As microcredenciais son pequenas formacións que nacen dunha demanda da sociedade e do mercado de traballo para axudar ás persoas para adquirir coñecementos, habilidades e competencias nunha contorna laboral cambiante, mediante itinerarios profesionais e de aprendizaxe personalizados.
A súa particularidade radica en ser formacións flexibles de pequeno volume de aprendizaxe, de caracter modular e que facilitan o acceso á educación superior das persoas ao longo da súa vida.
A oferta de novas microcredenciais de formación permanente irase ampliando a todos os sectores en canto a próxima convocatoria competitiva da Xunta de Galicia estea aberta.
Finalizadas