
Microcredenciales
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1319/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
01/10/2026 – 27/11/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Trátase do primeiro título en Interpretación Simultánea Profesional, emitido por unha universidade pública, que conta con lingua B (portugués).
A formación online (en modalidade síncrona) ofrece ao alumnado a posibilidade de cursar o título en todo o espazo europeo de educación superior e faino compatible coa docencia impartida no grao en Tradución e Interpretación da universidade de Vigo. Está deseñado para formar profesionais cualificados no eido da interpretación simultánea, unha habilidade esencial en contextos internacionais, conferencias, e reunións multilingües.
Este título ofrece unha formación integral que combina técnicas avanzadas de interpretación e o uso de ferramentas tecnolóxicas especializadas. A través dun enfoque práctico, o estudantado adquirirá competencias para mediar eficazmente en diversos contextos culturais e profesionais, potenciando a súa carreira no mundo da tradución e interpretación. A formación será impartida por docentes de recoñecido prestixio para que o alumnado acade as destrezas que o capaciten para a práctica profesional da interpretación simultánea. Aínda que non é obrigatorio presentar os xustificantes no nivel B2 das linguas estranxeiras, si é recomendable que o alumnado teña este nivel nestas linguas. Esta microcredencial forma parte do bloque optativo do programa de “Experto Universitario en Interpretación Simultánea Profesional”
Director/a:
Xoán Manuel Montero Domínguez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
xoanmontero@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/06/2026 – 06/09/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
07/09/2026 – 18/09/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
50 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus virtual da Universidade de Vigo / Plataforma Moovi
Horario
No primeiro módulo, o alumnado terá que cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea inglés-español/galego.
No segundo módulo, o alumnado terá que optar por unha segunda lingua B (francés ou portugués) e cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea francés-español/galego ou portugués-español/galego.
Horarios:
Módulo interpretación simultánea inglés-español/galego (Módulo común)
Xoves e venres: 1, 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23 de outubro de 17h a 20h e 29 de outubro de 17h a 18h;
Módulo interpretación simultánea francés-español/galego (optativa)
Xoves e venres: 30 outubro, 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 de novembro de 17h a 20h e 27 de noviembre de 17h a 18h.
Módulo interpretación simultánea portugués-español/galego (optativa)
Xoves e venres: 30 outubro, 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 de novembro de 17h a 20h e 27 de noviembre de 17h a 18h.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 470 € | 423 € | 399.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente o labor de intérprete de simultánea.
Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente os labores de revisión e control de calidade das interpretacións realizadas.
Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente os labores de interpretación especializada en congresos internacionais.
Adquirir os coñecementos e as competencias transversais necesarias para traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do ámbito da interpretación de conferencias.
Destinatarios
Titulacións universitarias:
Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.Estudantado universitario:Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.Profesionais:
Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
Saídas Profesionais
O alumnado será capaz de interpretar discursos de especialidade en congresos internacionais, ao igual que saberá documentarse en calquera ámbito de especialización.
As persoas egresadas do título destacarán por un perfil profesional polivalente e adaptado ás demandas dun mundo globalizado. Terán a capacidade de realizar interpretación simultánea con precisión, fluidez e naturalidade en contextos diversos, como conferencias, reunións institucionais, eventos culturais ou xurídicos, mantendo sempre a fidelidade á mensaxe e adaptándose ao rexistro, estilo e intención do emisor.
Contarán cun dominio avanzado de dúas linguas de traballo e cunha comprensión profunda das súas particularidades culturais, o que lles permitirá actuar como mediadores/as efectivos/as entre distintas comunidades lingüísticas, con especial sensibilidade intercultural. Ademais, estarán capacitados/as para utilizar ferramentas dixitais e tecnoloxías específicas da interpretación, como cabinas virtuais, software de apoio ou plataformas de interpretación remota. Destacarán polas súas habilidades cognitivas e persoais, como a alta capacidade de concentración, xestión do estrés, pensamento analítico e memoria selectiva, necesarias para procesar e transmitir mensaxes de forma eficiente en situacións de alta presión. O seu traballo estará guiado polos principios éticos da profesión, como a confidencialidade, a imparcialidade e o respecto ao interlocutor. Estarán preparados/as para desenvolver unha carreira profesional no eido global, en organismos internacionais, empresas multinacionais, eventos culturais, e para traballar en modalidades remotas ou híbridas.
Competencias Específicas
CE1 Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa nunha titulación de ámbito lingüístico
CE2 Capacidade para aplicar os coñecementos de xeito profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do ámbito de estudo
CE3 Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes para o ámbito de estudo, ao igual que capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos
CE4 Capacidade para tomar decisións
CE5 Capacidade para traballar en equipo
CE6 Capacidade para xestionar o tempo e o traballo
CE7 Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións
CE8 Capacidade para xestionar as emocións
CE9 Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito
Competencias Transversais
CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos
CT2 Capacidade para solucionar problemáticas culturais transversais
CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas
CT4 Capacidade de adaptación a cada situación
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identidade
Copia do título universitario
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
No primeiro módulo, o alumnado terá que cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea inglés-español/galego. No segundo módulo, o alumnado terá que optar por unha segunda lingua B (francés ou portugués) e cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea francés-español/galego ou portugués-español/galego.
Profesorado
- Xoán Manuel Montero Domínguez
- Óscar Ferreiro Vázquez
- Jacobo Currais Arcay
Avaliación
Proba de interpretación simultánea o último día de docencia
Titulación
Microcredencial en ” Interpretación simultánea profesional I (Interpretación directa)”
