Auga, termalismo e saúde

Microcredencial

Ámbito: Turismo / Ciencias agrarias e industrias alimentariasCódigo: TCS:1324/1
Área de interese principal: transversal

Inicio e fin

11/01/2027 – 23/03/2027

Modalidade

Mixta

Créditos ECTS

 6.0 ECTS

Estado

Preinscrición

30 prazas

 

Descrición

Esta formación nace para dar resposta á crecente demanda de profesionais capaces de crear, comunicar e xestionar experiencias vinculadas ao turismo do viño. Nun contexto no que os
visitantes buscan experiencias auténticas que integren viño, gastronomía, paisaxe, cultura e patrimonio, o sector precisa perfís especializados que combinen coñecementos en viticultura,
enoloxía e cultura do viño con competencias en atención ao cliente, marketing, hospitalidade e deseño de produtos turísticos. Galicia, grazas ao prestixio dos seus viños e á singularidade dos seus territorios vitivinícolas, presenta unha oportunidade extraordinaria para consolidarse como destino enoturístico de referencia.

Esta formación, desenvolvida conxuntamente pola Universidade de Vigo e Galicia Wine Academy, ofrece unha visión integral e práctica do enoturismo, combinando coñecementos
técnicos sobre o viño co estudo das mellores prácticas na creación e xestión de experiencias turísticas. O programa está dirixido a profesionais de adegas, restaurantes, hoteis, empresas de
actividades turísticas, organismos de promoción de destinos e emprendedores do sector, proporcionando as ferramentas necesarias para mellorar a competitividade das súas organizacións e contribuír ao desenvolvemento sostible dos territorios vitivinícolas.

 

Director/a:

Andrés Mazaira Castro

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

amazaira@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Proximamente
27/07/2026 – 30/09/2026

 


PERÍODO DE MATRÍCULA
Proximamente
19/10/2026 – 30/10/2026

 

Inscrición

 

 

Modalidade

Docencia presencial

10 horas

Docencia síncrona virtual

42 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Galicia Wine Academy (Ribeira do Berbés 29, Baixo. 36202 Vigo) e Campus Remoto da Uvigo

 

Colaboradores

Galicia Wine Academy 

 

Horario

Luns e martes de cada semana, en horario de 16:00 a 19:00
(A sesión do 09/03/2027 terá unha duración reducida para completar un total de 52 horas síncronas de docencia.)

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
564 € 90% tarifa xeral 85% tarifa xeral

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

A Microcredencial Universitaria en Enoturismo e Eventos Vitivinícolas: Deseño e Xestión de Experiencias do Viño, ten como obxectivo formar profesionais capaces de deseñar, xestionar e
comunicar experiencias enoturísticas de calidade, integrando coñecementos sobre o viño, a hospitalidade, o marketing e a atención ao visitante. De maneira específica, o programa pretende:

  • Comprender os fundamentos da viticultura, a enoloxía e a cultura do viño.
  • Coñecer os principais territorios vitivinícolas e o seu potencial turístico.
  • Aplicar técnicas profesionais de cata, servizo e comunicación do viño.
  • Deseñar eventos e experiencias enoturísticas adaptadas ás necesidades dos diferentes perfís de visitantes.
  • Utilizar ferramentas de marketing, comunicación e storytelling para promocionar produtos, eventos e destinos enoturísticos.
  • Contribuír á profesionalización do sector e á valorización dos territorios vitivinícolas.

 

Destinatarios/as

Profesionais de adegas, establecementos hostaleiros, restaurantes, xestión de eventos, hoteis, guías turísticos, empresas de turismo, axencias de viaxes, entidades de promoción turística e demais organizacións vinculadas ao sector vitivinícola e turístico.

Tamén está orientada a emprendedores, titulados universitarios, estudantes e persoas interesadas en desenvolver a súa actividade profesional no ámbito dos eventos vitivinícolas e o enoturismo.
Non se require formación universitaria previa nin coñecementos específicos sobre viño ou turismo para acceder ao programa, aínda que se recomenda interese polo sector e vinculación profesional ou persoal co turismo, a hostalaría, a gastronomía ou o viño.

 

Saídas Profesionais

Ao finalizar a microcredencial, o alumnado terá os coñecementos, habilidades e competencias necesarias para participar no deseño, xestión, promoción e comercialización de eventos vitivinícolas e experiencias enoturísticas. Será capaz de comunicar a cultura do viño a diferentes públicos, prestar un servizo profesional orientado ao visitante e contribuír á creación de produtos turísticos vinculados ao viño, a gastronomía e o territorio.
Esta formación facilitará o desenvolvemento profesional en adegas, empresas de enoturismo, hoteis, restaurantes, empresas de xestión de eventos, axencias de viaxes, entidades de promoción turística, empresas de actividades e lecer, así como en proxectos de emprendemento relacionados coa xestión de eventos e o turismo do viño.

 

Competencias Específicas

  • Deseñar experiencias para os clientes.
  • Xestionar actividades de agroturismo.
  • Desenrolar produtos turísticos.
  • Guiar a visitantes especiais.
  • Organizar catas de viños.

 

Competencias Transversais

  • Traballar en equipo.
  • Comunicarse coa clientela.
  • Orientarse á clientela.
  • Procurar a innovación nas prácticas actuais.
  • Planificar actividades.

 

Condicións de acceso

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

1) Documento de identificación

2) Curriculum vitae

 

Criterios de selección

  • Experiencia profesional en adegas, hostalaría, turismo, restauración ou actividades vinculadas ao sector do viño: 40%
  • Motivación e interese na aplicación dos coñecementos ao desenvolvemento profesional: 30%
  • Formación previa relacionada co turismo, a hostalaría, a gastronomía, o marketing ou o viño: 20%
  • Participación en proxectos, iniciativas ou actividades vinculadas ao enoturismo: 10%

 

Materias

id nome caracter créditos
Viticultura: a vide, o terroir, manexo do viñedo e vendima 0,35
Enoloxía: procesos produtivos na adega e estilos produtivos 0,35
Servizo do viño, conservación, deseño da carta de viño e construción de maridaxes 0,35
Atención ao cliente 0,35
Comunicación do viño 0,35
Deseño de experiencias enoturísticas 0,35
A técnica de cata. Galicia: DO’s e IXP’s 0,7
España: viños e rexións 0,35
Europa: viños e rexións 0,7
Novo Mundo: viños e rexións 0,7
Prácticas presenciais. Cata de viños. 0,45
Proxecto final: deseño de experiencia enoturística en Galicia 1
TOTAL 6

 

 

Profesorado

  • Daniel Arenas Lago
  • Andrés Mazaira Castro
  • Nuno André Pinto de Sousa
  • David Pascual Rodríguez
  • Olga Verde Viéitez
  • Pablo González Juncal
  • Jorge Vila Fernández

 

Avaliación

A avaliación da microcredencial realizarase mediante a elaboración e presentación dun proxecto final individual, consistente no deseño dunha experiencia enoturística desenvolvida nun territorio vitivinícola de Galicia. O obxectivo será demostrar a capacidade do alumnado para integrar os coñecementos adquiridos ao longo do programa en relación co viño, o territorio, a atención ao visitante, a comunicación e a comercialización turística.

Para superar o programa será necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 e acreditar a asistencia ao 80% das sesións do programa.

 

Titulación

Microcredencial en Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño

 

Máis información

https://galicia.wine/enoturismo