Competencias transversais para actividades ao aire libre: creatividade, desenvolvemento persoal e conexión social

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias da educaciónCódigo: TCS:1254/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

22/12/2025 – 15/02/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

Finalizado

60 prazas

 

Descrición

Este curso enmárcase no proxecto Erasmus+ Outdoor, orientado a promover a integración de metodoloxías activas e o uso de espazos abertos nos procesos educativos. O seu propósito é ofrecer ás persoas participantes unha formación integral que combine o desenvolvemento de competencias transversais clave cunha experiencia práctica ao aire libre.

O curso adopta un formato híbrido (blended learning) que integra unha fase en liña, estruturada en módulos e centrada na aprendizaxe de competencias como o pensamento crítico, o traballo en equipo, a comunicación, a empatía, a mentalidade de crecemento, a innovación, a seguridade dixital e a sustentabilidade; e unha fase presencial, consistente nunha xornada intensiva de aprendizaxe experiencial ao aire libre. Durante a fase en liña, o estudantado adquirirá os coñecementos e as estratexias necesarias para aplicar ditas competencias en contextos reais. A fase presencial baséase na metodoloxía de Outdoor Learning, entendida como un enfoque educativo que emprega os contornos naturais para promover aprendizaxes significativos, colaborativos e sostibles. Esta metodoloxía permite que as persoas participantes experimenten, reflexionen e apliquen os coñecementos adquiridos en situacións reais, fomentando o desenvolvemento persoal, a creatividade e a conexión social. A xornada presencial, que se desenvolverá no Campus de Vigo, permitirá vivenciar e consolidar o aprendido mediante dinámicas colaborativas, resolución de retos e actividades de conexión social e de vinculación co contorno natural. Esta combinación metodolóxica favorece unha aprendizaxe significativa e vivencial, aliñada cos obxectivos europeos de aprendizaxe permanente e co enfoque competencial promovido polo Marco Europeo de Cualificacións (EQF) e o catálogo ESCO.

Este curso será puntuable para a convocatoria de 5 becas otorgadas pola UVigo, que permitirán participar nunha experiencia “outdoor” dunha semana, organizada baixo o marco do proxecto OUT-DOOR – Blended Outdoor Learning for fostering the employability of newly graduates. A estancia terá lugar a primeira semana de xullo de 2026, na Universidade dos Azores, onde 5 estudantes de cada universidade socia (Vigo, Kaunas, Lodz, Salento e Azores) formarán parte da Summer School internacional, aplicando os coñecementos adquiridos durante o curso nun contorno práctico e colaborativo.

 

Director/a:

Iñigo Cuiñas Gómez e María Iciar Goicoechea Castaño

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

igoicoechea@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/12/2025 – 17/12/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/12/2025 – 19/12/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

20 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus de Vigo e campus remoto 

 

Horario

Xornada de presentación 22/12/2025 as 10:00. Durará unha hora e poderá seguirse de forma presencial ou virtual a través do campus remoto da UVigo. 

Docencia online dende o 22/12/2025

Fin de curso e actividade outdoor o 12/02/2026 de 9:00 a 16:00. Escuela de Ingeniería de Telecomunicación, sala 010. Desenvolvemento da actividade en diferentes áreas do campus de Vigo. Puosta en común final e almorzo

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
27 € 24.3 € 22.95 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O curso ten como obxectivo principal desenvolver no alumnado competencias transversais avanzadas, esenciais para a vida académica, profesional e social, tales como o pensamento crítico, a comunicación, o traballo en equipo, a empatía, a innovación, a seguridade dixital e a sustentabilidade. En particular, preténdese que as persoas participantes:

1. Analicen, xestionen e apliquen de forma autónoma os coñecementos adquiridos en contornos complexos e dinámicos.

2. Potencien a toma de decisións fundamentadas e a resolución de problemas complexos cun enfoque de innovación responsable.

3. Integren de forma efectiva coñecementos teóricos e prácticos, vinculando a aprendizaxe en liña coa experiencia práctica en contornos naturais.

4. Fortalezan a adaptabilidade, a creatividade e a reflexión crítica, consolidando a aprendizaxe vivencial e cooperativa.

5. Prepárense para enfrontar retos académicos, profesionais e sociais actuais e futuros, aplicando as competencias adquiridas en contornos reais e colaborativos.

Para acadar estes obxectivos, o curso combina:

  • Docencia en liña, que proporciona contidos estruturados, actividades formativas e avaliación continua, orientadas ao desenvolvemento de competencias transversais.
  • Experiencia práctica en espazos abertos, baseada na metodoloxía de Outdoor Learning e no modelo de Aprendizaxe Experiencial de Kolb, que permite aplicar de forma real e colaborativa os coñecementos adquiridos, fomentando a reflexión, a interacción social e a conexión co contorno natural.

 

Destinatarios

O curso está dirixido a estudantes universitarios de calquera rama do coñecemento que desexen fortalecer competencias transversais fundamentais para o seu desenvolvemento académico, profesional e persoal.

A formación en liña impartirase en inglés, polo que se recomenda un nivel mínimo equivalente a B1 do MCER.

