ás necesidades específicas de cada categoría e asegurando unha aplicación práctica e contextualizada no día a día dos adestradores.
Esta formación está dentro do Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, naceu do interese mostrado pola Fundación Denis Suárez.
Director/a:
Carlos Lago Peñas
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
clagop@uvigo.es, cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/07/2025 – 30/09/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
22/09/2025 – 01/10/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
28 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campo de Fútbol do CUVI (12 horas de prácticas presenciais) e a platafoma de teledocencia moovi (16 horas de teoría en liña)
Horario
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 282 € | 253.8 € | 239.7 € |
Observacións aos prezos
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” subvencionado pola Xunta de Galicia e contará cunha financiación de aproximadamente o 70%. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Mellorar as competencias pedagóxicas e comunicativas dos adestradores, proporcionando ferramentas eficaces para corrixir aos xogadores durante os adestramentos e a competición, fomentando unha aprendizaxe significativa e motivadora.
- Optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe no contexto do fútbol base, coñecendo estratexias para acelerar a adquisición de habilidades técnico-tácticas e fomentar a toma de decisións eficiente nos xogadores.
- Aplicar principios de planificación ao deseño de sesións de adestramento que garantan unha mellora progresiva do rendemento dos xogadores, baseándose en métodos contrastados e adecuados ás idades e niveis de formación.
- Deseñar e aplicar exercicios efectivos para o desenvolvemento das capacidades futbolísticas dos xogadores, considerando a especificidade do xogo e os principios da metodoloxía do adestramento.
- Coñecer e aplicar os fundamentos para a preparación óptima antes dos partidos e adestramentos, desenvolvendo quentamentos específicos que melloren o rendemento e reduzan o risco de lesións.
- Analizar e avaliar o rendemento dos xogadores durante a competición, deseñando ferramentas e follas de avaliación que permitan unha análise obxectiva do xogo e a evolución dos deportistas.
- Implementar estratexias de recuperación post-esforzo, comprendendo a importancia do descanso e os coidados específicos para maximizar o rendemento nos seguintes partidos e sesións de adestramento.
Destinatarios
A microcredencial está dirixida a adestradores/as, monitores/as e profesionais do ámbito do fútbol 11 que traballen ou aspiren a traballar con xogadores/as das categorías infantil, cadete e xuvenil. Está especialmente orientada a aquelas persoas que desexan mellorar as súas competencias no deseño de sesións de adestramento, a xestión do rendemento dos/as xogadores/as e a planificación estratéxica en competición.
Tamén se recomenda para persoas graduadas ou estudantado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, técnicos/as deportivos e outros profesionais do ámbito do adestramento que busquen actualizar os seus coñecementos.
Saídas Profesionais
Unha vez realizada a formación o estudiantado estará capacitado para deseñar e executar sesións de adestramento eficaces en fútbol 11 para as categorías infantil, cadete e xuvenil. Será capaz de optimizar o rendemento dos/as xogadores/as, avaliar o seu desempeño en competición e aplicar estratexias de quentamento e recuperación. Ademais, utilizará tecnoloxías para a planificación e análise do rendemento, fomentando un ambiente de aprendizaxe positivo e colaborativo.
Idioma
100% castelán
Competencias Específicas
- Aplicar estratexias pedagóxicas e comunicativas eficaces para corrixir e guiar aos xogadores durante os adestramentos e a competición.
- Deseñar sesións de adestramento estruturadas.
- Planificar e executar quentamentos específicos.
- Elaborar e aplicar exercicios de adestramento efectivos.
- Avaliar o rendemento dos xogadores en competición.
- Xestionar a recuperación dos xogadores antes e despois dos partidos.
Competencias Transversais
- Capacidade de análise e toma de decisións.
- Habilidades de comunicación e liderado.
- Adaptabilidade e pensamento crítico.
- Uso eficiente das tecnoloxías.
- Traballo en equipo e colaboración.
Condicións de acceso
Ter entre 25 e 64 anos
Documentación requirida para o acceso:
Documento de identificación
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
- Módulo 1: Cómo corrixir aos xogadores no adestramento e na competición.
- Módulo 2: Cómo acelerar o aprendizaxe dos xogadores.
- Módulo 3: Cómo deseñar exercicios que funcionen.
- Módulo 4: Cómo deseñar unha sesión de adestramento que faga mellorar aos xogadores.
- Módulo 5: Cómo mellorar o rendemento dos xogadores no partido.
- Módulo 6: Cómo avaliar o rendemento no partido. Como construir unha folla de avaliación.
- Módulo 7: Cómo deseñar un quentamento de partido e adestramento que prepare ben aos xogadores.
- Módulo 8: Cómo axudar aos xogadores a recuperarse antes dos partidos.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200547 | Metodología de Entrenamiento y Dirección de Partido en Categoría Infantil, Cadete y Juvenil | Obligatoria | 3.0 |
Profesorado
- Carlos Lago Peñas
- Ezequiel Rey Eiras
- Alexis Padrón Cabo
- Rubén Maneiro Dios
Avaliación
Titulación
Microcredencial “Metodoloxía de Adestramento e Dirección de Partido en Categoría Infantil, Cadete e Xuvenil”
