
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1292/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
18/05/2026 – 22/05/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Esta microcredencial ofrece unha formación especializada sobre as neurodiverxencias na aula e proporciona ferramentas prácticas para promover unha educación inclusiva en contextos educativos formais e non formais. O curso aborda a diversidade neurocognitivadesde un enfoque baseado en dereitos, inclusión e atención á diversidade.
Ao longo da formación, o alumnado adquirirá coñecementos para identificar barreiras á aprendizaxe e á participación, analizar as necesidades educativas do alumnado neurodiverxente e deseñar estratexias pedagóxicas inclusivas. Traballaranse metodoloxías activas, adaptacións curriculares, deseño universal para a aprendizaxe (DUA) e ferramentas de avaliación flexibles que favorezan a participación e o benestar de todo o alumnado.
A microcredencial ten un enfoque aplicado e orientado á práctica profesional, combinando fundamentos teóricos coa análise de casos reais, o deseño de propostas inclusivas e a reflexión sobre a práctica docente. A avaliación realizarase mediante portafolio e estudos de caso, favorecendo a transferencia das aprendizaxes a contextos educativos reais.Esta formación está dirixida a docentes, profesionais da educación, da orientación e do apoio educativo, así como a persoas interesadas en desenvolver competencias para construír contornos de aprendizaxe máis equitativos, accesibles e inclusivos.
Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.
Director/a:
Sara Domínguez Lloria
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
saradominguez.lloria@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
06/03/2026 – 08/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
13/04/2026 – 13/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
20 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
O curso e virtual síncrono e as clases desenvolveranse a través da plataforma de teleformación Moovi
Horario
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 50 € | 45 € | 42.5 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 15 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
- Especializarse na comprensión da diversidade neurocognitiva e na resposta educativa inclusiva en contextos formais e non formais, desde un enfoque baseado en dereitos, evidencia e benestar.
- Identificar e analizar perfís de neurodivergencia e as principais barreiras á aprendizaxe xa a participación vinculadas ao contexto (organizativas, metodolóxicas, comunicativas, sensoriais e emocionais).
- Deseñar intervencións e axustes razoables baseados no DUA (Deseño +Universal para a Aprendizaxe) e na evidencia, axustados ás necesidades do alumnado e ás condicións do centro.
Implementar metodoloxías activas e apoios (incluídas tecnoloxías de apoio) que favorezan a participación, a accesibilidade e o benestar, minimizando prácticas excluíntes. - Desenvolver procedementos de avaliación flexibles, formativos e xustos, con criterios explícitos e instrumentos adaptables, garantindo validez e equidade.
- Coordinar a resposta educativa con familias e equipos interprofesionais, aplicando criterios éticos, confidencialidade e boas prácticas de acompañamento.
Destinatarios
Dirixido prioritariamente a profesorado en exercicio (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas artísticas) e a profesorado en formación (grao e máster deformación do profesorado) interesado en adquirir competencias para unha resposta educativa inclusiva ante a neurodiversidade.
Saídas Profesionais
Ao rematar, o alumnado estará capacitado para:
- Deseñar, implementar e avaliar medidas inclusivas baseadas no DUA e en axustes razoables para alumnado neurodiverxente en contextos de aula.
- Planificar apoios e adaptacións en organización, metodoloxía, comunicación e accesibilidade sensorial, favorecendo participación e benestar.
- Aplicar avaliación inclusiva e flexible (criterios claros, instrumentos adaptables, feedback formativo) garantindo equidade e validez.
- Elaborar protocolos e materiais de aula (guías, rúbricas, secuencias didácticas, recursos accesibles) transferibles ao centro.
- Coordinar actuacións con titoría, orientación, equipos de apoio e familias, contribuíndo ámellora da convivencia e da resposta educativa.
Idioma
Castelán e galego
Competencias Específicas
CE1 Analizar as necesidades de aprendizaxe e as barreiras educativas en contextos diversos para adaptar as prácticas docentes que favorezan a inclusión do alumnado neurodiverxente
CE2 Deseñar estratexias pedagóxicas inclusivas que integren axustes razoables e enfoques didácticos baseados en evidencia para facilitar a participación e a aprendizaxe de estudantes con neurodiverxencias
CE3 Aplicar métodos e ferramentas de avaliación formativa e sumativa para valorar o progreso educativo e axustar as prácticas profesionais cun enfoque inclusivo
CE4 Comunicar conclusións, adaptacións e recomendacións educativas de forma efectiva a diferentes públicos (comunidade educativa, familias, equipos de apoio), empregando formatos escritos e orais axeitados
CE5 Integrar principios éticos, culturais e de dereitos humanos no deseño e na implementación de prácticas educativas inclusivas que respecten a diversidade neurocognitiva e promovan a igualdade de oportunidades
Competencias Transversais
CT1 Traballar de forma colaborativa con equipos docentes e de apoio, asumindo responsabilidades e coordinando actuacións inclusivas.
