Excel avanzado e análise de datos: dos fundamentos á Integración con Power BI.

Microcredenciales

Ámbito: Código: TCS:1324/1
Área de interese principal:

Inicio e fin

11/01/2027 – 23/03/2027

Modalidade

Mixta

Créditos ECTS

 6.0 ECTS

Estado

 Preinscrición aberta

30 prazas

 

Descrición

Este curso busca dar resposta á crecente demanda de profesionais capaces de crear, comunicar e xestionar experiencias vinculadas ao turismo do viño. Nun contexto no que os visitantes buscan experiencias auténticas que integren viño, gastronomía, paisaxe, cultura e patrimonio, o sector precisa perfís especializados que combinen coñecementos en viticultura, enoloxía e cultura do viño con competencias en atención ao cliente, marketing, hospitalidade e deseño de produtos turísticos.
Esta formación, desenvolvida conxuntamente pola Universidade de Vigo e Galicia Wine Academy, ofrece unha visión integral e práctica do enoturismo, combinando coñecementos técnicos sobre o viño co estudo das mellores prácticas na creación e xestión de experiencias turísticas. O programa está dirixido a profesionais de adegas, restaurantes, hoteis, empresas de actividades turísticas, organismos de promoción de destinos e emprendedores do sector, proporcionando as ferramentas necesarias para mellorar a competitividade das súas organizacións e contribuír ao desenvolvemento sostible dos territorios vitivinícolas..

 

Director/a:

Andrés Mazaira Castro

Contacto:

amazaira@uvigo.gal

Administración:

986130304

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición ABERTA
21/07/2026 – 30/09/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula ABERTA
11/01/2027 – 23/03/2027

 

Inscrición 

 

Colaboradores

Galicia Wine Academy

 

Modalidade

Docencia presencial

10 horas

Docencia virtual síncrona

42 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Galicia Wine Academy (Ribeira do Berbés 29, Baixo. 36202 Vigo)

 

Horario

Luns e martes de cada semana, en horario de 16:00 a 19:00

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
654 € 90% da tarifa xeral 85% da tarifa xeral

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

Esta microcredencial, está inscrita no Programa “Becas Santander – Microcredenciales”, e poderás acceder a unha das bolsas de 300 euros dispoñibles para esta edición.
A convocatoria de bolsas será xestionada pola Universidade de Vigo.
Enlace directo inscrición: Santander Open Academy 

 

Obxectivos

A Microcredencial Universitaria en Enoturismo e Eventos Vitivinícolas: Deseño e Xestión de Experiencias do Viño, ten como obxectivo formar profesionais capaces de deseñar, xestionar e
comunicar experiencias enoturísticas de calidade, integrando coñecementos sobre o viño, a hospitalidade, o marketing e a atención ao visitante.
De maneira específica, o programa pretende:

• Comprender os fundamentos da viticultura, a enoloxía e a cultura do viño.
• Coñecer os principais territorios vitivinícolas e o seu potencial turístico.
• Aplicar técnicas profesionais de cata, servizo e comunicación do viño.
• Deseñar eventos e experiencias enoturísticas adaptadas ás necesidades dos diferentes perfís de visitantes.
• Utilizar ferramentas de marketing, comunicación e storytelling para promocionar produtos, eventos e destinos enoturísticos.
• Contribuír á profesionalización do sector e á valorización dos territorios vitivinícolas.

 

Destinatarios

Esta microcredencial está dirixida a profesionais de adegas, establecementos hostaleiros, restaurantes, xestión de eventos, hoteis, guías turísticos, empresas de turismo, axencias de viaxes,
entidades de promoción turística e demais organizacións vinculadas ao sector vitivinícola e turístico.
Tamén está orientada a emprendedores, titulados universitarios, estudantes e persoas interesadas en desenvolver a súa actividade profesional no ámbito dos eventos vitivinícolas e o enoturismo.
Non se require formación universitaria previa nin coñecementos específicos sobre viño ou turismo para acceder ao programa, aínda que se recomenda interese polo sector e vinculación profesional ou persoal co turismo, a hostalaría, a gastronomía ou o viño.

 

Saídas Profesionais

Ao finalizar a microcredencial, o alumnado terá os coñecementos, habilidades e competencias necesarias para participar no deseño, xestión, promoción e comercialización de eventos vitivinícolas e experiencias enoturísticas. Será capaz de comunicar a cultura do viño a diferentes públicos, prestar un servizo profesional orientado ao visitante e contribuír á creación de produtos turísticos vinculados ao viño, a gastronomía e o territorio.
Esta formación facilitará o desenvolvemento profesional en adegas, empresas de enoturismo, hoteis, restaurantes, empresas de xestión de eventos, axencias de viaxes, entidades de promoción turística, empresas de actividades e lecer, así como en proxectos de emprendemento relacionados coa xestión de eventos e o turismo do viño.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Deseñar experiencias para os clientes.

CE2 Xestionar actividades de agroturismo.

CE3 Desenrolar produtos turísticos.

CE4 Guiar a visitantes especiais.

CE5 Organizar catas de viños.

 

Competencias Transversais

CT1 Traballar en equipo.

CT2 Comunicarse coa clientela.

CT3 Orientarse á clientela.

CT4 Procurar a innovación nas prácticas actuais.

CT5 Planificar actividades.

 

Condicións de acceso

Documentación requirida

1) Documento de identificación

2) CV

 

Criterios de selección

Experiencia profesional en adegas, hostalaría, turismo, restauración ou actividades vinculadas ao sector do viño: 40%

Motivación e interese na aplicación dos coñecementos ao desenvolvemento profesional: 30%

Formación previa relacionada co turismo, a hostalaría, a gastronomía, o marketing ou o viño: 20%

Participación en proxectos, iniciativas ou actividades vinculadas ao enoturismo:  10%

*Lembra que para acceder a unha das bolsas de 300 euros deberás inscribirte no Programa “Becas Santander – Microcredenciales” a través da ferramenta do Santander na plataforma www.santanderopenacademy.com

 

Programa

  • Viticultura: a vide, o terroir, manexo do viñedo e vendima
  • Enoloxía: procesos produtivos na adega e estilos produtivos
  • Servizo do viño, conservación, deseño da carta de viño e construción de maridaxes
  • Atención ao cliente
  • Comunicación do viño
  • Deseño de experiencias enoturísticas
  • A técnica de cata. Galicia: DO’s e IXP’s
  • España: viños e rexións
  • Europa: viños e rexións
  • Novo Mundo: viños e rexións
  • Prácticas presenciais. Cata de viños.
  • Proxecto final: deseño de experiencia enoturística en Galicia

 

Profesorado

  • Daniel Arenas Lago
  • Andrés Mazaira Castro
  • Nuno André Pinto de Sousa
  • David Pascual Rodríguez
  • Olga Verde Viéitez
  • Pablo González Juncal
  • Jorge Vila Fernández

 

Avaliación

A avaliación da microcredencial realizarase mediante a elaboración e presentación dun proxecto final individual, consistente no deseño dunha experiencia enoturística desenvolvida nun territorio vitivinícola de Galicia. O obxectivo será demostrar a capacidade do alumnado para integrar os coñecementos adquiridos ao longo do programa en relación co viño, o territorio, a atención ao visitante, a comunicación e a comercialización turística.

 

Titulación

Microcredencial Enoturismo e Eventos Vitivinícolas: Deseño e Xestión de Experiencias do Viño.