Ademáis, recoméndase un manexo básico de ferramentas dixitais e un interese por aprendizaxe colaborativa, innovación e sustentabilidade.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar o curso, o alumnado adquirirá un conxunto de capacidades, coñecementos e habilidades que lle permitirán desenvolverse con eficacia en contextos académicos, profesionais e sociais caracterizados pola diversidade, a innovación e o uso de tecnoloxías dixitais. Entre as principais competencias destacan:

  • Capacidades: Pensamento crítico, resolución de problemas complexos, toma de decisións fundamentadas, colaboración efectiva en equipos multidisciplinares e capacidade de iniciativa e proactividade.
  • Coñecementos: Comprensión de estratexias de aprendizaxe e metodoloxías innovadoras, nocións de seguridade dixital e ética na utilización de tecnoloxías, principios de sustentabilidade e boas prácticas en comunicación e traballo colaborativo.
  • Habilidades: Aplicación de coñecementos a situacións prácticas, capacidade de adaptarse a contextos diversos, xestión autónoma do propio aprendizaxe, uso eficiente de ferramentas dixitais, comunicación efectiva e desenvolvemento de accións responsables para a sustentabilidade.

A persoa egresada será capaz de trasladar estes coñecementos e habilidades a proxectos reais, tanto individuais como en equipo, demostrando competencias transversais e específicas que facilitan a súa integración en contornas profesionais innovadoras e sostibles.

 

Idioma

  • Castelán 30% 
  • Inglés 70%

 

Competencias Específicas

CE1 Aplicar pensamento crítico e aprendizaxe autónoma para analizar información e resolver problemas complexos. ESCO: critical thinking ; learning to learn

CE2 Colaborar e comunicarse eficazmente en equipos diversos, integrando diferentes perspectivas e fomentando a cohesion grupal.ESCO: team working, communication

CE3 Aplicar creatividade, innovación e mentalidade de crecemento, xerando solucións adaptativas e responsables. ESCO: creative thinking, adaptability

CE4 Aplicar competencias dixitais, xestionando información e participando en contornos dixitais de forma segura e colaborativa. ESCO: digital competence, data protection awareness, online collaboration

CE5 Integrar sustentabilidade, cidadanía activa e aprendizaxe experiencial, aplicando coñecementos en contornos reais e colaborativos. ESCO: environmental awareness, sustainability, learning through experience

 

Competencias Transversais

CT1 Comunicación efectiva: Expresar ideas de forma clara, adaptarse a distintos contextos e escoitar activamente a outras persoas. ESCO: communication

CT2 Empatía e habilidades interpersoais: Comprender emocións e necesidades alleas, fomentando relacións construtivas e colaborativas. ESCO: empathy, interpersonal skills

CT3 Adaptabilidade e resiliencia: Axustarse a novos retos, xestionar cambios e superar situacións complexas ou adversas. ESCO: adaptability, resilience

CT4 Iniciativa e proactividade: Anticiparse a necesidades, propoñer solucións e actuar de forma autónoma e responsable. ESCO: initiative, proactivity

CT5 Aprendizaxe continua e autoxestión: Planificar, xestionar e avaliar o propio aprendizaxe, reflexionar sobre a práctica e mellorar competencias de forma continua. ESCO: learning to learn, self-management

 

Condicións de acceso

Documentación requirida:

  • Documento identificativo.
  • Currículo vitae.
  • Certificación académica.
  • Carta de motivación.

 

Criterios de selección

  • Nivel de inglés mínimo B1 (MCER). Imprescindible para seguir a formación online que se imparte en inglés. Valórase positivamente un nivel superior ao B1. Min. B1 EXCLUYENTE 35%
  • Certificación académica 20%
  • Experiencia en traballo en equipo. Actividades complementarias 20%
  • Competencias dixitais básicas. Capacidade de usar ferramentas dixitais e plataformas online.10%
  • Motivación e interese polo curso. 15%

 

Materias

id nome caracter créditos
200618 Competencias transversales para actividades al aire libre: creatividad, desarrollo personal y conexión social Obligatoria 3.0

 

Profesorado

 

Avaliación

A avaliación do curso está deseñada para garantir que o alumnado adquira e poida aplicar de maneira efectiva tanto as competencias específicas como as transversais definidas no programa. Para a superación do título, valoraranse os seguintes elementos:

1. Cuestionario inicial (5%): Permite avaliar os coñecementos previos do alumnado e planificar a súa progresión durante o curso.

2. Actividade na plataforma online: cuestionarios de cada módulo (50%): Avalían a comprensión dos contidos teóricos e a capacidade de aplicación dos conceptos en entornos dixitais.

3. Cuestionario intermedio (5%): Permite medir a evolución do alumnado e reforzar a aprendizaxe dos módulos xa completados.

4. Experiencia presencial outdoor (35%): Avalía a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, o traballo en equipo, a comunicación, a empatía, a innovación e a sustentabilidade en situacións reais.

5. Cuestionario final e reflexión final (5%): Permite avaliar a integración das competencias adquiridas, así como a capacidade de autoanálise e aprendizaxe autónoma.

Para superar o curso, o alumnado deberá acadar un mínimo do 60% da puntuación total, asegurando que domina as competencias definidas e é capaz de aplicalas en contextos prácticos e reais. Esta metodoloxía combina a avaliación formativa e sumativa, fomentando tanto o progreso continuo como a aplicación práctica do aprendizaxe. As probas en liña serán cando o estudante acade o final de cada bloque. Na actividade final presencial avaliarase a asistencia e a participación no reto. Os cuestionarios serán en liña.

 

Titulación

Microdencial “Competencias transversais para actividades ao aire libre:
creatividade, desenvolvemento persoal e conexión social”