CT2 Tomar decisións profesionais fundamentadas na evidencia e na reflexión crítica sobre a práctica educativa
CT3 Empregar recursos dixitais e tecnoloxías de apoio de maneira segura e accesible para mellorar a participación e a aprendizaxe
CT4 Comunicar de forma clara, empática e efectiva con alumnado, familias e profesionais, adaptando mensaxes e formatos ás necesidades
CT5 Actuar con compromiso ético e perspectiva de dereitos, respectando a diversidade, garantindo confidencialidade e promovendo o benestar
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título universitario
Curriculum vitae
Criterios de selección
Relación do CV coas características do curso 75%
Público en xeral por orde de inscrición 25%
Metodoloxía
Tema 1. Neurodiversidade e enfoque de dereitos na aula (0,5 ECTS): conceptos clave, mirada non patologizante e benestar, marco normativo, ética e confidencialidade. E barreiras á aprendizaxe e á participación: dimensión comunicativa, sensorial, emocional e organizativa.
Tema 2. Perfís neurodiverxentes e avaliación contextual de necesidades (0,5 ECTS): TEA, TDAH, dislexia/DAE, altas capacidades, perfís sensoriais diversos, función executiva, autorregulación, interacción social e comunicación, identificación de fortalezas e necesidades; análise de tarefas e do contexto (aula/centro).
Tema 3. Prácticas inclusivas mediante expresión corporal e música (0,5 ECTS): DUA aplicado ás artes: accesibilidade, participación e compromiso, estratexias corporais e musicais para a autorregulación, a atención e a interacción (ritmo, movemento, estruturación temporal, xogos musicais, percusión corporal, sonorización), adaptacións sensoriais e axustes razoables (volume, previsibilidade, opcións de participación, apoios visuais/temporais) e deseño de secuencias didácticas inclusivas e recursos (rúbricas sinxelas, guías de tarefa, roles).
Tema 4. Prácticas inclusivas na didáctica da lingua e da literatura e avaliación flexible (0,5 ECTS): estratexias de acceso e expresión: lectura fácil, apoios multimodais, andamiaxe, elección de produtos (oral/escrito/multimodal). narrativa, poesía e literatura como mediación: comprensión, inferencia, expresión emocional e identidade, avaliación inclusiva: criterios claros, rúbricas, evidencias diversas e feedback formativo, produto aplicado: proposta integrada (lingua + artes) e estudo de caso/portafolio.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200754 | Neurodiversidad y enfoque de derechos en el aula | Obligatoria | 0.5 |
| 200755 | Perfiles neurodivergentes y evaluación contextual de necesidades | Obligatoria | 0.5 |
| 200756 | Prácticas inclusivas mediante expresión corporal y música | Obligatoria | 0.5 |
| 200757 | Prácticas inclusivas en la didáctica de la lengua y la literatura y evaluación flexible | Obligatoria | 0.5 |
Profesorado
Profesorado da UVigo:
- Margarita Rosa Pino Juste,
- Sara Domínguez Lloria
- María Eulalia Agrelo Costas
- Susana Blanco Novoa
- Myriam Alvariñas Villaverde
Profesorado externo:
- Julia Criado del Rey Morante
Avaliación
A microcredencial desenvolverase cun enfoque aplicado e reflexivo, combinando fundamentación breve con deseño e experimentación de prácticas inclusivas.
Empregaranse metodoloxías activas: aprendizaxe baseada en casos, obradoiros de deseño didáctico, microensino (simulación/posta en práctica de actividades), traballo cooperativo e análise de evidencias.
Ao remate pedirase a resolución dun estudo de caso final real/simulado, elaborando un plan de resposta educativa con medidas universais (DUA), medidas específicas (axustes) e proposta de avaliación flexible.
Entrega do traballo de avaliación proposto a 7 de maio de 2026
Titulación
Título na microcredencial ” Neurodiverxencias na aula. Ferramentas para unha educación inclusiva”
