
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1187/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
12/05/2025 – 13/06/2025
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A creación visual de composicións gráficas está ao orde do día. Sobre todo nestes tempos, onde a comunicación visual é esencial para achegar información en todo ámbito, dende a educación ou a información, ata a publicidade ou a presentación comercial. A infografía é outra forma de representación visual informativa na que se combinan diagramas visuais xunto con texto para resumir ou explicar figurativamente ideas e conceptos. Para esta transmisión de información empréganse diversos tipos de gráficos e signos non lingüísticos e lingüísticos (pictogramas, ideogramas e logogramas) formando descricións, secuencias expositivas ou narrativas e mesmo interpretativas. Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc.
O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Como o seu impacto visual é moi elevado, provoca viralidad na publicación e incrementa en forma exponencial o alcance da mesma. Para a elaboración destas tarefas, traballarase principalmente coa aplicación de deseño Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías coas amplas posibilidades que ofrece o mundo vectorial de Inkscape, e por suposto, coa propia imaxinación do creador.
Ademais de aprender a usar este programa de edición, tamén se tratarán certos aspectos concretos sobre deseño gráfico. Evidentemente non só se aprenderán a facer infografías, senón moitas outras composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais, etc, que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais. Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Director/a:
Óscar Fernández Carballo
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
cpfp@uvigo.es; osfeka@gmail.com
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente e CIXUG
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
25/04/2025 – 05/05/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
06/05/2025 – 08/05/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
on line
Horario
- 13/05, martes, de 17:15h a 18:15h
- 20/05, martes, de 16:00h a 17:00h
- 27/05, martes, de 17:15h a 18:15h
- 03/06, martes, de 16:00h a 17:00h
Obxectivos
O obxectivo deste curso é crear infografías e deseños vectoriais utilizando as prestacións que proporciona a ferramenta Inkscape.
Destinatarios
PDI da UVigo
Competencias Específicas
Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web…)
Condicións de acceso
Ser PDI da Uvigo
Prerrequisitos:
Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, …) e interacción básica con calquera sistema operativo.
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
Profesorado
Avaliación
Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc…Posibilidade dunha proba final.
