Derecho Procesal Laboral: os procesos especiais

Microcredenciales

Ámbito: Dereito e especialidades xurídicasCódigo: TCS:1265/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

03/03/2026 – 26/03/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

A formación en procesos especiais do Dereito Procesual Laboral ten unha clara xustificación social, xa que estes procedementos abordan conflitos especialmente sensibles como despedimentos, vulneración de dereitos fundamentais, sancións, conflitos colectivos ou tutela da liberdade sindical que afectan de maneira directa á estabilidade laboral e á protección dos dereitos das persoas traballadoras e empresas.

A complexidade e especificidade destes procesos esixen profesionais cualificados que actúen con rigor técnico para garantir unha resposta xudicial áxil e axustada a dereito. Dotar aos e as Graduados/as Sociais dunha preparación especializada contribúe a mellorar a calidade do asesoramento e a representación no ámbito laboral, reforzando así a seguridade xurídica, a resolución eficiente dos litixios e o adecuado funcionamento do sistema de relacións laborais.

 

Director/a:

Jaime Cabeza Pereiro

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

jcabeza@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
02/02/2026 – 23/02/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
20/02/2026 – 27/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

30 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Sede do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e Campus remoto da Universidade de Vigo

 

Horario

Martes e xoves de 16:00 a 20:00

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
220 € 198 € 187 €

Observacións aos prezos

Esta microcredencial ten custe 0€ se cumpres os seguintes requisitos: 

Se tes entre 25 e 64 anos, a Xunta de Galicia subvenciona nun 70% o custe desta microcredencial, enmarcada no “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Ademais o Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra  subvencionará o 30% do custe xeral do curso. 

Igualmente e se fose necesario, respétanse os descontos para todos os títulos propios, polo cal as persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula. 

 

Obxectivos

O obxectivo desta microcredencial é proporcionar ao alumnado unha visión clara e actualizada dos principais procesos especiais da xurisdición social, capacitándolles para identificar as súas particularidades e aplicalos correctamente na práctica profesional.

Preténdese que adquiran habilidades para preparar escritos e actuacións específicas, analizar casos reais e seleccionar a vía procesual adecuada.

Ademais, o curso fomenta unha aprendizaxe práctica e colaborativa mediante unha metodoloxía mixta con sesións presenciais e virtuais durante un mes.

 

Destinatarios

Vai dirixido fundamentalmente a Graduados e Graduadas Sociais, así como profesionais da ramaxurídico-social

 

Saídas Profesionais

A formación está orientada a persoas que xa están traballando no ámbito do Dereito Procesual Laboral e pretenden actualizar os seus coñecementos nesta área.

 

Idioma

Castelán 50%

Galego 50%

 

Competencias Específicas

Capacidade para identificar e aplicar correctamente as fases, prazos e actuacións dosdiferentes procesos especiais no procedemento laboral.

Habilidade para elaborar escritos procesuais propios da xurisdición social.

Competencia para analizar e valorar xuridicamente conflitos laborais dentro do marcoprocesual.

Destreza para intervir de forma fundamentada en actuacións e vistas laborais simuladasou reais.

Capacidade para integrar novidades normativas e xurisprudenciais na práctica profesional diaria.

 

Competencias Transversais

Comunicación oral e escrita eficaz en contextos profesionais.

Traballo en equipo e colaboración na resolución de casos.

Pensamento crítico e capacidade de tomar decisións fundamentadas.

Xestión do tempo e organización do traballo en contornas formativas mixtas.

Adaptabilidade e aprendizaxe autónomo ante cambios normativos e profesionais.

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

– Documento de identificación

– Título universitario

– Certificado de experiencia profesional ou equivalente

 

Criterios de selección

Graduados/as sociais en exercicio 80%

Outros profesionais do ámbito xurídico-social 20%

 

Materias

id nome caracter créditos
200653 Juicio de despido Obligatoria 0.4
200654 Impugnación de sanciones disciplinarias y procesos por vacaciones Obligatoria 0.4
200655 Procesos en materia electoral y procesos por clasificación profesional Obligatoria 0.4
200656 Procesos por movilidad geógrafica y modificación sustancial de las condiciones de trabajo y procesos en relación con los derechos de conciliación de la vida personal, familiar y laboral Obligatoria 0.4
200657 Prestaciones de la Seguridad Social y procedimientos de oficio y procedimientos de impugnación de actos administrativos en materia laboral y de Seguridad Social no prestacional Obligatoria 0.4
200658 Procesos de conflictos colectivos y impugnación de convenios colectivos Obligatoria 0.4
200659 Impugnaciones o modificaciones relativas a los estatutos de sindicatos y de las asociaciones empresariales Obligatoria 0.2
200660 Tutela de los derechos fundamentales y libertades públicas Obligatoria 0.4

 

Profesorado

    Raúl Eugenio Gómez Villaverde

    Feliciano Nogueira Vidal

    Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo

    Adriana López Barcon

    Sandra Cid Conde

    Diego José De Lara Alonso-Burón

    Jaime Cabeza Pereiro

    Francisco Javier Rego Martínez

    Antonio Megías Bas

    Germán María Serrano Espinosa

 

Avaliación

Asistencia e participación as clases teórico-prácticas e a resolución do estudo de casos prácticos referidos a xurisprudencia do ámbito social laboral.

 

Titulación

Titulo na microcredencial “Dereito Procesual Laboral:  os procesos especiais”