
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1274/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
23/03/2026 – 14/04/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao tecido institucional. A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.
Director/a:
Mónica Legaspi Díaz
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
monica.legaspi@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
25/02/2026 – 13/03/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/03/2026 – 19/03/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
18 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Horario
23,24,25 Marzo: 17:15-20:15h; 6,7,8 Abril: 17:15-20:15h 13 Abril: 17:15-20:15h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 180 € | 162 € | 153 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención:: 54 euros (*)
**Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Fortalecer as competencias dos profesionais do sector público para xestionar os recursos humanos con criterios de integridade pública, promovendo a ética, a transparencia, a prevención da corrupción e o bo goberno nas entidades públicas.
- Comprender o concepto de integridade pública e a súa relevancia na xestión dos recursos humanos dentro das entidades públicas.
- Identificar os principais riscos éticos e da integridade asociados aos procesos de xestión de persoas no sector público (selección, provisión de postos, avaliación do desempeño, carreira profesional, retribucións, etc.).
- Analizar o marco normativo e os instrumentos de integridade pública aplicables á xestión de recursos humanos nas administracións públicas.
- Aplicar principios éticos e de integridade na toma de decisións relacionadas coa xestión do persoal público.
- Deseñar e propoñer medidas preventivas e boas prácticas para reforzar a integridade nos sistemas de xestión de recursos humanos.
- Recoñecer o papel do liderado, da cultura organizativa e da responsabilidade individual na promoción da integridade pública.
- Empregar ferramentas prácticas (códigos éticos, mapas de riscos, canles de denuncia, plans de integridade) vinculadas á xestión de recursos humanos.
- Avaliar casos prácticos e situacións reais para detectar conflitos de intereses, prácticas irregulares e dilemas éticos no ámbito dos recursos humanos públicos.
Destinatarios
Empregados públicos, órganos electos e xestores privados que traballan coa Administración Pública
Saídas Profesionais
Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e xestión pública
Idioma
Galego e castelán
Competencias Específicas
S4.3.0 Asignar e controlar recursos públicos
S4.3.1 Xestionar orzamentos e finanzas públicas
S4.0.0 Competencias de xestión
S4.1.0 Desenvolver obxectivos e estratexias
S4.3.2 Xestionar e administrar recursos humanos
Competencias Transversais
T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais
T1.2 Traballar con números e medidas
T2.2 Planificar e organizar
T2.3 Lidiar con problemas
T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Certificado de estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Estudos superiores 20%
Estudos medios 15%
Experiencia superior a 10 anos 20%
Órgano electo 25%
Posto desempeñado na Administración Pública 20%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200686 | La gestión de los recursos humanos en las entidades públicas ante el reto de la integridad pública | Obligatoria | 2.0 |
Avaliación
Test de 20 preguntas, suman as respostas correctas 0,5 e restan as respostas incorrectas 0,20
13 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas.
14 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas.
Titulación
Título na Microcredencial “A xestión dos recursos humanos nas entidades públicas ante o reto da integridade pública”
